Rei

título dado a un monarca varón

Rei[1] é un título que se dá a un monarca masculino en diversos contextos. Un rei é un monarca absoluto se ostenta os poderes de goberno sen control, ou toda a soberanía sobre unha nación; é un monarca limitado se o seu poder está restrinxido por leis fixas; e é absoluto, cando ostenta todo o poder lexislativo, xudicial e executivo, ou cando os poderes lexislativo ou xudicial, ou ámbolos dous, son conferidos a outras persoas polo rei. Os reis son soberanos hereditarios cando ostentan os poderes de goberno por dereito de nacemento ou herdanza, e electivos cando son elevados ao trono por elección. O seu equivalente feminino é a raíña.

Coroa real.

Contexto

editar

O termo rei tamén pode referirse a un rei consorte, título que ás veces se dá ao marido dunha raíña reinante, mais o título de príncipe consorte é máis común.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para rei.
  2. A noción de que un rei está por debaixo dun emperador na orde feudal, ao igual ca un duque é un rango por debaixo dun rei, é máis teórica ca histórica. O único título de reino que se ostentaba dentro do Sacro Imperio Romano Xermánico era o Reino de Bohemia, sendo os reinos de Alemaña, Italia e Borgoña/Arlés reinos nominais. Os títulos de rei dos xermanos e rei dos romanos eran títulos non terreais ostentados polo emperador electo (ás veces en vida do emperador anterior, ás veces non), aínda que houbo antirreis en varios momentos; Arlés e Italia eran ostentados directamente polo emperador ou non o eran en absoluto. Os imperios austríaco e Austrohúngaro incluían tecnicamente varios reinos (Hungría, Bohemia, Dalmacia, Iliria, Lombardía-Venecia e Galicia e Lodomeria, así como os reinos de Croacia e Eslavonia, que á súa vez eran títulos subordinados ao Reino Húngaro e que se fusionaron como Croacia-Eslavonia en 1868), mais o emperador e os reis respectivos eran a mesma persoa. O Imperio Ruso non incluía ningún reino. O efémero Primeiro Imperio Francés (1804-1814/1815) incluía varios reinos clientes de Napoleón I, como o Reino de Italia, o Reino de Westfalia, o Reino de Etruria, o Reino de Wurtemberg, o Reino de Baviera, o Reino de Saxonia e o Reino de Holanda. O Imperio Alemán (1871-1918) comprendía os reinos de Prusia, Baviera, Wurtemberg e Saxonia, e o rei prusiano ostentaba tamén o título imperial.
  3. Titles : how the king became his majesty
  4. Aztec Emperors (Huey Tlatoani)

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

 
 Este artigo sobre política é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.