Abrir o menú principal

Lingua rusa

lingua
Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.

O ruso[1] (antigamente coñecido como gran ruso, para diferenciala do ucraíno ou "pequeno ruso") é a lingua eslava con máis falantes. Forma co ucraíno e o bielorruso o grupo das linguas eslavas do leste. A variedade do dialecto ruso medio falada na área de Moscova é a base da forma estándar da lingua. Hai minorías rusófonas significativas en tódolos estados que fixeron parte da antiga Unión Soviética e mantén aínda un certo status como lingua de cultura. O número total de falantes podería estar ó redor dos 300 millóns de persoas.

Ruso
русский / russkij
Falado en: Rusia, países da antiga Unión Soviética e Israel
Rexións: Europa, Asia
Total de falantes: 145 millóns (1a lingua) e máis outros 110 millóns como segunda lingua
Posición: 8
Familia: Indoeuropea
 Balto-eslava
  Eslava
   Eslavo oriental
    Ruso
Estatuto oficial
Lingua oficial de: Rusia, Belarús, Casaquistán, Quirguisia, ONU, Ucraína (en Crimea)
Regulado por: Academia de Ciencias Rusa
Códigos de lingua
ISO 639-1: ru
ISO 639-2: rus
SIL: RUS
Idioma ruso.PNG

Índice

ClasificaciónEditar

O ruso é unha lingua da familia indoeuropea. Os seus parentes máis cércanos son o bielorruso e o ucraíno. En moitas áreas de Ucraína e Belarús nas que están en contacto, os falantes úsanas indistintamente e mesmo chegan a producirse, como no caso de Surzhik, na Ucraína central, casos de falas híbridas.

O vocabulario básico, os principios de formación das palabras e, ata un certo punto, mesmo as inflexións e o estilo literario foron fortemente influenciadas polo eslavo eclesiástico, unha linguaxe, adoptada en parte do eslavo eclesiástico do sur, empregada pola Igrexa Ortodoxa Rusa. Esta é a causa de que determinadas palabras do ruso literario sexan máis similares ás do búlgaro moderno que ás do bielorruso ou do ucraíno. Nalgúns casos, as formas do eslavo de leste e as do eslavo eclesiástico coexisten, aínda que con matices de significado.

A fonoloxía e a sintaxe, especialmente nos dialectos setentrionais, foron influenciadas en parte polas numerosas linguas ugrofinesas (algunhas delas xa desaparecidas) que se falaban no centro e norte da actual Rusia europea, e que entraron en contacto co eslavo oriental na Idade Media. Os dialectos falados ó norte de Moscova teñen un considerable número de palabras de orixe fino-ugrio.

Fora do ámbito das linguas eslavas, o vocabulario e o estilo literario rusos foron moi influídos polo grego, o latín, o francés, o alemán e o inglés. O ruso moderno ten tamén un considerable número de palabras de orixe tártara e doutras linguas turcas.

Distribución xeográficaEditar

O ruso fálase en Rusia e, en menor grao, noutras países que foron parte da Unión Soviética. Ata 1917 foi a única lingua oficial do Imperio Ruso. Durante o período soviético a política lingüística, aínda que recoñecía as linguas propias de cada república constituinte e mesmo o dereito a educación primaria en moitas linguas de territorios sen rango de república, reservaba para o ruso un status especial como lingua de comunicación supranacional e de cultura. O seu rol como lingua de intercambio entre as antigas repúblicas soviéticas continuou despois da desaparición desta en 1991, aínda que perdeu a situación de privilexio.

En Letonia, cun terzo da poboación rusófona, o debate para o seu recoñecemento oficial segue a estar presente. Noutra das repúblicas bálticas, Estonia, os falantes son ó redor dunha cuarta parte da poboación.

Nos países do Pacto de Varsovia e outros países satélites da URSS foi lingua de escolarización obrigatoria, pero a súa desaparición do sistema escolar fixo que o coñecemento e o uso sexan limitados. Foi tamén amplamente ensinado en Laos, Vietnam, Camboxa e Mongolia.

En Israel hai (censo de 1999) ó redor de 750.000 xudeus rusófonos orixinarios de países da antiga URSS e atópanse comunidades de falantes de certo tamaño en Norteamérica. Segundo o censo do ano 2000 uns 4,2 millóns de persoas falan ruso nos EEUU. Na Europa occidental os grupos máis importantes de falantes de ruso concéntranse en Alemaña.

Status oficialEditar

 
Porcentaxe da poboación ucraína que apoia ao ruso como a segunda lingua do estado

É lingua oficial en Rusia e cooficial en Belarús, Casaquistán, Quirguisia, na República Autónoma de Crimea, na Ucraína e nas non recoñecidas internacionalmente Transnistria, Osetia do Sur e Abkhazia. É un dos seis idiomas oficiais da ONU.

O 97% dos estudantes en escolas públicas de Rusia son educados só ou principalmente en ruso, así como o 75% en Belarús, 41% en Casaquistán, 25% na Ucraína, 23% en Quirguisia, 21% en Moldova, 7% en Acerbaixán, 5 % en Xeorxia, 2% en Armenia e Taxiquistán. A escolarización en ruso é tamén aínda posible nas Repúblicas Bálticas, malia os intentos dos gobernos locais por reduci-las materias ensinadas en ruso.

O ruso é, por último, cooficial en sete comunidades da Romanía nas provincias de Tulcea e Constanza, onde a minoría dos lipovans rusofalantes constitúe o 20% da poboación.

DialectosEditar

A pesar da estandarización do ruso a partir de 1900, especialmente no referente ao vocabulario, existe un gran número de dialectos en Rusia. Algúns lingüistas dividen os dialectos do ruso en dous grupos rexionais principais, o "setentrional" e o "meridional", coa Moscova como zona de transición entre os dous. Outros o dividen en tres grupos: "setentrional", "central" e "meridional", coa Moscova no grupo central. Os dialectólogos recoñecen dentro da Rusia ducias de variedades menores.

Os dialectos do norte teñen como característica máis notoria a pronunciación clara do fonema /o/ en posicións átonas -fenómeno denominado okan'e (оканье)- (mentres que nos acentos do sur -incluíndo Moscova- pasa a pronunciarse /ʌ/). Así mesmo, no acento do sur palatalízase o fonema /t/ en posición final e aspíranse os fonemas /g/, que pasan a ser máis semellantes ao fonema /h/. Estas características danse tamén no ucraíno moderno, o que indica a influencia entrámbolos dous.

Entre os primeiros en estuda-la dialectoloxía rusa estivo Lomonosov no século XVIII. No século XIX Vladimir Dal recolleu no seu dicionario o vocabulario dialectal. O estudo ao míudo dos dialectos do ruso comenzou a comezos do século XX. Destaca o Atlas dialectolóxico da lingua rusa (Диалектологический атлас русского языка), publicado en tres volúmes entre 1986-1989, despois de catro décadas de traballo.

O idioma estándar está baseado no dialecto moscovita.

AlfabetoEditar

O ruso escríbese co alfabeto ruso (русский алфавит ou русская азбука), variante do alfabeto cirílico (кириллический алфавит ou кириллица). Desde a reforma ortográfica do ano 1918 o alfabeto componse de 33 signos: 10 para reproducir as vogais, 21 para as consoantes máis dous signos Ь, Ъ que indican respectivamente a brandura (velarización) ou dureza da consoante anterior.

A táboa seguinte amosa as letras do alfabeto e a súa pronuncia.

А
/a/
Б
/b/
В
/v/
Г
/g/
Д
/d/
Е
/je/
Ё
/jo/
Ж
/ʐ/
З
/z/
И
/i/
Й
/j/
К
/k/
Л
/l/
М
/m/
Н
/n/
О
/o/
П
/p/
Р
/r/
С
/s/
Т
/t/
У
/u/
Ф
/f/
Х
/x/
Ц
/ʦ/
Ч
/ʨ/
Ш
/ʂ/
Щ
/ɕː/
Ъ
/-/
Ы
[ɨ]
Ь
/◌ʲ/
Э
/e/
Ю
/ju/
Я
/ja/

Con anterioridade empregáronse tamén outras letras, como por exemplo <ѣ> /ie/ ou /e/, <і> /i/, <ѳ> /f/, <ѵ> /i/ e <ѧ>, que confluíron en <я>. O yers <ъ> e <ь> indicaban a pronuncia de /ŭ/ e /ĭ/ ultra-curtos ou reducidos, que hoxe son [ɪ], [ɯ] ou [ə̈], [ə̹].

Na actualidade, o alfabeto ruso aínda non conta cun sistema de codificación de caracteres ben establecido e utilízanse varios (KOI8-R, Windows-1251, ISO/IEC 8859,..). Espérase que esta situación se solucione coa implementación de Unicode.

OrtografíaEditar

A ortografía do ruso é bastante fonémica, con regularizacións e inconsistencias debidas á morfoloxía, a etimoloxía e a gramática. A maioría das regras ortográficas en vigor introducíronse entre 1880 e 1910. En 1918 produciuse unha reforma fundamental e en 1956 publicouse o padrón actual. A finais do século XX introduciuse unha actualización que non foi ben recibida e que non se ten adoptado formalmente.

A puntuación, que se baseaba no grego bizantino, reformulouse nos séculos XVII e XVIII seguindo os modelos do francés e o alemán.

FonoloxíaEditar

O sistema fonolóxico do ruso deriva do eslavónico común, aínda que se modificou bastante no primeiro período da lingua e se asentou arredor de 1400.

VogaisEditar

O ruso conta con cinco vogais que se caracterizan polo elevado número de alófonos, dependendo de se a consoante que a precede está ou non palatalizada.

Anterior Central Posterior
Fechada i (ɨ) u
Media e (ə) o
Aberta a

Para algúns lingüistas, (ɨ) é un fonema diferenciado. Aqui considérase como alófono de /i/.

ConsoantesEditar

As consoantes danse en parellas diferenciadas entre normal e palatalizada, o que se denomina tecnicamente dura e branda (as consoantes "duras" moitas veces están "velarizadas").

  Bilabiais Labio-
dentais
Dentais e
Alveolares
Post-
alveolares
Palatal Velares
Nasais duras /m/   /n/      
brandas /mʲ/   /nʲ/      
Oclusivas duras /p/   /b/   /t/   /d/     /k/   /g/
brandas /pʲ/   /bʲ/   /tʲ/   /dʲ/     /kʲ/*   [gʲ]
Africadas dura     /ʦ/           
branda         /tɕ/       
Fricativas duras   /f/   /v/ /s/   /z/ /ʂ/   /ʐ/   /x/     
brandas   /fʲ/   /vʲ/ /sʲ/   /zʲ/ /ɕː/*   /ʑː/*   [xʲ]     
Vibrantes dura     /r/      
branda     /rʲ/      
Aproximantes dura     /l/      
brandas     /lʲ/   /j/  

GramáticaEditar

O ruso é unha lingua flexiva, con seis casos nominais: nominativo, acusativo, xenitivo, dativo, instrumental e locativo. Subsiste un caso locativo para as invocacións relixiosas.

Caso Nome ruso Corresponde a Exemplo Tradución
Nominativo Именительный падеж Quen? Que? "Кто? Что?" (suxeito) Иван читает Xoán le
Xenitivo Родительный падеж De quen? De que? "Кого? Чего?" книга Ивана O libro de Xoán
Dativo Дательный падеж A quen? A que? "Кому? Чему?" я дал книгу Ивану Dinlle o libro a Xoán
Accusativo Винительный падеж Que? Quen? (obxecto) "Кого? Что?" я вижу Ивана Vexo a Xoán
Instrumental Творительный падеж Con quen? Con que? "Кем? Чем?"
e complemento axente nas oracións pasivas
я пишу карандашом
книга прочитана Иваном
Escribo co lapis
O libro é lido por Xoán
Locativo (Preposicional) Предложный падеж Varios complementos я говорю об Иване Falo (acerca) de Xoán

Existen tres xéneros, o masculino, o feminino e o neutro e dous números, o singular e o plural.

Como na maioría das linguas eslavas, o ruso non posúe artigos. O carácter de artigo definido ou de artigo indefinido dao a súa posición en relación ao verbo:

  • Девушка пришла (literalmente "Rapaza chegada") tradúcese por "A rapaza chegou".
  • Пришла девушка (literalmente "Chegada rapaza") tradúcese por "Chegou unha rapaza".

O verbo só ten dúas formas, o presente e o pasado, e catro modos: indicativo, imperativo, xerundio e participio. En presente, o verbo ten seis persoas, suficientemente diferenciadas como para que se prescinda bastante dos pronomes persoais. En pasado, o verbo só ten catro formas: masculino, feminino, neutro e plural, o que significa que os verbos non concordan cos pronomes persoais, senón coas persoas.

O verbo ser/estar (быть) non existe en presente:

  • Зто стол (literalmente "Isto mesa") tradúcese por "Isto é a mesa".
  • Я студент (literalmente "Eu estudante") tradúcese por "Eu son estudante".

NotasEditar

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Outros artigosEditar