Lingua búlgara
O búlgaro[2] (български език, bǎlgarski ezik) é unha lingua indoeuropea, pertencente á familia das linguas eslavas meridionais das linguas eslavas. O búlgaro posúe grandes innovacións lingüísticas que a manteñen afastada doutras linguas eslavas.
Búlgaro 'български език' | ||
---|---|---|
Pronuncia: | bǎlgarski ezik | |
Falado en: | Bulgaria, Ucraína, Moldova, rexións limítrofes de Serbia, Romanía, Grecia, Macedonia do Norte, Turquía | |
Rexións: | Os Balcáns. | |
Total de falantes: | 8 millóns | |
Posición: | 88 | |
Familia: | Indoeuropea Eslava Eslava meridional Sureslava do leste Búlgaro | |
Status oficial | ||
Lingua oficial de: | Bulgaria Unión Europea | |
Regulado por: | Instituto da lingua búlgara, na academia búlgara das ciencias
(Институт за български език) | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | bg
| |
ISO 639-2: | bul | |
ISO 639-3: | bul
| |
Mapa | ||
Status | ||
A lingua búlgara está moi relacionada coa lingua macedonia, xeralmente recoñecida como unha lingua distinta, aínda que prevalece a opinión en Bulgaria, e en Grecia, xunto a opinión de lingüistas internacionais, de que as dúas linguas son variantes do mesmo diasistema.
Distribución xeográfica
editarO búlgaro é a lingua máis falada en Bulgaria. Tamén hai comunidades de falantes no Canadá, España, Grecia, Hungría, Israel, Moldova, Romanía, Serbia, Turquía, Ucraína e nos Estados Unidos cun número aproximado de falantes nativos de 12 millóns de persoas.
Status oficial
editarÉ lingua oficial de Bulgaria, é tamén da Unión Europea a partir do 1 de xaneiro do 2007.
Expresións comúns en búlgaro
editar- Здравей (zdravei) — Ola
- Здрасти (zdrasti) — Ola (informal)
- Добро утро (dobro utro) — Bos días
- Добър ден (dobâr den) — Teña un bo día
- Добър вечер (dobâr vecher) — Boas tardes
- Лека нощ (leka nosht) — Boas noites
- Довиждане (dovishdane) — Adeus
- Как си (kak si) — Que tal estás?
- Добре съм (dobre sâm) — Estou ben
- Поздрави (pozdravi) — Saúdos
- Благодаря (blagodarya) — Grazas
Notas
editar- ↑ Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para búlgaro.
Véxase tamén
editarExiste unha versión da Wikipedia en Lingua búlgara |
Vexa no Galizionario as palabras en Búlgaro |
Outros artigos
editar Este artigo sobre lingüística é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |