Califa
Califa (do árabe خليف halif, "sucesor") foi ou título que os líderes do islam usaron por varios séculos despois da morte de Mahoma.
Califa | |
---|---|
Istancia de | cargo, título hereditario e título de autoridade ![]() |
Subclase de | xefe de estado, monarca e líder relixioso ![]() |
Organización dirixida | califato ![]() |
Pertencente á xurisdición | valor descoñecido ![]() |
Data de creación | 632 ![]() |
Lista do elemento | lista de califas (pt) ![]() ![]() |
Fontes e ligazóns | |
Redes | ![]() |
[ Wikidata ] [ C:Commons ] |
Cando Mahoma morreu no ano 632 non deixou ningunha regra para o futuro goberno da comunidade musulmá. Foi entón elixido o seu sogro Abu Bakr al-Siddiq co título de halífatu Rasuli.llah (خليفة رسول الله, sucesor do Mensaxeiro de Deus). Despois, todos os sucesivos gobernantes, empezando por Umar ibn al-Khattab, foron chamados califas.
Os califas eran á vez xefes políticos e relixiosos. Como relixiosos non tiñan poder para prescribir ningún dogma pois se consideraba que a revelación divina fora completada e posta de manifesto a través de Mahoma. Non había nada que engadir. O territorio que estaba baixo a xurisdición dun califa chamouse desde entón califato.
Segundo o pensamento dos sunnitas, os catro primeiros califas do mundo islámico constituíron unha idade de ouro e foron chamados os "ben guiados" ou "catro califas xustos". Ademais impuxeron unhas esixencias para acceder ao califato:
- O califa debía ser un árabe e pertencer á tribo Quraxita (á que pertencía Mahoma).
- Un consello de anciáns que representase á comunidade islámica elixiría ao sucesor.
- O califa tiña como misión a difusión do islam.
Segundo o pensamento dos xiítas, o propio Mahoma designara un sucesor antes de morrer. Este sucesor era o seu xenro Ali ibn Abi Talib, casado coa súa filla Fátima. Alí e os seus sucesores serían pois para os xiítas os lexítimos califas.
Califatos do islam
editarXurdiron ou creáronse os seguintes califatos, ata o seu abolición en 1924.
- Catro Califas Ortodoxos - Electos pola comunidade. Único califato recoñecido por sunnitas e xiítas.
- Califato Omeia (661-756) Primeiro califato hereditario de orientación sunnita. A súa capital foi Damasco.
- Califato Abbásida (756-1258). De orientación sunnita a súa capital foi Kufa (756-762) e logo Bagdad (762-1258).
- Califato fatimí (909-1171). De orientación xiíta. As súas capitais foron Cairuán (909-973) e O Cairo (973-1171).
- Califato Omeia de Córdoba (929-1031). De orientación sunnita.
- Califato Almohade (1145-1269). Capital Marrakech.
- Califato Abbásida en Exipto (1171-1571). De orientación sunnita.
- Califato Otomán (1571-1924). De orientación sunnita. A súa capital foi Edirne e Istambul (1453-1924). Turquía aboliu o califato na reforma constitucional de 1926.