A tradutoloxía é a disciplina científica que estuda sistematicamente a teoría, a descrición e a aplicación da tradución e a interpretación, así como as mesmas en conxunto. É importante neste sentido distinguila da tradución ou interpretación como actividade (propiamente ditas) e da tradución ou interpretación como produto (texto traducido ou traducto, discurso interpretado). Dado o seu carácter multidisciplinar, a tradutoloxía toma prestados moitos conceptos e procedementos doutros campos de estudo. Entre eles atópanse a literatura comparada, a informática, a historia, a lingüística, a filoloxía, a filosofía, a psicoloxía social, a semiótica ou a terminoloxía.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar