A sinonimia é unha relación semántica de semellanza no significado entre dous ou máis significantes. Polo tanto, dúas palabras son sinónimas se teñen un significado parecido ou idéntico.

Lista de sinónimos en escritura cuneiforme nunha táboa de arxila, período do Imperio Neoasirio.[1]

Tipos de Sinonimia editar

Distínguense tradicionalmente dous tipos de sinonimia:

  • Sinonimia absoluta: Cando en tódolos contextos posibles de uso de dúas palabras, non se produce variación ningunha se se substitúe unha por outra.
  • Sinonimia parcial: Cando só en determinados contextos dúas palabras presentan idénticos significados:
  • Pregar é sinónima de dobrar, pero só cando esta significa volver unha parte dunha cousa sobre o resto, nas outras acepcións (por exemplo, curvar un ferro) non son sinónimas.
  • Camiñar e andar son sinónimos, o primeiro remítese a un camiño, polo tanto é máis restrinxido ca andar: non se pode camiñar por casa.

Á sinonimia parcial chámaselle tamén imperfecta. Neste caso poden darse grupos de dúas palabras ou de moitas máis, dependendo do nivel de caracterizadores aducidos. A lingüística tradicional asumía a existencia de que a definición das categorías (as de significado entre elas) se establece baseándose en condicións necesarias e suficientes. O estudo desta particularidade adiantou moito co concepto de categoría dentro da teoría da lingüística cognitiva, debido á utilización da noción de prototipicalidade

Clarificación do concepto editar

  • Non debe confundirse sinonimia con equivalencia. A sinonimia non se pode dar entre locucións ou definicións (neste caso falamos de equivalencia).
  • Moitas palabras non poden considerarse sinónimas porque pertencen a distintas linguas funcionais. Ben a dialectos distintivos (variedades diatópicas: Golpe, por raposo na área mindoniense; romaniño por cabaza, en Castiñeiras, Santa Uxía de Ribeira), ben a niveis de lingua diferentes (variedades diastráticas), ben a rexistros diversos (variedades diafásicas). Así a todo, no individuo coexisten varios dialectos, rexistros e niveis de lingua que fan que considere como verdadeiros sinónimos, sendo pseudosinonimia voces como óbito / morte, morrer / falecer / espichar.

Notas editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • ABRIL, Gonzalo (1976): Signo y significación. Edicións Castilla.
  • BARTHES, Roland (1971): Elementos de semiología. Alberto Corazón editor. Comunicación. Colombia.
  • COSERIU, E. (1977): Principios de semántica estructural. Ed. Gredos. Madrid.
  • COSERIU, E. (1978): Gramática. Semántica. Universales. (Estudios de lingüística funcional). Ed. Gredos. Madrid.
  • DUCROT. Oswald & Todorow, Tzvetan (1983): Diccionario enciclopédico de las ciencias del lenguaje. Siglo XXI de España Editores S.A.
  • ECO, Umberto. (1976): Signo. Labor. Barcelona
  • HJELMSLEV, l. (1974): Prolegómenos a una teoría del lenguaje. Gredos. Madrid.
  • JUSTO Gil, Manuel (1990): Fundamentos del análisis semántico. Lalia.
  • MOUNIN, Georges (1972): Introducción a la semiología. Editorial Anagrama
  • TRUJILLO, R. (1988): Introducción a la semántica española. Arco libros, Madrid.

Ligazóns externas editar