Abrir o menú principal

Unha gramática é xenerativa cando consiste nun conxunto de regras e un léxico asociado que permite, para calquera combinación de palabras da lingua, decidir se esa combinación é gramatical e fornecerlle, nese caso, unha descrición estrutural.

Unha gramática xenerativa é explícita no sentido de que a natureza e o funcionamento das regras son descritos de maneira rigorosa e precisa, o que permite a súa formalización.

O tipo de gramática xenerativa máis famosa é a xenerativo-transformacional de Noam Chomsky, mais non todas as gramáticas xenerativas teñen necesariamente transformacións.