Europa do norte

rexión setentrional do continente europeo
(Redirección desde «Norte de Europa»)

A Europa do Norte é a rexión setentrional do continente europeo. Ó longo do tempo foi definida de diversos xeitos, aínda que hoxe en día adoita definirse como o conxunto dos seguintes países e rexións:

Europa do Norte
Mapa das rexións de Europa:      Europa do norte      Europa occidental      Europa do leste      Europa meridional

Antes do século XIX, o termo “nórdico” adoitaba empregarse para definires ó relativo ó norte de Europa, o cal incluía ós países nórdicos, á parte europea de Rusia, ós países bálticos (que naquela época estaban formados por Livonia e Curlandia) xunto con Groenlandia.

En tempos máis antigos, cando o continente estaba dominado polas culturas do Mediterráneo (como o Imperio Romano), as áreas de Europa afastadas daquel mar xeralizábanse dentro do grupo do Norte de Europa, incluíndo o que posteriormente se convertería en Alemaña, nos Países Baixos e Austria. O termo de “Europa do norte” para referirse a dita rexión segue a empregarse hoxe en día nalgúns contextos. Na idade media, o termo Thule empregábase para designar un lugar semimítico no norte do continente.

No contexto da Unión Europea: Dinamarca, Suecia, Finlandia, Estonia, Letonia, Lituania adoitan ser vistos como as nacións que conforman a rexión norte de Europa.

Danevirke e a Canle da Mancha adoitan ser consideradas liñas divisorias entre a Europa do norte e o resto do continente dende que, no oeste, a maior parte da área ó sur das mesmas foi gobernada algunha vez polos francos durante o reinado de Carlomagno, mentres que a maioría dos territorios atopados no norte pertenceron nalgún tempo ó Reino de Inglaterra durante o goberno de Canuto II.

Aclaracións

editar
  1. Os estados bálticos inclúen por extensión a Alemaña, Polonia e Rusia.
  2. Os estados bálticos foron, durante a guerra fría e anteriormente no Imperio Ruso, considerados parte da Europa do leste; porén, a súa poboación non é eslava e comparten gran partes da súa historia cos países nórdicos.
  3. Escandinavia é unha denominación ambigua, xa que adoita referirse á totalidade dos países nórdicos como tamén a algúns deles exclusivamente.