República Socialista Soviética Bielorrusa
A República Socialista Soviética Bielorrusa (Беларуская Савецкая Сацыялістычная Рэспубліка) foi un dos membros fundadores da Unión de Repúblicas Socialistas Soviéticas en 1922, xunto á RSS de Ucraína, a RSSF Transcaucásica e a RSSF de Rusia. Tamén foi coñecida co nome de Rusia Branca.
A capital da República era Minsk. A República Socialista Soviética Bielorrusa foi creada o 1 de xaneiro de 1919.
HistoriaEditar
Parte do Imperio Ruso antes da primeira guerra mundial, Belarús declarou a súa independencia o 25 de marzo de 1918, formando a República Nacional de Belarús. A república tivo, de todas formas, unha curta vida, e o réxime foi derrocado trala retirada alemá. En 1919 Belarús converteuse na República Socialista Soviética Bielorrusa, e "ingresou" na República Socialista Soviética Lituano-Bielorrusa. Trala guerra polaco-soviética rematada en 1921, as terras de Bielorrusa foron divididas entre Polonia e a RSS Bielorrusa, que converteuse nun membro fundador da URSS en 1922. En setembro de 1939, a Unión Soviética anexionouse a Belarús polaca como resultado do Pacto de Molotov-Ribbentrop.
Trala segunda guerra mundial, a RSS Bielorrusa obtivo voz na Asemblea Xeral da ONU xunto á Unión Soviética e a RSS de Ucraína, converténdose nun dos membros fundadores da ONU.
Tralo Golpe de Estado de Agosto, o Soviet Supremo de Bielorrusa declarou a independencia da URSS o 25 de agosto de 1991. A república cambiou o nome polo de República de Bielorrusia o 19 de setembro de 1991. O 8 de decembro de 1991 foi asinante, xunto a Rusia e Ucraína, dos Acordos de Belavezha, que substituíron á URSS pola Comunidade de Estados Independentes (CEI).