Lingua belarusa
O belaruso ou bielorruso[2] (беларуская мова, biełaruskaja mova) é unha lingua eslava oriental e lingua oficial de Belarús xunto co ruso. Durante breves períodos da historia contemporánea de Belarús foi a única lingua oficial, 1918-1919 e de 1990 a 1995[3] foi a única lingua oficial. Era coñecido antigamente como rutenio branco ou ruso branco.
Belaruso беларуская мова, "biełaruskaja mova" | ||
---|---|---|
Falado en: | Belarús, e partes de Polonia. | |
Rexións: | Europa | |
Total de falantes: | 8 millóns (censo de 2009) | |
Posición: | non está entre as 100 maiores | |
Familia: | Indoeuropea Baltoeslava Eslava Eslava oriental Belaruso | |
Escrita: | Alfabeto cirílico | |
Status oficial | ||
Lingua oficial de: | Belarús Polonia (falada en 14 condados) | |
Regulado por: | Academia Nacional de Ciencias da Belarús | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | be
| |
ISO 639-2: | bel | |
ISO 639-3: | bel
| |
SIL: | RUW
| |
Mapa | ||
Status | ||
Etnicamente, os belarusos son descendentes das antigas tribos eslavas -os dregovici, os radimici e os krivici- que habitaban o territorio entre os ríos Pripet e Dwina Occidental na marxe setentrional do Dniéper e ao largo do Soz.
Historia
editar- Fase antiga: durante os séculos XII e XIII existía na Belarús unha lingua escrita, a eslava eclesiástica, utilizada nos centros culturais tales como Polach e Turau. Sen dúbida, unha antiga forma de belaruso usouse como lingua oficial polo goberno entre os séculos XIV e XVI no Gran Ducado da Lituania, que incluía a actual Belarús, a Lituania e a Ucraína. Durante este período normativizáronse as regras gramaticais do antigo belaruso, a pesar da tendencia a preservar as formas tradicionais do eslavo eclesiástico.
- Fase media: é a fase de esplendor, onde o belaruso alcanza o seu apoxeo no século XVI, coa introdución do alfabeto latino, coñecido como Lacinka, cando foi utilizado por Franciszak Skaryna (1485-1551) como base para as súas traducións de moitos libros da Biblia (publicada en Praga e Vilna en belaruso). Foi esta forma de belaruso a que se utilizou para as grandes polémicas relixiosas da época, así como para as tres versións dos códigos legais do Gran Ducado da Lituania (en 1529, 1566 e 1588). A influencia do polonés tanto na gramática como no vocabulario, comeza a se tornar común despois da Unión de Lublin en 1569. En 1696, o polonés declarouse o único idioma oficial da comunidade polaco-lituana. As clases sociais máis elevadas escolleron a lingua e a cultura polonesas. O belaruso practicamente desapareceu da literatura.
- Fase de decadencia: ata o final do século XVI, despois da Unión de Brest (1596), comeza un declive gradual do uso do belaruso en favor do latín, Debido a tentativa de unificar as igrexas católica e ortodoxa, e despois en favor do polonés a partir do século XVII, ata chegar ao punto de se tornar prohibido o seu uso en documentos oficiais en 1697, prohibición que marca o punto de inflexión máis baixo na historia desta lingua. Durante o século XVIII o belaruso escrito mantívose vivo grazas ao seu uso en pezas teatrais escolares realizadas en festas relixiosas e outras festas públicas. Despois da división polaco-lituana (1792-1795) a Belarús pasa a integrar o Imperio Ruso, de forma que as autoridades czaristas trataron o país como unha provincia da Rusia e a súa lingua como un dialecto do ruso, prohibindo o uso do belaruso nas escolas , como tamén textos en belaruso en calquera xornal, o que non se anulou ata 1905. No comezo do século XX o belaruso non posuía un alfabeto codificado nin normas ortográficas e gramaticais. Despois de 1914, establécense os alfabetos padróns, latino e cirílico, para deseguida conformar normas gramaticais e ortográficas.
- Fase de rexurdimento: a división da comunidade polaca constituíu de certa forma o motivo do renacemento da lingua no século XIX. Todo o territorio belaruso pasou a formar parte do Imperio Ruso. Estudosos rusos e poloneses comezaron, principalmente por cuestións políticas, a estudar a maioritaria poboación rural dos territorios recentemente adquiridos, coa intención de demostrar que esa xente era rusa ou polonesa. No decorrer desas investigacións, ficou en evidencia a riqueza da súa cultura e do seu folclore, alén de se percibir unha lingua claramente independente: o belaruso. Cando o Imperio Ruso caeu e os comunistas asumiron o poder en Moscova, favorecendo estes a difusión do ruso por toda a Unión Soviética, de forma que o seu uso está hoxe en día amplamente difundido na educación e na vida pública da Belarús.
Datos estatísticos
editarCerca de 3/4 da poboación da Belarús (10 350 000 hab. en 2002) consideran o belaruso a súa lingua nativa. Hai unha minoría considerábel (cerca de 230.000 hab) na rexión de Białystok, no leste da Polonia que ten como primeira lingua o belaruso.
É tamén falado por emigrantes no Canadá, Estados Unidos e países da antiga Unión Soviética
Dialectos
editarO belaruso forma unha ponte entre o ucraíno e o ruso e os seus dialectos gradualmente mestúranse cos dialectos rusos e ucraínos nas súas fronteiras.
Os dialectos do belaruso divídense en dous ou tres grandes grupos; ambas clasificacións consideran os grupos nororientais e suroccidentais, habendo un terceiro que percorre o país de leste a oeste nunha faixa central. E é este último grupo que se considera como a base da lingua literaria moderna e do belaruso normativo. No extremo suroccidental hai un dialecto especial, o grupo palesio, da rexión da Palesia, que divide certas partes co ucraíno, existindo varias tentativas de elevalo a lingua baixo o nome de palesiano.
- Dialectos norteorientais:
- Grupo Polonés.
- Grupo Vicebsk-Mahilëu.
- Dialecto Central:
- Dialectos sur-occidentais.
- Grupo Occidental.
- Grupo Palesio.
- Grupo Sluck-Babrujsk-Mazyr.
Escrita
editarAta o século XVI o belaruso utilizou só o alfabeto cirílico, mais a partir de entón foi introducido o alfabeto latino nunha variante modificada da ortografía polonesa, tamén coñecida como Lacinka. O primeiro xornal publicado, o Nasza Niwa ("O noso trigal"), que comezou a ser impreso en 1906, traía os textos nas dúas formas de escrita: cirílica e latina, reflectindo a división do pobo belaruso entre ortodoxos e católicos. Ocasionalmente, o alfabeto árabe tamén foi usado polos tártaros belarusos para escribir partes do Corán.
Notas
editar- ↑ Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para belaruso.
- ↑ Xosé Henrique Costas Guía das linguas de Europa. Positivas, 2002, páxina 51
Véxase tamén
editarExiste unha versión da Wikipedia en Lingua belarusa |
Existe unha versión da Wikipedia en Lingua belarusa |