Península de Kola

Coordenadas: 67°41′18″N 35°56′38″L / 67.68833, -35.94389

A Península de Kola (en saami setentrional: Guoládat; en ruso: Ко́льский полуо́стров, Kolsky poluostrov) é unha península que se atopa no norte da Rusia europea, no oblast de Múrmansk. Limita ao norte co mar de Barents e ao leste e ao sur co mar Branco.

Península de Kola como parte da Rexión de Múrmansk.

A fronteira occidental da península de Kola esténdese ao longo do meridiano desde o golfo de Kola a través do lago Imandra, o lago Kola e o río Niva ata o golfo de Kandalaksha. A península cobre unha área de máis de 100.000 km². A costa setentrional elévase abruptamente desde o nivel do mar, mentres que a meridional é practicamente chá. Ao oeste da península atópanse dúas cordilleiras: as montañas Khibinys e a tundra de Lovozero.


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.