Linguas bálticas
As Linguas Bálticas son un grupo de linguas relacionadas pertencentes á familia das linguas indoeuropeas e faladas nas beiras orientais do Mar Báltico no norte de Europa. O grupo lingüístico adoita ser dividido en dous grupos: Báltico Occidental, ao que pertencen só linguas extinguidas, e o Báltico Oriental, no cal se atopan as únicas dúas linguas sobreviventes : O lituano e o letón. Aínda que están relacionadas, os vocabularios do lituano o letón difiren bastante e son inintelixibles. O antigo prusiano, hoxe extinguido, considerábase a lingua báltica máis arcaica.
LINGUAS BÁLTICAS | ||
---|---|---|
Falado en: | Norte de Europa | |
Total de falantes: | — | |
Familia: | Indoeuropeo Baltoeslavo LINGUAS BÁLTICAS | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | --
| |
ISO 639-2: | bat
| |
Mapa | ||
Status | ||

Divisións Editar
Linguas Bálticas Occidentais:
- Galindiano †.
- Prusiano Antigo †.
- Sudoviano (Iotvinxiano) †.
- Escalviano †
Linguas Bálticas Orientais:
- Curoniano (case extinto) — adoita ser considerado como Báltico Occidental.
- Neo curoniano (practicamente extinto; status disputado como báltico oriental / occidental)
- Letón (~3 millóns de falantes (~1.6 nativos falantes, 800 mil. rusos falantes de letón, outros 600 mil. falantes ))
- Latgaliá (150 mil. falantes) — acostuma ser considerado un dialecto do letón
- Lituano (~3.9 millóns de falantes)
- Samoxiciano — adoita considerarse un dialecto do lituano
- Seloniano †
- Xemigaliano †
(†—Lingua extinguida)
Véxase tamén Editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Linguas bálticas |