Kíiv

capital e meirande cidade de Ucraína

Coordenadas: 50°03′42″N 19°56′14″L / 50.06167, -19.93722

Kíiv[1], ou Kiev,[2][3][4] (en ucraínoКиїв, tr. "Kyiv"[5][ˈkɪjiw] (AFI)Uk-Київ.ogg escoitar; en rusoКиев, tr. "Kiev") é a capital e maior cidade da Ucraína, cunha poboación de arredor de 3 millóns de habitantes en 2020.[6] Segundo o censo de 2001 a maioría da poboación é de nacionalidade ucraína, concretamente o 82,2%, a principal minoría é a rusa co 13,1% seguido da xudía (0,7%), bielorrusa (0,6%), polaca (0,3%) e armenia (0,2%). A maioría da poboación, un 75%, declara no censo que o ucraíno é a súa lingua materna pero segundo unha enquisa sociolingüística realizada en 2003 o ruso é a lingua que fala a maioría da poboación, un 52% fala habitualmente ruso, 32% ruso e ucraíno, 14% principalmente ucraíno e só o 4,3% só ucraíno.

Kíiv
Ки́їв
Ки́ев
Flag of Kyiv Kurovskyi.svg
COA of Kyiv Kurovskyi.svg
Collage of Kiev.png
Vistas da cidade
Localización
Kíiv en Ucraína
Kíiv
Kíiv
PaísUcraína Ucraína
ConcelloConcello da cidade de Kíiv
Xeografía
Altitude179 msnm
Superficie839 km²
Demografía
Poboación2 847 200 hab. (2013)
Densidade3299 hab/km²
Outros datos
Código postal01xxx-04xxx
AlcaldeVitalii Klychko
Páxina oficial de Kíiv

Administrativamente, Kíiv é unha cidade cun status especial, independente do oblast (rexión) de Kíiv que a arrodea. Kíiv constitúe un centro industrial, científico, educativo e cultural importante no leste de Europa. A cidade é atravesada polo río Dniéper.

SimboloxíaEditar

A simboloxía da cidade está formada polo escudo, a bandeira e o himno. A cidade tamén ten un logotipo oficial utilizado para o turismo.

O escudo está formado pola imaxe do patrón do arcanxo Miguel, o patrón da cidade, sobre un escudo azul. Foi aprobado oficialmente polo concello de Kíiv o 18 de abril de 1995. A bandeira de Kíiv é idéntica ao escudo coa diferenza de que o escudo é substituído por unha bandeira.

O primeiro escudo coñecido da cidade data de 1480, formado por un arco cargado endereitado por dous brazos. No século XVIII, o arco foi substituído por unha ballesta, actualmente este escudo utilízase para representar ao Raión Podil. O símbolo do arcanxo Miguel foi usado como escudo de armas do voivodato de Kíiv, do rexemento de Kíiv e como escudo de armas da cidade desde 1782 até a toma da cidade en 1920 polos bolxeviques. Entre 1920 e 1969, a cidade non tivo o seu propio escudo até que se aprobou o emblema soviético de Kíiv, que representa un arco e unha folla de castiñeiro coa heroica estrela da cidade. O escudo de armas soviético de Kíiv foi oficial até a aprobación do actual escudo de armas en 1995.

HistoriaEditar

Artigo principal: Historia de Kíiv.

Galería de imaxesEditar

Igrexa de San Miguel 
Porta de Ouro 
Pechersk Lavra 
Pechersk Lavra 

NotasEditar

  1. "O Seminario de Onomástica aproba a adaptación dos nomes da capital e doutras cidades ucraínas". Real Academia Galega. 8 de marzo de 2022. 
  2. Kiev foi a forma considerada pola RAG ata o 8 de marzo de 2022, adaptada da forma rusa do topónimo. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para ucraíno.
  3. Diciopedia do século 21 3. Isaac Díaz Pardo, Víctor F. Freixanes, Antón Mascato (edición). Do Cumio, Galaxia e do Castro. 2007. p. 2104. ISBN 9788482893600. 
  4. SNL da CRTVG. "Atlas Mundial Galego Online". Consultado o 2 de abril de 2014. 
  5. Sistema nacional de transliteración ucraíno. Resolución N. 55 do Gabinete de Ministros de Ucraína do 27 de xaneiro de 2010.
  6. "Kyiv, Ukraine". www.esa.int (en inglés). Consultado o 2020-12-12. 

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar


 
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.