Rexión de Mahilioŭ
A Rexión de Mahilioŭ (en belaruso Магілёўская вобласць, "Mahilioŭskaja voblasć") é unha rexión de Belarús, con capital na cidade de Mahilioŭ.
Rexión de Mahilioŭ Магілёўская вобласць (Mahilioŭskaja voblasć) | |||
---|---|---|---|
| |||
| |||
![]() | |||
Estado | ![]() | ||
Capital | Mahilioŭ | ||
• Poboación | 365.100 | ||
Cidade máis poboada | Mahilioŭ | ||
Linguas oficiais | n/d | ||
Forma de goberno | Rexión de Belarús | ||
Piotr Rudnik | |||
- Rexión da RSS de Belarús - Independencia de Belarús | 15 de xaneiro de 1938 1990 | ||
• Total | 29079,01 km² | ||
• % auga | n/d | ||
• Total | 1.088.100 hab. | ||
• Densidade | 37 hab./km² | ||
Fuso horario | UTC+3 | ||
Código ISO | BY-MA | ||
Tanto a rexión de Mahilioŭ como a de Homieĺ sufriron severamente a catástrofe nuclear de Chernóbil de abril de 1986.
As cidades máis importantes da rexión son Mahilioŭ, Asipovičy e Babrujsk.
Historia Editar
No século XII xurdiu o principado de Mscislavas (tamén Mstsislaw). Xa no século XIII aparece a primeira mención á cidade de Mahilioŭ.
En 1566 a cidade formaba parte do voivodato de Mscislavas, parte do Gran Ducado de Lituania, parte constituínte da República das Dúas Nacións.
Posteriormente, en 1772, a rexión pasou a ser unha gobernación do Imperio Ruso, a gobernación de Mogilev.
Entre 1863 e 1864 tivo lugar o alzamento de xaneiro liderado por Konstanty Kalinowski, que alcanzou tamén á gobernación de Mogilev.
O 1 de xaneiro de 1919 foi creado o distrito de Mahilioŭ na República Socialista Soviética de Belarús, e o 15 de xaneiro de 1938 foi creada a rexión en dito país.
Coa independencia de Belarús en 1990 a rexión mantivo os mesmos límites xeográficos.
Xeografía Editar
A rexión de Mahilioŭ ten unha área total de 29.100 km2,[1] arredor do 14% da superficie do país.
A rexión está atravesada por numerosos ríos, entre eles o Dniapro, Biarezina, Sož, Druć e o Pcič.
Clima Editar
A rexión ten un clima temperado continental. A rexión ten invernos non especialmente severos, e veráns cálidos. A temperatura media en xaneiro varía entre os -8,2 °C ao nordeste e os -6,5 °C ao suroeste. A temperatura media en xullo varía entre os 17,8 °C ao nordeste e os 18,7 °C ao suroeste.
Divisións administrativas Editar
A rexión está composta por 21 distritos (raions), 195 selsovets, 14 vilas, 3 municipalidades e 12 núcleos urbanos.
Distritos da rexión de Mahilioŭ Editar
Os 21 distritos da rexión de Mahilioŭ son os seguintes:
Demografía Editar
A rexión tiña en 2009 unha poboación total de 1.099.374 habitantes, dos que 975.147 eran belarusos, 86.256 rusos, 13.110 ucraínos, 1.773 polacos e 1.461 xudeus, ademais doutros grupos étnicos:
Evolución da poboación da rexión de Mahilioŭ por grupo étnico[2] (Só se inclúen os grupos cunha poboación maior de 500 habitantes) | ||||||
Grupo | 1959 | 1970 | 1979 | 1989 | 1999 | 2009 |
---|---|---|---|---|---|---|
Belarusos | 1.033.760 | 1.050.359 | 1.050.901 | 1.051.885 | 1.044.249 | 975.147 |
Rusos | 90.398 | 120.504 | 138.643 | 166.007 | 132.075 | 86.256 |
Ucraínos | 16.404 | 21.407 | 23.798 | 29.394 | 21.132 | 13.110 |
Polacos | 3.643 | 3.145 | 3.649 | 3.661 | 2.798 | 1.773 |
Xudeus | 28.445 | 25.807 | 23.135 | 18.480 | 3.530 | 1.461 |
Armenios | ... | 288 | 258 | 404 | 1.171 | 937 |
Xitanos | ... | 1.001 | 1.268 | 1.386 | 1.079 | 730 |
Azarís | ... | 139 | 334 | 860 | 926 | 596 |
Total | 1.176.556 | 1.226.859 | 1.246.833 | 1.279.797 | 1.213.521 | 1.099.374 |
Notas Editar
- ↑ The Scientific and Production State Republican Unitary Enterprise “National Cadastre Agency” of the State Property Committee of the Republic of Belarus, ed. (2011). "Main Geographic Characteristics of the Republic of Belarus. Territory and population density of Belarus by region as of January 1, 2011". Land of Ancestors. Arquivado dende o orixinal o 27 de setembro de 2013. Consultado o 30 de maio de 2014.
- ↑ National Statistical Committee of the Republic of Belarus (2011). Ethnic Composition of the Republic of Belarus. Population Census 2009 (en ruso e inglés) 3. Minsk. p. 20. ISBN 978-985-6858-73-7. Arquivado dende o orixinal o 23 de xullo de 2012. Consultado o 30 de maio de 2014.
Véxase tamén Editar
Ligazóns externas Editar
- Páxina web oficial (en ruso).