Lingüística

estudo científico da linguaxe humana

A lingüística é o estudo científico[1][2] tanto da estrutura das linguas naturais[3][4] como do coñecemento que os falantes posúen delas.

O eido da lingüística pode dividirse, na práctica, en termos de tres dicotomías: lingüística sincrónica versus lingüística diacrónica, lingüística teórica versus lingüística aplicada, microlingüística versus macrolingüística. Unha descrición sincrónica dunha lingua describe a lingua tal e como é nun determinado intre; unha descrición diacrónica ocúpase do desenvolvemento histórico desa lingua e dos cambios estruturais que tiveron lugar nela. Aínda que nos seus inicios científicos da lingüística do século XIX interesouse ante todo no cambio lingüístico e a evolución das linguas ao longo do tempo, o enfoque moderno céntrase en explicar como funcionan as linguas nun punto dado no tempo e como os falantes son capaces de entendelas e procesalas mentalmente.

Os termos microlingüística e macrolingüística aínda non están ben establecidos. O primeiro refírese a un máis estreito e o segundo a un máis amplo punto de vista no eido da lingüística. Dende o punto de vista microlingüístico, as linguas deben analizarse por proveito propio e sen referencia á súa función social, nin ao xeito no que son adquiridas polos cativos, nin aos mecanismos psicolóxicos que subxacen á produción e á recepción do fala, nin á función estética ou comunicativa da linguaxe etc. En contraste, a macrolinguística abrangue todos estes aspectos da lingua. Varias áreas da macrolingüística tiveron un recoñecemento terminolóxico por exemplo a psicolingüística, a sociolingüística, a lingüística antropolóxica, a dialectoloxía, a lingüística matemática, a lingüística computacional e maila estilística.

Historia da lingüística editar

Historia da ciencia lingüística editar

A lingüística como estudo sistemático da lingua, naceu na India coa análise do sánscrito. Formáronse moitas escolas a partir do século VIII, que tiveron unha gran actividade durante moitos séculos e, así, a gramática de Pāṇini converteuse en prescritiva.

No Oriente Medio, o lingüista persa Sibawayh fixo unha descrición detallada e profesional da lingua árabe o 760, na súa obra colosal Al-kitab fi al-nahw (الكتاب في النحو, O libro da gramática).

En Europa, pódense destacar figuras como Marco Terencio Varrón ou, ao final da latinidade, Isidoro de Sevilla. Pero a lingüística moderna iníciase ao paso do século XVIII ao XIX co comparatismo e o descubrimento da orixe común de moitas linguas (as indoeuropeas). O lingüista máis importante foi o teórico Wilhelm von Humboldt, que estableceu a tipoloxía lingüística, é dicir, os tipos de linguas, e destacou o carácter propio que ten cada lingua e a influencia desta no pensamento. En canto ao comparatismo, autores importantes do século XIX foron Franz Bopp ou Jacob Grimm, que formulou a que se coñece como lei de Grimm que explica certos cambios consonánticos das linguas xermánicas a partir da súa orixe indoeuropea; tamén Karl Verner, que en 1822 formulou a lei que se chamará despois a lei de Verner e que completa a lei de Grimm. Nese momento redactáronse as primeiras gramáticas históricas científicas de moitas linguas. August Schleicher, que creou a Stammbaumtheorie, e Johannes Schmidt, que desenvolveu a Wellentheorie (modelo de onda) en 1872. Estes autores seguían o modelo positivista das ciencias naturais.

No último terzo do século XIX, aparecen os neogramáticos, que achegan unha concepción moito máis rigorosa, desvinculan a lingüística das ciencias naturais e sitúana na psicoloxía e na socioloxía. Destacan o lingüista Hermann Paul, o psicólogo Wundt, Gabelentz etc.

Cara ao final do século XIX tamén aparecen os estudos de dialectoloxía e xeografía lingüística que fixeron valer as formas dialectais do momento, ata entón menosprezadas, xa que se valoraban as linguas literarias e antigas. Froito da xeografía lingüística foron obras importantes como os grandes atlas lingüísticos que se continuaron elaborando ata o século XX e XXI (aínda que actualmente, loxicamente, con medios modernos). Son obras emblemáticas o Atlas Lingüístico de Francia de Jules Gilliéron ou o de Italia e Suíza de Karl Jaberg e Jakob Jud.

Aínda se inician no século XIX e desenvólvense no século XX moitas grandes obras lexicográficas de orientación etimológica: o Deutsches Wörterbuch dos irmáns Grimm polas linguas germánicas, o Romanisches Etymologisches Wörterbuch (1935) de Wilhelm Meyer-Lübke (que había ido precedido do Etymologisches Wörterbuch der romanischen Sprachen (Bonn 1853) de [[Fried máis modernos Französisches Etymologisches Wörterbuch de Walther von Wartburg polo galorománico ou as obras lexicográficas de Joan Coromines.

Ferdinand de Saussure é o principal fundador da lingüística estrutural moderna; considera a lingua como un sistema de signos, e establece as famosas dicotomías lingua/fala, sincronía/diacronía, relacións paradigmáticas/sintagmáticas, crea o concepto de sintagma etc. A partir del, xorden as diferentes escolas estruturais europeas: os diferentes funcionalismos: Jakobson e a escola de Praga, Martinet, Coseriu; e o caso particular da glosemática de Hjelmslev.

 
Edward Sapir

En América, destacan dúas correntes: o culturalista, con Edward Sapir, líder da lingüística estrutural americana, que foi un dos principais que exploraron as relacións entre a linguaxe e a antropoloxía. A súa metodoloxía exerceu unha influencia capital sobre os seus sucesores. E a corrente formalista iniciada por Leonard Bloomfield, fiel ao positivismo, continuada polos distribucionalistas, e posteriormente pola gramática xenerativa de Noam Chomsky, desenvolvida baixo a dirección do seu profesor Zellig Harris, inspirada na informática, e que se converteu no modelo dominante a partir dos anos 60 ata os 80. A partir dos 90, imponse a lingüista cognitiva, con autores como Lakoff e Langacker.

Lingüística precientífica editar

A ciencia que se constituíu en torno dos feitos do linguaxe pasou por tres fases sucesivas antes de adoptar o enfoque moderno actual.

Comezouse por organizar o que se chamaba a gramática. Este estudo, inaugurado polos gregos e continuado especialmente polos franceses, estaba fundado na lóxica e desprovisto de toda visión científica, e non se interesaba pola lingua mesma. O que a gramática se propoñía era unicamente dar regras para distinguir as formas correctas das formas incorrectas; tratábase dunha disciplina normativa, moi afastada da pura observación, e o seu punto de vista era, por tanto, necesariamente reducido.

Despois apareceu a filoloxía. Xa en Alexandría existía unha escola filolóxica, pero este termo asóciase sobre todo co movemento científico creado por Friedrich August Wolf, a partir de 1777, que continúa ata os nosos días. A lingua non é o único obxecto da filoloxía, que quere sobre todo fixar, interpretar e comentar os textos. Este primeiro estudo leva tamén á historia literaria, dos costumes, das institucións etc.; en todas partes usa o método que lle é propio, que é a crítica. Se aborda cuestións lingüísticas, é sobre todo para comparar textos de diferentes épocas, para determinar a lingua particular de cada autor, para descifrar e explicar inscricións redactadas nunha lingua arcaica ou escura. Sen dúbida estas investigacións son as que prepararon a lingüística histórica: os traballos de Ritschl sobre Plauto poden xa chamarse lingüísticos, pero, nese terreo, a crítica filolóxica falla nun punto: en que se aten demasiado servilmente á lingua escrita, e esquece a lingua viva. Polo demais, a antigüidade grecolatina é a que a absorbe case de maneira total.

O terceiro período comezou cando se descubriu que as linguas podían compararse entre si. Este foi a orixe da filoloxía comparada ou gramática comparativa. En 1816, nunha obra titulada Sistema da conxugación do sánscrito, Franz Bopp estudou as relacións que unen o sánscrito co xermánico, o grego, o latín, etc. e comprendeu que as relacións entre linguas parentes podían converterse nunha ciencia autónoma. Pero esta escola, con ter o mérito indisputable de abrir un campo novo e fecundo, non chegou a constituír a verdadeira ciencia lingüística. Nunca se preocupou por determinar a natureza do seu obxecto de estudo. E, sen tal operación elemental, unha ciencia é incapaz de procurarse un método.

Lingüística científica editar

A lingüística moderna ten o seu comezo no século XIX coas actividades dos coñecidos como neogramáticos que, grazas ao descubrimento do sánscrito, puideron comparar as linguas e reconstruír unha suposta lingua orixinal, o idioma proto-indoeuropeo. Isto animou aos lingüistas a crear unha ciencia positiva na que mesmo se chegou a falar de leis fonéticas para o cambio lingüístico.

Con todo, non será ata a publicación do Curso de lingüística xeral (1916), elaborado a partir das notas dos alumnos do curso impartido polo suízo Ferdinand de Saussure, cando a lingüística convértese nunha ciencia integrada a unha disciplina máis ampla, a semioloxía, que á súa vez forma parte da psicoloxía social, definindo así o seu obxecto de estudo.

A distinción entre lingua (o sistema) e fala (o uso) e a definición de signo lingüístico (significado e significante) foron fundamentais para o desenvolvemento posterior da nova ciencia. Non en balde, a súa perspectiva -coñecida como estructuralista e que podemos cualificar, por oposición a correntes posteriores, sendo de corte empirista- será posta en cuestión no momento en que xa dera a maior parte dos seus froitos e, por tanto, as súas limitacións quedaban subliñadas.

Estruturalismo americano editar

 
Noam Chomsky, lingüista estadounidense, fundador da gramática xenerativa, paradigma dominante na lingüística moderna da segunda metade do século XX.

Despois do estalido da primeira guerra mundial, a falta de comunicación entre continentes imposibilitou o traballo lingüístico colaborativo e acorde cos mesmos obxectivos. Os lingüistas e antropólogos americanos decidiron entón centrarse na realidade lingüística das comunidades aborixes, cuxas linguas ían desaparecendo. Así, expertos como Bloomfield, Boas ou Sapir trataron de redefinir o foco na lingua, todos eles orientados á súa relación co mundo; todo o asunto foi designado como "relativismo lingüístico".

Obxectivo editar

O obxectivo da lingüística teórica é a construción dunha teoría xeral da estrutura das linguas naturais e do sistema cognitivo que a fai posible, é dicir, as representacións mentais abstractas que fai un falante e que lle permiten facer uso da linguaxe.

O obxectivo é describir as linguas caracterizando o coñecemento tácito que os falantes teñen delas e determinar como as adquiren estes. Existiu certa discusión sobre se a lingüística debe considerarse unha ciencia social ou máis ben parte da psicoloxía. Nas ciencias sociais a conciencia dos participantes é parte esencial no proceso; con todo, a conciencia dos falantes non parece desempeñar ningún papel relevante nin no cambio lingüístico, nin na estrutura das linguas. Aínda que certamente a conciencia do falante si ten un papel en áreas incluídas normalmente dentro da lingüística, como a sociolingüística ou a psicolingüística, esas dúas áreas non son o núcleo principal da lingüística teórica senón disciplinas que estudan aspectos colaterais do uso da linguaxe.

 
Compoñentes e proceso da fala segundo os conceptos de Ferdinand de Saussure (en castelán).

O obxectivo da lingüística aplicada é o estudo da adquisición da linguaxe e a aplicación do estudo científico da lingua a unha variedade de tarefas básicas como a elaboración de métodos mellorados de ensino de idiomas. Existe un considerable debate sobre se a lingüística é unha ciencia social, xa que só os seres humanos usan as linguas, ou unha ciencia natural porque, aínda que é usada polos seres humanos, a intención dos falantes non desempeña un papel importante na evolución histórica das linguas xa que usan as estruturas lingüísticas de maneira inconsciente. Isto foi estudado por F. de Saussure, quen chegou á conclusión de que os cambios dunha lingua prodúcense arbitrariamente por variacións involuntarias que realiza o suxeito, e que a lingua varía na historia. Por iso expón que o estudo da lingua debe realizarse diacrónica e sincrónicamente. En consecuencia, Saussure deixa ao carón a historia das linguas e estúdaas sincrónicamente, nun momento dado do tempo. En particular, Noam Chomsky sinala que a lingüística debe ser considerada parte do ámbito da ciencia cognitiva ou a psicoloxía humana, xa que a lingüística ten máis que ver co funcionamento do cerebro humano e o seu desenvolvemento evolutivo que coa organización social ou as institucións, que son o obxecto de estudo das ciencias sociais.

