Relación de inclusión
(Redirección desde «Hiperónimo»)
Os campos semánticos organízanse mediante diversos tipos de relacións entre os significados dos lexemas:
- relacións de incompatibilidade (véxase antonimia).
- relacións de inclusión.
- e relacións entre significantes e significados (sinonimia, homonimia e polisemia).
As relacións de inclusión implican que os significados completo de varios signos lingüísticos estas incluídos dentro do significado doutro signo lingüístico. Deste xeito ó vocábulo que inclúe (por exemplo, a palabra árbore) o significado completo dunha ou varias palabras (carballo, maceira, faia,...) chámaselle hiperónimo. As palabras incluídas teñen dúas posibles denominacións:
- Son hipónimos con respecto ó hiperónimo: carballo é hipónimo de árbore.
- Son cohipónimos entre elas: carballo é cohipónimo de maceira.
Á condición que posúen os hiperónimos chámaselle hiperonimia; á dos hipónimos, hiponimia; á dos cohipónimos, cohiponimia.
Outra relación de inclusión básica é a meronimia.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editar Este artigo sobre lingüística é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |