Buffalo, Nova York
Buffalo é a segunda cidade máis grande do estado de Nova York nos Estados Unidos de América, tras a cidade de Nova York. A cidade sitúase ao oeste do estado, na área coñecida como Western New York[1] e é a capital do condado de Erie, limitando co condado de Niágara. A súa poboación aproximada é de 261,310 habitantes segundo o censo de 2010. Pertence á área metropolitana Buffalo-Niágara que conta cunha poboación de 1.215.826 habitantes. Grazas á súa gran proximidade ao Canadá, en concreto á provincia de Ontario (a fronteira entre ambos os dous países atópase a escasos minutos do centro da cidade) Buffalo forma xunto coa área de Toronto e do sur de Ontario unha rexión binacional pola que non é estraño ver flutuar aos seus habitantes, e na que o ambiente nocturno e cultural de Buffalo cobra unha grande importancia.
Buffalo (en) | |||||
Epónimo | Buffalo Creek (en) | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Estado | Estados Unidos de América | ||||
Estado federado | Nova York | ||||
Condado | Condado de Erie (pt) | ||||
Capital de | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 278.349 (2020) (2.047,35 hab./km²) | ||||
Número de fogares | 110.896 (2020) | ||||
Xeografía | |||||
Situado na entidade territorial estatística | Região Metropolitana de Buffalo – Niagara Falls (pt) (Poboación:1.166.902) | ||||
Superficie | 135,955866 km² | ||||
Auga | 23,0689 % (1 de abril de 2010) | ||||
Bañado por | Lago Erie | ||||
Altitude | 183 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Creación | 1832 | ||||
Organización política | |||||
• Alcalde | Christopher Scanlon (en) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 14201–14280, 14201, 14204, 14208, 14211, 14213, 14215, 14218, 14216, 14221, 14224, 14227, 14231, 14235, 14238, 14240, 14242, 14243, 14244, 14246, 14248, 14250, 14255, 14257, 14260, 14262, 14264, 14265, 14268, 14270, 14272, 14275, 14276 e 14278 | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 716 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | Lille Cabo Corso (pt) Rzeszów Drohobych (pt) Qiryat Gat (pt) Changzhou (pt) Saint Ann (pt) Torremaggiore (pt) Siena Kanazawa (1962–) Dortmund (1977–) Tver (pt) (1989–) | ||||
Sitio web | buffalony.gov |
Buffalo atópase a uns 30 minutos das Cataratas do Niágara e a 1 hora e media de distancia da cidade de Toronto, á beira da rexión do sur de Ontario coñecida como Golden Horseshoe, que ten máis de 8,5 millóns de habitantes. Búfalo xace ao extremo leste do lago Erie, moi próximo ao río Niágara, que desemboca no lago Ontario. O lago Erie rodea gran parte da cidade, e debido a iso, a miúdo Búfalo presenta un ceo gris e unha atmosfera nubrada e húmida, producíndose este efecto, coñecido como Lake Effect ou efecto do lago, pola evaporación das súas augas.
Historia
editarEsta cidade orixinouse arredor do 1789 como unha pequena comunidade comercial. Medrou rapidamente logo da apertura da canle de Erie en 1825, coa cidade como límite occidental.
Os colonos europeos chegaron ao lugar a finais do século XVIII. O crecemento da zona foi lento ata que a cidade se converteu no extremo oeste da canle de Erie uns corenta anos despois. A comezos do século seguinte, Búfalo era unha das cidades máis importantes de Estados Unidos e converteuse no seu maior porto de interior. Foi un dos grandes centros de ferrocarril. Grazas ao canle de Erie creáronse enormes silos e plantas industriais (Foi tamén un gran centro de muiñeiros de grao). Estas plantas comezaron a desaparecer a mediados do século XX debido á construción da canle de San Lourenzo, que evitou que o tráfico acuático cruzase a cidade.
Hoxe en día, distanciándose do seu pasado industrial, Búfalo estase redefinindo como un centro cultural, educativo e médico. En 2005 a cidade foi nomeada a terceira cidade máis limpa de Estados Unidos pola revista estadounidense Reader's Digest e o xornal estadounidense USA Today proclamou Buffalo a cidade máis amigable dos Estados Unidos, gañando o seu concurso City With A Heart (cidade con corazón).
Economía
editarActualmente os sectores económicos máis destacados son educación e sanidade, e estes seguen medrando a pesar da economía nacional e mundial de revestimento.Este crecemento mantense, en parte, pola expansión do Campus Médico Bufffalo-Niagara e a Universidade de Buffalo[2]. O sector retallista da economía de Buffalo permaneceu forte ao longo da recesión económica debido aos ingresos adicionais dos habitantes do Canadá que desexaban tomarse a vantaxe dos baixos prezos e impostos que había do outro lado da fronteira. A taxa de desemprego en agosto do 2011 era do 7,3%. Segundo un estudo, esta cidade está cualificada como a décima mellor cidade para criar unha familia en América.
Transporte
editarAeroportos
editarA cidade é servida polo aerporto internacional Buffalo-Niágara localizado en Cheektowaga. Foi recentemente construído, serve a máis de 5 millóns de pasaxeiros ao ano e segue medrando. É un dos cinco aeroportos máis baratos que operan no país, segundo a oficina de estadísticas de transporte dos Estados Unidos.
Trasporte Urbano
editarNa cidade, un transporte moi utilizado é o autobús. Tamén hai unha liña de 10,3 Km de metro. A sección do centro da liña de metro vai por encima do solo e é gratuíta para os pasaxeiros. Ao norte da Theater Station o metro vai baixo terra ata a University Heights e neste tramos os pasaxeiros deben pagar unha tarifa.
Vías navegables
editarNo lago Erie hai parques que contan con lanchas, motos acuáticas e embarcacións de recreo[3].
Cidade
editarBarrios
editarA cidade de Buffalo está composta por 32 barrios ou zonas:
Allentown, Bailey-Lovejoy, Black Rock, Central Park, Cold Springs, Delaware District, Downtown, East Side, Elmwood Village, Fillmore-Leroy, First Ward, Fruit Belt, Hamlin Park, Hospital Hill, Humboldt Park, Kaisertown, Kensington, Kensington Heights, Lower West Side, Masten Park, North Buffalo, North Park, Parkside, Polonia, Riverside,Schiller Park, South Buffalo, University District,University Heights, Vernon Triangle, Upper West Side, Willert Park.
Veciñanzas
editarAdemais, a cidade de Buffalo ten 28 veciñanzas no seu arrabalde que pertencen a súa área metropolitana, en inglés denominados suburbs (suburbios):
Akron, Alden, Amherst, Angola, Aurora, Blasdell, Boston, Cheektowaga, Clarence, Depew, East Aurora, Eden, Elma, Grand Island, Hamburg, Kenmore, Lackawanna, Lancaster, Lewiston, Lockport, Marilla, North Tonawanda, Orchard Park, Sloan, Tonawanda, West Seneca, Wheatfield, Williamsville
Xeografía e clima
editarBuffalo ecóntrase no extremo oriental do lago Erie, enfronte de Front Erie, Ontario e no comezo do Río Niágara. De acordo cos datos ofrecidos polos Estados Unidos a cidade ten unha área total de 136 Km cadrados, dos cales 105 son terra e 31 son auga. Ten fama de ter invernos con moita neve pero non é a cidade con máis neve de Nova York. O seu clima é bastante húmido, de tipo continental, pero cun sabor mariño debido á forte modificación dos grandes lagos. Así e todo, os invernos son longos e veñen durando dende novembro ata marzo con abundantes precipitacións.Os veráns caracterízanse polo abundante sol e as temperaturas e a humidade moderadas. Durante xuño, xullo e agosto máis do 65% dos días raia o sol. A temperatura máis elevada rexistrada na cidade foi de 37,2 °C o 27 de agosto do 1948; a máis baixa foi de −28.9 °C o 9 de febreiro de 1934 e o 2 do mesmo mes do ano 1961.
Notas
editar- ↑ inclúe Buffalo, Rochester, Cataratas do Niágara e os suburbios circundantes
- ↑ http://www.buffalo.edu/
- ↑ Non poden navegar por todo el xa que tamén conta cunha zona de pesca
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Buffalo, Nova York |
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Páxina oficial de Buffalo Arquivado 26 de outubro de 2010 en Wayback Machine.
- Buffalo Central Terminal (en inglés)
- City of Buffalo Arquivado 24 de febreiro de 1996 en Wayback Machine. (en inglés)
- Buffalo Architecture and History (en inglés)