Para situar o ámbito ou o obxectivo dunha investigación lingüística, o campo pode dividirse na práctica segundo tres dicotomías importantes:

  • Lingüística teórica fronte a lingüística con fins prácticos, cuxas diferenzas se sinalaron un pouco máis arriba.
  • Lingüística sincrónica fronte a lingüística diacrónica. Unha descrición sincrónica dunha lingua describe a lingua tal e como é nun momento dado; unha descrición diacrónica ocúpase do desenvolvemento histórico desa lingua e dos cambios estruturais que tiveron lugar nela. Aínda que nos seus inicios científicos a lingüística do século XIX interesouse ante todo polo cambio lingüístico e a evolución das linguas a través do tempo, o enfoque moderno céntrase en explicar como funcionan as linguas nun punto dado no tempo e como os falantes son capaces de entendelas e procesalas mentalmente.
  • Microlingüística fronte a macrolingüística. A primeira refírese a un punto de vista máis restrinxido no ámbito da lingüística, e o segundo a un máis amplo. Desde o punto de vista microlingüístico, as linguas deben analizarse en proveito propio e sen referencia á súa función social, nin á maneira en que son adquiridas polos nenos, nin aos mecanismos psicolóxicos que subxacen na produción e na recepción do fala, nin á función estética ou comunicativa do linguaxe, etc. En contraste, a macrolingüística abarca todos estes aspectos da lingua. Varias áreas da macrolingüística tiveron un recoñecemento terminolóxico como, por exemplo, a psicolingüística, a sociolingüística, a lingüística antropolóxica, a dialectoloxía, a lingüística matemática, a lingüística computacional e a estilística.

Palabras relacionadas editar

 
Mapa das linguas do mundo.

As chamadas partes da oración (sintaxe): adverbio, verbo, substantivo, adxectivo, preposición, conxunción , interxección e locucións (adverbiais, preposicionais e conxuntivas); núcleo, modificador, adxacente, xustaposición, aposición, posposición, preposición, coordinación, subordinación; palabra, verba, locución, frase, sintagma, oración, enunciado, sentenza, secuencia;

Tamén en morfoloxía: diminutivo, aumentativo; analoxía; tempo, modo, aspecto, voz, xénero, número, caso, grao;

Ademais en léxico e semántica: onomástica, toponimia, topónimo, antroponimia, antropónimo, xentilicio, etimoloxía, étimo; polisemia, homonimia, sinonimia, cohiponimia, hiponimia, hiperonimia (homónimo, sinónimo, cohipónimo, hipónimo, hiperónimo)

Lingüistas e escolas lingüísticas editar

 
Noam Chomsky, lingüista estadounidense, iniciador da gramática xenerativa, paradigma dominante na lingüística moderna na segunda metade do século XX.

En Europa houbo un desenvolvemento paralelo da lingüística estrutural, influenciada moi fortemente por Ferdinand de Saussure, (1857 -1913), un estudoso suízo cuxas aulas de lingüística xeral, publicadas postumamente polos seus alumnos, deron a dirección da análise lingüística europea da década de 1920 en diante; ese enfoque foi amplamente adoptado noutros campos baixo o termo "estruturalismo" ou análise estruturalista. Ferdinand de Saussure tamén é considerado o fundador da semioloxía.

Durante a segunda guerra mundial, Leonard Bloomfield e varios dos seus alumnos e colegas desenvolveron material de ensino para unha variedade de linguas cuxo coñecemento era necesario para o esforzo de guerra. Este traballo levou ao aumento da prominencia do campo da lingüística, que se tornou unha disciplina recoñecida na maioría das universidades americanas soamente despois da guerra.

Noam Chomsky desenvolveu o seu modelo formal de linguaxe, coñecida como gramática transformacional, baixo a influencia do seu profesor Zellig Harris, quen foi fortemente influenciado por Bloomfield. O modelo de Chomsky foi recoñecidamente dominante desde a década de 1960 ata a de 1980 e goza aínda de elevada consideración nalgúns círculos de lingüistas. Steven Pinker tense ocupado de clarificar e simplificar as ideas de Chomsky con moito máis significancia para o estudo da linguaxe en xeral.

Da década de 1980 en diante, os enfoques pragmáticos, funcionais e cognitivos veñen gañando terreo nos Estados Unidos e en Europa. Unhas poucas figuras importantes nese movemento son Michael Halliday, cuxa gramática sistémica-funcional é moi estudada no Reino Unido, Canadá, Australia, China e Xapón; Dell Hymes, que desenvolveu o enfoque pragmático "A Etnografía do Falar"; George Lakoff, Len Talmy, e Ronald Langacker, que foron os pioneiros da lingüística cognitiva; Charles Fillmore e Adele Goldberg, que están asociados coa gramática da construción; e entre os lingüistas que desenvolven varios tipos da chamada gramática funcional están Simon Dik, Talmy Givon e Robert Van Valin, Jr.

Outros importantes ou notables lingüistas e semióticos son:

Gramática tradicional editar

Escola de Port-Royal editar

Círculo de Praga editar

Lei fonética e os irmáns Grimm editar

Xeografía lingüística e os atlas lingüísticos editar

A teoría Wörter und Sachen editar

Estruturalismo e Saussure editar

Formalismo editar

Funcionalismo e Halliday editar

Etnografía da comunicación editar

Transformacionalismo ou xerativismo e Noam Chomsky editar

Gramática Transformacional é un amplo termo usado para describir gramáticas, case exclusivamente aquelas que se refiren a linguas naturais que foron desenvolvidas na tradición chomskiana

Lingüística cognitiva e Langacker editar

A perspectiva cognitiva xorde recentemente na década da década de 1980 como resposta ao descontento dalgúns xerativistas que defendían a necesidade dunha semántica que tivese presente o individuo e as súas habilidades cognitivas.

Análise crítica do discurso e Fairclough editar

Subdisciplinas da lingüística e da Gramática editar

Inicialmente, o estudo da linguas centrábase filoloxía propiamente dita (o estudo dos textos antigos, actual paleografía) na gramática (parte do trivium), especialmente coa grega e latina como referencia, cuxas partes eran especialmente as dúas ou tres primeiras desta lista, que co tempo se foi transformando ampliando :

Co coñecemento da relación entre as linguas (que xurdiu da comparación entre o latín e as linguas romances e o aumento do prestixio destas), xurdiron:

E co tempo algúns autores comezaron a incluír a fonoloxía (que estuda os fonemas de cada lingua) e a fonética (o estudo da capacidade de pronunciación do ser humano) -as dúas herdeiras de oratoria e prosodia- ou a semántica (que estuda o significado), e coa perspectiva dalgunhas das escolas mencionadas (o estruturalismo entre as máis significativas) naceron a pragmática.

A evolución doutras ciencias sociais ou médicas colaborou a atopar campos comúns de estudo. En realidade xa había debates ou aplicacións dende moi antigo pero sen que tivesen un nome de seu, por exemplo a Tradutoloxía e a Paleoantropolingüística (que busca as orixes da linguaxe), pero foi durante o século XX no que a lingüística coñeceu un incremento importante da súa actividade e transcendencia, e implementáronse novos aspectos nos que a lingüística podía axudar a entender outros campos do coñecemento e do ser humano: moitas destas subseccións agrúpanse na chamada lingüística aplicada e poderíanse apuntar as seguintes disciplinas:

Notas editar

  1. Fromkin, Victoria; Bruce Hayes; Susan Curtiss, Anna Szabolcsi, Tim Stowell, Donca Steriade (2000). Blackwell, ed. Linguistics: An Introduction to Linguistic Theory. Oxford. p. 3. ISBN 0-631-19711-7. 
  2. Martinet, André (1960). Faber, ed. Elements of General Linguistics. Tr. Elisabeth Palmer (Studies in General Linguistics, vol. i.). London. p. 15. 
  3. Halliday, Michael A. K.; Jonathan Webster (2006). Continuum International Publishing Group, ed. On Language and Linguistics. p. vii. ISBN 0-8264-8824-2. 
  4. Greenberg, Joseph (1948). "Linguistics and ethnology". Southwestern Journal of Anthropology 4: 140–47. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar