Vogal anterior

tipo de son vocálico
Editar Anterior Semianterior Central Semiposterior Posterior
Pechada
i • y
ɨ • ʉ
ɯ • u
 • ø̞
ɪ • ʏ
• ʊ
e • ø
ɘ • ɵ
ɤ • o
ɪ̈ • ʊ̈
ɤ̞ • 
ɛ • œ
ɜ • ɞ
ʌ • ɔ
ä • 
a • ɶ
ɑ • ɒ
Case pechada
Semipechada
Intermedia
Semiaberta
Case aberta
Aberta
Onde os símbolos aparecen en parellas,
o da dereita representa unha vogal redondeada
.

Unha vogal anterior ou palatal é un son vocálico que se articula adiantando a lingua cara ós incisivos e achegándoa ó padal duro. Acusticamente, son orais, agudas e sostidas, e caracterízanse porque o seu segundo formante é superior a 1800 Hz, fronte ás vogais centrais e posteriores, cuxo segundo formante ten unha frecuencia máis baixa.

Comparación das posicións da lingua en vogais anteriores: pechada [i], semipechada [e], semiaberta [ɛ] e a vogal central [a]. Amósanse as vogais frontais cardinais co punto máis alto indicado.

O AFI identifica once vocais anteriores:

  • A vogal pechada anterior non redondeada [i]
  • A vogal pechada anterior redondeada [y]
  • A vogal case pechada semianterior non redondeada [ɪ]
  • A vogal case pechada semianterior redondeada [ʏ]
  • A vogal semipechada anterior non redondeada [e]
  • A vogal semipechada anterior redondeada [ø]
  • A vogal semiaberta anterior non redondeada [ɛ]
  • A vogal semiaberta anterior redondeada [œ]
  • A vogal case aberta anterior non redondeada [æ]
  • A vogal aberta anterior non redondeada [a]
  • A vogal aberta anterior redondeada [ɶ]

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar