Pobo tártaro
Os tártaros[14] (en tártaro Татарлар Tatarlar) é un nome colectivo que se aplica aos pobos turcos da Europa Oriental e Siberia. O nome deriva de Ta-ta ou Dada, unha tribo de orixe mongol que habitaban no noroeste da actual Mongolia no século V.
Pobo tártaro | |
---|---|
Dona tártara, s. XVIII | |
Poboación | |
Poboación total: 6 755 000 [1] | |
Rexións principais: | |
Rusia | 5 310 649 (2010)[2] |
Kirguizistán | 28 656 (2012)[3] |
Casaquistán | 203 371 (2012)[4] |
Ucraína | 73 304 [5] |
Turquía | n/d |
Finlandia | n/d |
Estonia | 2 582 [6] |
Polonia | 447 [7] |
Belarús | 10 146 [8] |
Acerbaixán | 25 900 [9] |
Bulgaria | 40000 |
Romanía | 23 935 [10] |
Canadá | 2 300 [11] |
China | 4 890 [12] |
Taxiquistán | 18 939 (2000)[13] |
Letonia | 3 235 |
Uzbekistán | 275 400 |
Aspectos culturais | |
Lingua | tártaro, ruso e outras linguas na diáspora |
Relixión | Islam predominantemente sunnitas, con minorías cristiás |
Grupos relacionados | Outros pobos turcos |
Utilizose por primeira vez para describir aos pobos que dominaron partes de Asia e Europa baixo o liderado mongol no século XIII. Estendeuse o uso despois para incluír a case calquera invasor nómade de orixe asiática, tanto de Mongolia como do occidente de Asia.
Antes da década de 1920, os rusos utilizaban a palabra Tatar para designar a numerosos pobos, desde os turcos azeríes ás tribos de Siberia. Na actualidade, a maior parte dos tártaros viven no centro e o sur de Rusia (a maioría en Tatarstán).
A finais do século XX supoñían máis de 10 millóns de individuos. Unha boa parte dos tártaros son musulmáns sunníes pero tamén hai tártaros cristiáns ortodoxos.
O dominio ruso supuxo —en boa parte— a súa asimilación e rusificación.
Un paso importante para restablecer o réxime estatal do polo tártaro foi a proclamación da autonomía en 1920. O 30 de agosto de 1990 foi aprobada a Declaración da soberanía estatal da República de Tatarstán.
O nome de tártaros, dado aos invasores, estendeuse posteriormente para ser aplicado a outros membros da mesma póla turca en Rusia, incluso até o punto de que a maioría dos habitantes da meseta de Asia quedou definida baixo o nome xenérico de Tartaria. Este nome case desapareceu da literatura xeográfica, pero permanece o nome de tártaros no sentido limitado ao que se aludiu máis arriba.
Os actuais habitantes tártaros de Eurasia forman tres grandes grupos:
- Os Tártaros de Crimea, en Crimea, Ucraína, Bulgaria, Rusia, Lituania, Polonia, Romanía Turquía e Norteamérica.
- Os Tártaros do Cáucaso.
- Os Tártaros de Siberia.
Debido á magnitude das migracións e mesturas entre diferentes pobos e á laxa utilización do adxectivo "tártaro", na actualidader cóntanse como tártaros xentes que van desde o aspecto mongoloide nun extremo até o caucasoide no outro.
Notas
editar- ↑ Joshua Project – Unreached Peoples of the World : Tatar
- ↑ Портал "Всероссийская перепись населения 2010 года" - Окончательные итоги Всероссийской переписи населения 2010 года :Национальный состав населения Российской Федерации Arquivado 04 de decembro de 2013 en Wayback Machine.
- ↑ Национальный статистический комитет Кыргызской Республики: 5.01.00.03 Национальный состав населения Arquivado 13 de novembro de 2013 en Wayback Machine.
- ↑ Агентство Республики Казахстан по статистике: Численность населения Республики Казахстан по отдельным этносам на 1 января 2012 года Arquivado 15 de novembro de 2012 en Wayback Machine.
- ↑ Ukrayna Dövlət Statistika Komitəsi : 2001 – ci il siyahıya alması[Ligazón morta]
- ↑ "Estonia Statistics : population census of 2000". Arquivado dende o orixinal o 22 de marzo de 2012. Consultado o 27 de agosto de 2018.
- ↑ "Cultural Diversity in Central European Urban Spaces : Issues , Methods , and Outcomes of Etnological Studies on Cultural Diversity in Poland (2002 census)" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 21 de xullo de 2011. Consultado o 16 de xaneiro de 2015.
- ↑ "National Statistical Committee of the Republic of Belarus : NATIONAL COMPOSITION OF POPULATION OF THE REPUBLIC OF BELARUS". Arquivado dende o orixinal o 26 de maio de 2012. Consultado o 26 de maio de 2012.
- ↑ Ethnic composition of Azerbaijan 2009
- ↑ unstats.un.org : 28.3.2002 census of Romania
- ↑ "Statistics Canada, 2006 Census of Population, Statistics Canada catalogue no. 97-562-XCB2006006.". Arquivado dende o orixinal o 18 de xuño de 2009. Consultado o 16 de xaneiro de 2015.
- ↑ The Tartar ethnic minority in China by 2000 census
- ↑ MINORITY.TJ - При финансовой поддержке центра ОБСЕ в Душанбе: Национальные меньшинства Таджикистана :Татары, башкиры Таджикистана Arquivado 05 de marzo de 2016 en Wayback Machine.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para tártaro.
Véxase tamén
editarA Galipedia ten un portal sobre: Rusia |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Pobo tártaro |
Outros artigos
editar- Lingua tártara
- Tatarstán
- Tartaria
- Tártaros de Crimea
- Tártaros de Kazán
- Tártaros de Lipka
- Tártaros da China
- Tártaros do Volga
Ligazóns externas
editar- Tatars in Congress Library (1989) (en inglés)
- The Origins of the Volga Tatars (en inglés)
- H. B. Paksoy: Crimean Tatars (en inglés)
- Tatar.Net (en inglés)
- Anais de Waverley (Annales Monasterii Waverleia).
- Fragmento do ano 1239 que reproduce unha mensaxe sobre os tártaros que mandóu un bispo de Hungría ao de París: texto bilingüe latín - francés, con anotaciónes neste último idioma, no sitio de Philippe Remacle (1944 - 2011).
Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |