Marrakech

cidade de Marrocos

Marrakech[1] ou Marraquex[2][3] (Murakush en tamazight; مراكش , Marrākuš ou Marrākiš, en lingua árabe), é unha cidade de Marrocos coñecida co alcume da Cidade Vermella e que foi capital de diversas dinastías islámicas, o que lle valeu o recoñecemento de Cidade Imperial de Marrocos, distinción que tamén posúen Meknes, Fez e Rabat. Segundo datos do ano 2004 ten 1 070 838 habitantes distribuídos nunha área de 6'2 quilómetros cadrados.

Modelo:Xeografía políticaMarrakech
Mrrakc (shi) Editar o valor en Wikidata
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 31°37′46″N 7°58′52″O / 31.62947, -7.98108
Monarquía constitucionalMarrocos
RexiónMarraquexe-Safim (pt) Traducir
PrefecturaMarraquexe (prefeitura) (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Capital de
Dinastía almorábide (–1147)
Imperio almohade (–1215)
Marraquexe-Safim (pt) Traducir (2015–) Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación966.987 (2020) Editar o valor en Wikidata (4.204,29 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie230 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude468 m Editar o valor en Wikidata
Datos históricos
FundadorAbu Bakr ibn Omar (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Creación1065 Editar o valor en Wikidata
Evento clave
27 de abril de 1672Siege of Marrakesh (en) Traducir
maio de 1673Siege of Marrakesh (en) Traducir
1675Siege of Marrakesh (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Organización política
• Xefe do gobernoFatima Ezzahra El Mansouri (en) Traducir (2021–valor descoñecido) Editar o valor en Wikidata
Membro de
Identificador descritivo
Código postal40000 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
ISO 3166-2MA-MAR Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con

Páxina webville-marrakech.ma Editar o valor en Wikidata
BNE: XX453786

A cidade vella, coñecida como Medina de Marrakech, foi declarada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO no 1985.

Historia

editar

Foi fundada no 1062 polo xefe almorábide Abu Becre, converténdoa na capital do seu Estado, e a quen sucedeu nos labores de construción Youssef Ibn Tachfin. No ano 1147 os almohades conquistaron a cidade tras un longo asedio, destruíndoa para a reconstruír despois. Foi precisamente baixo o liderado do terceiro sultán almohade, Yaqub Al-Mansur, cando a cidade coñeceu o seu período de esplendor, iniciándose a construción da mesquita de Kutubia.

Mais no 1276, unha tribo do deserto, os merínidas, derrocaron ao derradeiro sultán almohade, privando a Marrakech do rango de capital durante tres séculos, concretamente ata o 1549, ano no que os sauditas derrotaron aos merínidas e converteron á cidade na súa nova capital. Sucedeu logo outro período de enriquecemento da urbe, coa construción de palacios coma o de Badi.

No século XVII desatouse unha guerra civil, que deu coma resultado a caída da dinastía saudita e a súa substitución pola actual dinastía alauíta, co conseguinte traslado da sede da capital. Porén, os alauítas non se esqueceron dela, e un monarca da dinastía, o sultán Moulay Ismail, creou o festival dos sete santos, trasladando as tumbas de sete persoeiros de renome a Marrakech, co obxectivo de atraer peregrinos cara a ela.

Diversos conflitos internos foron debilitando o poder dos sultáns, ata que no 1912 a cidade foi incorporada ao estado francés como parte integrante do Protectorado marroquí. Porén, axiña estouparon revoltas contra o dominio colonial dos franceses, sendo Marrakech un punto especialmente virulento, polo que estes víronse na obriga de pactar co líder dun dos grupos rebeldes, Thami El Glaoui, señor do Atlas, nomeándoo Pachá de Marrakech.

Non obstante, as arelas de independencia non deixaron de medrar, constituíndose politicamente no nacionalista Partido da Independencia, reprimido por Francia coa axuda de Thami El Glaoui. Mais o falecemento deste e a guerra que Francia sostiña en Alxeria permitiron a Marrocos acadar a súa independencia no 1956, co que Marrakech pasou a ser unha cidade do Estado independente de Marrocos, conservando a capitalidade Rabat.

Lugares de interese

editar
Medina de Marrakech
 
Praza Jemaa el-Fnaa
Patrimonio da Humanidade - UNESCO
País  Marrocos
Localización31°37′46″N 7°58′52″O / 31.62944, -7.98111
TipoCultural
CriteriosI, II, IV, V
Inscrición1985 (9ª Sesión)
Rexión da UNESCOEstados árabes
Identificador331
 
Praza de Jamaa El Fna.
  • Medina de Marrakech. Declarada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO, a cidade vella é un labirinto de rúas, palacios, mesquitas e mercados. Nela salientan a praza de Jamaa El Fna, no centro, a mesquita de Ben Youseff e o Museo de Marrakech, no norte, e o Palacio Real, erguido sobre as ruínas de palacios almohades precedentes, e o palacio Badi, no sur.
  • Mesquita de Kutubia. Situada no interior da Medina, foi construída no século XII. É famosa polo seu minarete de base cadrada que cos seus 77 metros de altura é a construción máis alta da cidade.
  • Palacio de Badi. Erguido no século XVI polo sultán Ahmed El Mansour, coas paredes e teitos recubertos de ouro e mármore, só durou cen anos en pé, cando Moulay Ismail o saqueou e levou as súas riquezas a Meknés. Hoxe en día pódese camiñar polas súas ruínas, configuradas por un patio principal que constitúe un inmenso espazo baleiro delimitado por bastións perforados. Conserva o que fora o gran estanque central e diversos mosaicos e estatuas espalladas
  • Tumbas Saadíes. As tumbas sagradas dos sultáns están xunto ao muro meridional da mesquita de Kasbah, na Medina ao carón do Palacio Real. A súa existencia foi un segredo celosamente agochado polos cidadáns de Marrakech aos occidentais, ata que nos anos 20 foron descubertas por militares franceses. Os seus accesos son revirados, sendo as máis monumentais as edificadas durante o reinado de Ahmed El Mansour.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar
  1. Criterios para o uso da lingua, SNL da Universidade da Coruña, 2012
  2. Lingua galega: dúbidas lingüísticas, ANL da Universidade de Vigo, 2004.
  3. Atlas xeográfico e histórico de Galicia e do Mundo, 2009.