Xefe de Estado
O xefe de Estado[1] é a persoa que representa a un país no resto do mundo. Así mesmo, é el o que participa, por si mesmo ou mediante delegados, en reunións internacionais, nomea e recibe delegacións diplomáticas etc.
Tipos de sistemas
editar- Nun réxime presidencial como nos Estados Unidos, o xefe de Estado (o presidente) é tamén o xefe de goberno, sendo a cabeza do poder executivo do país.
- Nun réxime parlamentario, en cambio, o xefe de goberno (o primeiro ministro) depende do parlamento, e o xefe de Estado pode ser un presidente escollido popularmente ou un monarca hereditario. Neste último caso, normalmente é un rei, pero tamén pode ser un príncipe, como no caso de Mónaco.
- Nun réxime semiparlamentario, o xefe de goberno (o primeiro ministro) depende do parlamento, e o xefe de Estado (o presidente) é escollido popularmente, como en Francia.
Funcións
editarAs funcións do xefe de Estado varían acordes á forma de goberno que establece a constitución de cada país. É dicir, ten máis ou menos competencias segundo ordenamento de cada Estado.
- Nos casos que o cargo sexa electivo, polo xeral, a súa lexitimidade vai parella ao do xefe de goberno e a constitución adoita entregarlles certas atribucións ou poderes.
- Nos casos nos que o cargo non é electivo, este adoita ser simbólico (Reino de España ou Reino Unido). As súas funcións son nada máis que representativas e non ten poder virtual.
Doutra parte, dado que é a Constitución a que asigna os poderes do cargo, existen outros países nos que o soberano posúe unha serie de poderes (Marrocos ou certos países asiáticos).
Notas
editar- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para estado.