Interpol (grupo musical)
Interpol é unha banda estadounidense de indie rock procedente de Manhattan, Nova York.[1][2] Fundada no ano 1997, orixinalmente estaba composta por Paul Banks (voz, guitarra), Carlos Dengler (baixo, teclados), Greg Drudy (batería, percusión) e Daniel Kessler (voz, guitarra). Drudy deixou a banda no ano 2000 e foi substituído por Sam Fogarino. No 2010, pouco despois de gravar o seu cuarto álbum, Interpol, Dengler abandonou o grupo para dedicarse a proxectos persoais, con Banks facendose tamén cargo das tarefas de baixista en vez de contratar un novo.
Interpol en concerto | |
Orixe | Nova York, Estados Unidos |
Período | 1998 - presente |
Xénero(s) | indie rock, post-punk revival |
Selo(s) discográfico(s) | Matador, Capitol Records, Parlophone Records |
Membros | Paul Banks Sam Fogarino Daniel Kessler |
Antigos membros | Greg Drudy Carlos Dengler |
Na rede | |
http://www.interpolny.com | |
Tras ter tocado por vez primeira no Luna Lounge xunto con bandas como The Strokes, Longwave, The National, e Stellastarr, Interpol é un dos grupos asociados coa escena indie de Nova York é unha das varias bandas que emerxeron do post-punk revival dos 2000.[3] O son de Interpol é polo xeral unha mestura de baixo entrecortado e guitarra rítmica e harmonizada cunha mestura pesada de caixa, sendo comparado ao de bandas de post-punk como Joy Division, Television, e The Chameleons.[4] O grupo ten ten un compositor principal, colaborando todos os membros na escritura dos temas.[5]
O álbum de estrea de Interpol, Turn On the Bright Lights (2002), foi aclamado pola crítica, chegando ao número 10 da lista dos mellores álbums do ano segundo NME[6] e ao 1 na lista de Pitchfork Media dos 50 mellores discos do ano.[7] Os seguintes discos Antics (2004) e Our Love to Admire (2007) conseguiron un maior éxito de crítica e comercial. A banda publicou o seu cuarto álbum, Interpol, en setembro de 2010, e despois entrou en hiato mentres os seus membros se centraban noutros proxectos.[8] O seu quinto álbum de estudio, El Pintor, publicouse en setembro de 2014. A banda iniciu unha xira de aniversario de Turn On the Bright Lights en 2017, interpretando a totalidade do disco. O seu sexto álbum de estudio, Marauder, publicouse en agosto de 2018.
Historia
editarFormación e primeiras edicións
editarO embrión de Interpol naceu cando Daniel Kessler e un amigo chamado Greg Drudy resolveron xuntarse para tocar algunhas cancións, con Daniel na guitarra e Greg na batería. Máis tarde, Daniel coñeceu ao baixista e teclista Carlos "D" Dengler nunha clase de filosofía na universidade, e este entrou no grupo tamén. Para finalizar, Daniel convidou a Paul Banks, que coñecera nunha tempada en París, para se xuntar ao grupo. Unha única visita de Paul ao estudio onde Daniel, Greg e Carlos tocaban foi suficiente para que se interesase e integrase na banda. Nacía así Interpol, en 1998.
A banda pasou algún tempo traballando duro, tocando en estudios, ensaiando e desenvolvendo pouco a pouco o seu son. En 2000, despois de editar o EP Fukd I.D. #3, Greg Drudy deixou o grupo para centarse na banda Hot Cross e no seu selo Level Plane Records, sendo substituído por Sam Fogarino, ao que contratou Kessler.[9]
Matador Records
editarDespois de auto-editar unha serie de EPs entre os anos 1998 e 2001, a banda asinaría un contrato co selo Matador Records a principios do 2002.
No ano seguinte, a banda xa tiña conseguido un certo grao de recoñecemento, o que lles permitiu ser elixidos como banda de apertura de xente como Trail of Dead, The Delgados e Arab Strap. No ano de 2001 continuou a ascensión do grupo, cando participaron nas famosas John Peel Sessions e pasaron a ter unha certa difusión nas radios europeas.
En novembro de 2001, ao lado dos produtores Peter Katis e Gareth Jones, a banda entrou no estudio Tarquin (un antigo manicomio infantil), en Connecticut, para comezar a gravar aquilo que sería un dos máis antolóxicos disco de estrea dos últimos tempos.
Turn on the Bright Lights, o álbum de estrea de Interpol, saíu en agosto do ano seguinte e conquistou de maneira case unánime a crítica e o público ao redor do mundo. A pesar de das frecuentes comparacións con Joy Division e o post-punk británico en xeral, a banda traballa a súa atmosfera sombría e sonoridade densa de maneira orixinal e ben apoiada na competencia técnica dos seus membros. Interpol xa destacou o suficiente para ser apreciado e respectado pola súa música. O presente de Interpol é brillante e o seu futuro, altamente prometedor.
