República Socialista Soviética de Ucraína
A República Socialista Soviética de Ucraína (Українська Радянська Соціалістична Республіка) foi creada o 25 de decembro de 1917, e foi unha das repúblicas que constituíron a Unión Soviética cando esta foi formada en 1922. Trala segunda guerra mundial, en 1945, algunhas emendas á Constitución da RSS de Ucraína foron aceptadas, que lle permitiron actuar como un suxeito separado en canto a lexislación internacional, sendo parte da URSS ó mesmo tempo. Concretamente, esas emendas permitiron á RSS de Ucraína converterse nun dos membros fundadores da Organización das Nacións Unidas (ONU) xunto á URSS e a RSS de Belarús. En realidade isto só significaba dar á Unión Soviética votos e asentos extra na ONU, xa que a RSS de Ucraína non tiña voz propia nos asuntos internacionais.
Українська Радянська Соціалістична Республіка (uk) Украинская Советская Социалистическая Республика (ru) República Socialista Soviética de Ucraína | |||||
| |||||
| |||||
Lema: "Пролетарі всіх країн, єднайтеся!" ("Traballadores do mundo, unídevos!") | |||||
Himno: Himno da RSS de Ucraína | |||||
![]() | |||||
Capital | Khárkiv (1917-1935) Kíiv (1935-1991) | ||||
Lingua | Ucraíno e ruso | ||||
Goberno | n/d | ||||
Historia | |||||
• Establecido | 25 de decembro de 1917 | ||||
• Disolución | 24 de agosto de 1991 | ||||
Moeda | Rublo soviético |

A RSS de Ucraína foi renomeada Ucraína o 24 de agosto de 1991, e deixou a URSS o mesmo día, volvendose un estado independente.
A capital foi inicialmente Khárkiv (entre 1918 e 1934) e despois Kíiv (Kyiv). Crimea foi transferida á república en 1954 dende a RSSF de Rusia.
A RSS de Ucraína acadou á súa independencia tralo colapso da Unión Soviética en 1991.
Os líderes do Partido Comunista de Ucraína (e tamén líderes da república) foron:
- Georgy Pyatakov (1918)
- Stanislav Kosior (1919-1920)
- Dmitry Manuilsky (1921-1923)
- Emmanuil Kviring (1923-1925)
- Lazar Kaganovich (1925-1928)
- Stanislav Kosior (1928-1938)
- Nikita Khrushchev (1938-1949)
- Leonid Melnikov (1949-1953)
- Alexei Kirichenko (1953-1957)
- Nikolai Podgorny (1957-1963)
- Petro Shelest (1963-1972)
- Volodymyr Shcherbytsky (1972-1989)
- Vladimir Ivashko (1989-1990)
- Stanislav Gurenko (1990-1991)
Véxase tamén Editar
A Galipedia ten un portal sobre: Rusia |
Outros artigos Editar
Ligazóns externas Editar
Este artigo sobre historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |