Abrir o menú principal
Países do mundo onde se fala o ruso

A rusificación é a adopción da lingua rusa ou de aspectos da cultura rusa, voluntariamente ou non, por parte de comunidades non rusas. Nun sentido estrito, o termo "rusificación" emprégase para designar a influencia da lingua rusa sobre as linguas eslavas, bálticas e outras linguas faladas en áreas que controla ou controlaba Rusia. Nun sentido histórico, o termo refírese ás políticas (tanto oficiais como non oficiais) da Rusia Imperial e da Unión Soviética en relación aos seus constituíntes nacionais e ás minorías nacionais de Rusia, que tiñan como obxectivo a dominación rusa.

As principais áreas de influencia da rusificación son a política e a cultura. Na política, un elemento da rusificación é a designación de rusos para asumir posicións administrativas nas institucións nacionais. Na cultura, a rusificación ponse de relevo principalmente no forte emprego do ruso nos asuntos oficiais e na influencia do ruso sobre as linguas nacionais. O desprazamento demográfico en favor da poboación rusa tamén adoita considerarse un xeito de rusificación.

Algúns estudosos diferenzan rusianización (entendida como a expansión da lingua, cultura e persoas rusas en culturas e rexións non rusas), de rusificación (entendida como un proceso de cambio da pertenza étnica de alguén ou da súa identidade de non rusa a rusa)[1]. Neste senso, as expansión da lingua, cultura, e persoas rusas (rusianización) non deberían compararse coa asimilación cultural de non rusos (rusificación). Malia ser mesturados ambos os dous procesos, un non leva necesariamente ao outro.

NotasEditar

  1. Aspaturian, Vernon V., "The Non-Russian Peoples", en Allen Kassof, Ed., Prospects sea Soviet Society (Nova York: Praeger, 1968): 143-198. Aspaturian tamén distinguiu rusianización e rusificación de sovietización, isto é, o proceso de expansión das institucións soviéticas e a reestruturación socialista soviética das relacións sociais e económicas de acuerdo coa visión do Partido Comunista.

Véxase taménEditar