Odesa

cidade de Ucraína

Coordenadas: 46°28′N 30°44′L / 46.467, -30.733

Odesa[2] (en ucraíno: Одеса) é unha cidade costeira de Ucraína no Mar Negro. Ten o maior porto do país e é unha cidade de importancia rexional e cidade heroica dende o 1945. A cidade é a terceira do país en termos de poboación, despois de Kíiv e Khárkiv (1.014.563 de habitantes o 1 de abril de 2013).

Odesa
Одеса
Flag of Odessa.svg
Coat of Arms of Odessa.svg
Украина, Одесса - Морской вокзал 22.jpg
Porto de Odesa, un dos máis importantes da Ucraína.
Localización
Odesa en Ucraína
Odesa
Odesa
PaísUcraína Ucraína
ÓblastFlag of Odesa Oblast.svg Óblast de Odesa
RaiónOdesa
Xeografía
Altitude65 msnm
Superficie236,9 km² km²
Demografía
Poboación1 003 705 hab. (2011)[1]
Densidade6,141 hab/km²
Outros datos
Código postal65000–65480
AlcaldeAlekséi Kóstusev
Sitio web oficial

No centro da cidade ten un importante conxunto de edificios da época clásica, ademais conta co monumento ao Duque de Richelieu, as Escaleiras Potemkin e os palacios Vorontsov, Potocki, Bzhozovskoho e Naryshkin.

Odesa é unha das cidades máis antigas de Ucraína.

SímbolosEditar

Oficialmente os símbolos de Odesa aprobados son: un escudo, unha bandeira, un himno, o símbolo do alcalde, cuxa utilización é oficial para os carteis urbanos aprobados polo Concello. Ademais, a cidade ten un logotipo de turismo.

 
Logo de Odesa.

O escudo de armas é un escudo español vermello coa imaxe dunha áncora con catro patas brancas dentro. Este está enmarcado cun marco dourado decorativo e decorado arriba con tres torres. Baixo a torre está a estrela de ouro, que certifica o seu titulo de cidade heroica. O primeiro escudo foi aprobado o 22 de abril do ano 1798. A bandeira consiste nun pano rectangular dividido en tres franxas verticais, unha vermella, outra branca e a última amarela. No centro, na franxa branca está o escudo de armas. A última modificación da bandeira e do escudo de armas foi aprobada o 29 de abril do ano 2011.

O 5 de xuño de 2012, Artemy Lebedev publicou un libro chamado "Identidade de Odessa", no que, entre outras cousas, incluíu un logotipo de turismo , que finalmente foi adoptado como o "símbolo do turismo" da cidade de Odesa.[3]

XeografíaEditar

Odesa está situada na costa noroeste do Mar Negro, no centro do Óblast de Odesa. Gran parte da cidade está situada nunha chaira, a 50 metros sobre o nivel do mar. A altura mínima é de 4,2 m por baixo do nivel do mar e a altura máxima é de 65 m (monte Zhevakhov). A área da cidade chega a 162,42 km², a densidade de poboación é de 6.246,54 hab/km².

InfraestruturasEditar

Transporte UrbanoEditar

En Odesa, hai tranvía, trolebús, autobús urbano, servizo de taxi, funicular e barco e está planificado un light-rail .

Conexións de longa distanciaEditar

Nos arredores da cidade antiga está situada unha estación ferroviaria que ten as seguintes liñas: Odesa-San Petersburgo, Odesa-Cheliabinsk, Odesa-Bakú e Odesa-Berlín.

Nas aforas, a 7 km, esta o aeroporto internacional de Odesa que está ligado ás principais cidades de Europa, Asia, e Oriente Medio.

Ademais, a cidade ten varias estacións de autobuses.

 

Estación ferroviaria de Odesa


NotasEditar