Despois de moitos directos chegou a hora da importante proba do segundo disco. Antics foi lanzado no 2004, novamente ben recibido por crítica e público, pero sen o entusiasmo do debut de dous anos atrás. Con Antics, Interpol garantíu a súa reputación dunha das máis competentes bandas actuais. A banda xirou despois da edición do álbum, con máis datas e en lugares máis grandes. A xira alongouse durante 18 meses, e a banda chegou a tocar de abreconcertos de U2 e The Cure.
Capitol Records
editarA finais de marzo do 2006 o batería Sam Fogarino confirmou que a banda estaba de volta no estudio traballando en material novo. Fogarino tamén insinuou que Interpol podería ter asinado co selo Interscope Records, confirmando que deixaría Matador, o seu selo nese momento. O 14 de agosto coñeceuse que Interpol asinara un contrato con Capitol Records.
O seu novo traballo, Our Love to Admire, editouse en xullo do 2007. A banda realizou unha extensa xira de promoción, comezando polo circuíto de festivais de verán dos Estados Unidos e Europa. En agosto foi cabeza de cartel un dos días do festival Lollapalooza celebrado en Chicago.
Regreso a Matador
editarO 6 de marzo do 2009 Interpol anunciou na súa páxina que estaban traballando en cancións para o seu cuarto álbum. O disco foi gravado nos Electric Lady Studios durante a primavera dese ano.[10] Nunha entrevista Fogarino referiuse ao disco como volver atrás ao son orixinal de Turn On the Bright Lights.[11] Posteriormente Banks afirmou que non soaría en nada como o seu álbum de estrea e que había "algunhas cousas clásicas" nel.[12] Non houbo máis novas sobre o novo álbum ata finais de abril, cando a banda envoiu un correo electrónico enlazando á descarga gratuíta de "Lights", a primeira canción editada oficialmente. Citando cambios na xestión do selo, a banda deixou Capitol Records antes do lanzamento do disco, fichando novamente por Matador Records.
O cuarto traballo da banda, Interpol, foi lanzado o 7 de setembro do 2010 e foi o último traballo do baixista Carlos Dengler co grupo.[13] O grupo anunciou a súa saída, pouco despois de rematar o álbum, na súa páxina o 9 de maio. Cando o resto dos membros saíron de xira para promocionar o disco, foi substituído por varios baixistas. A principios de xuño anunciouse que os músicos que acompañarían á banda serían David Pajo no baixo e Brandon Curtis nos teclados e nos coros.[14] O álbum foi publicado a través do selo Matador Records nos Estados Unidos, e a través de Cooperative Music en Europa, Australia e o Xapón.[15] En febreiro de 2011 Pajo anunciou que deixaba de xirar con Interpol para dedicarlle máis tempo á súa familia. Pajo foi substituído por Brad Truax.[16]
Durante a xira de presentación de Interpol, a banda achegouse por vez primeira a Galiza o día 1 de outubro, realizando un concerto na sala Capitol de Santiago de Compostela enmarcado no ciclo Xacobeo Importa.[17]
A banda foi anunciada como abreconcertos para a terceira e cuarta etapa da xira 360° Tour de U2,[18] e posteriormente Interpol anunciou 18 concertos nos Estados Unidos da terceira etapa desa xira, aínda que finalmente só chegou a realizar tres deles despois de que a hernia discal de Bono cancelase a terceira etapa da xira. O grupo xirou polo Reino Unido e Irlanda en novembro e decembro de 2010.
A banda foi abreconcertos de U2 no concerto reprogramado da xira no Soldier Field en Chicago, Illinois, o 5 de xuño de 2011, e no resto dos concertos da xira dese verán.
Hiato e El Pintor
editarTras a aparición da banda en Reading e Leeds en 2011, Fogarino foi entrevistado e dixo, "necesitamos un gran descanso. Interpol necesítao. Precisamos recuperarnos e facer un hiato".[19] Fogarino afirmou que o resto dos membros do grupo dedicaríanse a outros proxectos, un dos cales incluía un segundo álbum en solitario de Paul Banks.
O 14 de decembro de 2012 publicouse unha edición de luxo do primeiro álbum da banda, Turn on the Bright Lights, para celebrar o seu décimo aniversario. O lanzamento incluíu canción anteriormente difíciles de atopar, como "Get The Girls" e "Cubed".[20]
A banda anunciou o 5 de xuño de 2014 que o seu quinto álbum, titulado El Pintor, sería editado o 9 de setembro dese mesmo ano.[14] Foi o primeiro disco do grupo dende a marcha do baixista Carlos Dengler, encargándose Paul Banks do baixo por primeira vez. O membro de xira Brandon Curtis encargouse do teclado en nove das dez cancións do álbum.[21]
Para promocionar o álbum Interpol comezou unha xira mundial no mes de xuño de 2014. Mentres estaban na xira en novembro o seu autobús quedou atrapado debido ás fortes tormentas de neve en Buffalo, Nova York. O autobús non puido moverse debido á neve durante máis de 50 horas. A banda tivo que adiar tres concertos, dous no Canadá e un en Boston.[22] A xira de El Pintor rematou cunha actuación no festival Electric Picnic de 2015.
El Pintor foi seguido por un álbum de remesturas, El Pintor Remixes, que conta con músicos electrónicos como Panda Bear, Factory Floor e The Field.[23]
Marauder e A Fine Mess
editarNo mes de setembro de 2016 Paul Banks revelou nunha entrevista en Beats 1 que Interpol volvería a compoñer no outono.[24] En xaneiro de 2017 a banda anunciou que o seu sexto álbum de estudio sairía 2018 e que iniciaría nunha xira polo 15 aniversario do Turn On the Bright Lights, tocando a totalidade do álbum.[25] En febreiro Interpol lanzou o EP El Pintor Bonus Tracks, formado por cancións extra de El Pintor. Os temas incluídos foron "The Depths", "Malfeasance" e "What Is What".[26]
O 24 de maio de 2018 Pitchfork destacou que o nome do novo traballo sería Marauder na súa lista Guía de novos álbums: verán de 2018. En xuño de 2018 a banda realizou unha rolda de prensa na Cidade de México e anunciou a data de lanzamento de Marauder, o 24 de agosto de 2018. O mesmo día publicouse o primeiro sinxelo do álbum, "The Rover".[27] Un mes despois Interpol lanzou o segundo sinxelo do disco, "Number 10".[28] O 23 de agosto editouse o vídeo musical do sinxelo "If You Really Love Nothing".[29]
O 30 de xaneiro de 2019 Interpol publicou "Fine Mess", unha canción que quedou fóra de Marauder, como un sinxelo.[30] O 28 de marzo a banda anunciou un novo EP, A Fine Mess, formado por cancións das sesións de gravación de Marauder que non entraron no disco. O EP foi lanzado o 17 de maio e ese mesmo día publicouse tamén o sinxelo "The Weekend".[31]
The Other Side of Make-Believe
editarInterpol comezou a compoñer cancións para un sétimo álbum de estudio durante o verán de 2020. A pandemia de COVID-19 afectou á súa forma de compoñer música; a banda escribiu nunha publicación de Instagram que, nun principio, "tiñan que usar internet para facer circular ideas e colaborar de forma remota" antes de poder finalmente escribir música xuntos en persoa nunha casa das montañas Catskill.[32] A banda comezou a gravar o álbum en Londres en 2021 xunto cos produtores Flood e Alan Moulder, sendo este último o que anteriormente mesturara Interpol (2010) e El Pintor (2014). O primeiro sinxelo do disco foi "Toni", estreado o 7 de abril.[33] O álbum titulouse The Other Side of Make-Believe e foi publicado o 15 de xullo de 2022, xunto cun video musical para "Gran Hotel".[34]
Discografía
editarÁlbums de estudio
editarÁlbum | Ano | Selo |
---|---|---|
Turn on the Bright Lights | 2002 | Matador Records |
Antics | 2004 | Matador Records |
Our Love to Admire | 2007 | Capitol Records, Parlophone |
Interpol | 2010 | Matador Records |
El Pintor | 2014 | Matador Records, Soft Limit |
Marauder | 2018 | Matador Records |
The Other Side of Make-Believe | 2022 | Matador Records |
EPs
editarÁlbum | Ano | Selo |
---|---|---|
Fukd I.D. #3 | 2000 | Chemikal Underground |
Precipitate EP | 2001 | autoeditado |
Interpol EP | 2002 | Matador |
The Black EP | 2003 | EMI |
Interpol Remix | 2005 | Matador |
Live in Astoria EP | 2007 | Capitol |
Notas
editar- ↑ "Julian Plenti: Escape From Manhattan?" (en inglés). 2009-10-23. Consultado o 2022-06-27.
- ↑ "Interpol's apart". The Age (en inglés). 2008-02-22. Consultado o 2022-06-27.
- ↑ Heward, Emily (2017-01-23). "Interpol announce Manchester show on 2017 tour". Manchester Evening News (en inglés). Consultado o 2022-06-27.
- ↑ Everly, David. "Our Love to Admire". Q, xullo de 2007
- ↑ "An interview with INTERPOL". IMPOSE (en inglés). 2007-07-30. Consultado o 2022-06-27.
- ↑ "NME.COM - The world's fastest music news service, music videos, interviews, photos and free stuff to win.". web.archive.org. 2008-04-13. Archived from the original on 13 de abril de 2008. Consultado o 2022-06-27.
- ↑ "Top 50 Albums of 2002". Pitchfork. 2008-09-05. Archived from the original on 05 de setembro de 2008. Consultado o 2022-06-27.
- ↑ "Interpol: We Need A Big Break Before Next Album". www.gigwise.com. Consultado o 2022-06-27.
- ↑ Raftery, Brian. "Night Falls on Manhattan". Spin. Abril de 2005
- ↑ "New Interpol Album Coming Next Year". Pitchfork (en inglés). Consultado o 2019-12-29.
- ↑ "Sam Fogarino Talks New Interpol Album, Courtney Love". pastemagazine.com (en inglés). 2009-11-17. Arquivado dende o orixinal o 02 de febreiro de 2020. Consultado o 2019-12-29.
- ↑ BBC. "BBC - 6Music News - Interpol go orchestral". www.bbc.co.uk (en inglés). Consultado o 2019-12-29.
- ↑ "Interpol finds new bassist, titles new album". Consequence of Sound (en inglés). 2010-06-04. Consultado o 2019-12-29.
- ↑ 14,0 14,1 "INTERPOL". web.archive.org. 2010-06-05. Archived from the original on 05 de xuño de 2010. Consultado o 2019-12-29.
- ↑ "INTERPOL signe chez Cooperative Music". web.archive.org. 2010-06-18. Archived from the original on 08 de xullo de 2011. Consultado o 2019-12-29.
- ↑ "INTERPOL". web.archive.org. 2010-06-05. Archived from the original on 05 de xuño de 2010. Consultado o 2019-04-04.
- ↑ "Xacobeo importa leva a Santiago ao grupo estadounidense Interpol, que presentará o seu último disco o 1 de outubro na sala Capitol - Xunta de Galicia". www.xunta.gal. Consultado o 2019-04-04.
- ↑ "Interpol to Tour With U2". Pitchfork (en inglés). Consultado o 2019-12-29.
- ↑ "Interpol: We Need A Big Break Before Next Album". www.gigwise.com. Consultado o 2019-12-29.
- ↑ "Interpol's 'Turn On The Bright Lights' gets 10th anniversary reissue | NME". NME Music News, Reviews, Videos, Galleries, Tickets and Blogs | NME.COM (en inglés). 2012-09-28. Consultado o 2019-12-29.
- ↑ "Interpol announce new album, El Pintor, due out in September". Consequence of Sound (en inglés). 2014-06-05. Consultado o 2019-12-29.
- ↑ "Interpol have been stranded on Buffalo highway for 50 hours due to record-breaking snowstorm". Consequence of Sound (en inglés). 2014-11-19. Consultado o 2019-12-29.
- ↑ Subscribe. "Interpol announce remix LP, ‘El Pintor Remixes’". DIY (en inglés). Consultado o 2019-12-29.
- ↑ "Watch “Will Interpol be back?! - Paul Banks of Banks & Steelz” posted by Ebro Darden on Apple Music." (en inglés). Consultado o 2019-12-29.
- ↑ "Interpol Announce Turn On the Bright Lights Anniversary Tour". Pitchfork (en inglés). Consultado o 2019-12-29.
- ↑ "INTERPOL - El Pintor Bonus Tracks". Boomkat. Arquivado dende o orixinal o 19 de outubro de 2021. Consultado o 2019-12-29.
- ↑ "Interpol Announce New Album Marauder, Share New Song “The Rover”: Listen". Pitchfork (en inglés). Consultado o 2019-12-29.
- ↑ "Interpol share new, office-set single "Number 10": Stream". Consequence of Sound (en inglés). 2018-07-30. Consultado o 2019-12-29.
- ↑ "Kristen Stewart and Finn Wittrock star in Interpol's edgy new video for 'If You Really Love Nothing'". NME (en inglés). 2018-08-23. Consultado o 2019-12-29.
- ↑ Greene, Andy; Greene, Andy (2019-01-30). "Hear Interpol's Haunting New Song 'Fine Mess'". Rolling Stone (en inglés). Consultado o 2019-12-29.
- ↑ "Interpol tell us about their new 'A Fine Mess' EP: "This is about taking the party by the horns" | NME". NME (en inglés). 2019-03-28. Consultado o 2019-12-29.
- ↑ Clarke, Patrick (2021-06-17). "Interpol have "been working on new music since last summer"". NME (en inglés). Consultado o 2024-04-22.
- ↑ Goggins, Joe (2022-04-06). "Interpol tease first single from seventh album with clip from new video". Rolling Stone UK (en inglés). Consultado o 2024-04-22.
- ↑ Corcoran, Nina (2022-04-07). "Interpol Announce New Album The Other Side of Make-Believe, Share Video for New Song “Toni”". Pitchfork (en inglés). Consultado o 2024-04-22.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Interpol |