Substantivo

categoría léxica

O substantivo é unha categoría gramatical que desenvolve a función sintáctica, dentro do sintagma nominal, de núcleo. Morfoloxicamente, están compostos por un lexema e morfemas flexivos de xénero e número, admitindo tamén derivativos e alterativos (Vid. sufixo). Non admiten sufixos poderativos (-ísimo, -érrimo). Polo que respecta ó seu significado, o substantivo denota seres, entes, sentimentos, circunstancias,...

Funcións do substantivo nunha oración

editar
  1. Núcleo do sintagma nominal suxeito: A nena vai á escola.
  2. Núcleo do predicado nominal ou atributo nas oracións co verbo ser, estar ou parecer ou oracións atributivas: A miña casa é de madeira maciza.
  3. Complemento preposicional doutro substantivo (complemento do nome): A saia de María ten lunares.
  4. Aposición, isto é, complemento doutro substantivo, pero sen preposición: Río Teixo, Rúa Alcalá, Madrid capital.
  5. Complemento dun adxectivo: Gústame o verde pistacho.
  6. Complemento do verbo. O substantivo pode ser:
    1. Obxecto ou complemento directo: Comprei un coche novo.
    2. Obxecto ou complemento indirecto: Non deas bicos ao can.
    3. Complemento circunstancial: Os nenos están xogando na rúa.
    4. Complemento axente da pasiva: O porto foi destruído polo furacán.
    5. Complemento de réxime ou suplemento directo: Pedro falou de política.
    6. Complemento de réxime ou suplemento indirecto: O camareiro limpou o chan de cabichas
    7. Complemento predicativo de verbos que significan "nomear" ou "elixir": A asemblea elixiu presidente a Pedro.
  7. Locucións adverbiais: En realidade realmente non sei que facer.
  8. Vocativo: ¡Home, non me digas iso!

Clasificación

editar

Clasificación por xénero

editar

Clasificación por número

editar
  • Substantivos singulares
  • Substantivos plurais

Outras clasificacións

editar
  • Substantivos comúns: permiten nomear a tódalas persoas, animais ou cousas da mesma clase ou especie, sen particularizar o seu significado como home, cabalo, casa. Agrupan os obxectos que denominan polas súas características, sen expresar trazos distintivos. Por iso, considéranse substantivos xenéricos.
  • Substantivos propios: distinguen ou particularizan a cada individuo dos demais dunha mesma clase, especie ou xénero. Aplícanse a un só ser, persoa, animal ou cousa. Por iso, considéranse substantivos individuais. Os nomes das persoas e dos países son nomes propios. Os substantivos propios escríbense sempre con letra inicial maiúscula.
  • Substantivos concretos
  • Substantivos abstractos
  • Substantivos individuais: son substantivos que na súa forma singular, nomean a un só ser como pluma, árbore, rosa. Designan a un único ser, pero admiten o morfema do plural para designar a máis dun.
  • Substantivos colectivos: son substantivos que posuíndo unha estrutura de singular, nomean a un conxunto de número indeterminado de seres ou cousas como plumaxe, bosque, rosaleda, xentío, xentío, bandada, coro, alameda. Teñen inherente a idea de pluralidade sen necesitar un morfema que o exprese, pero non no sentido dun máis un, senón en canto a conxunto colectivo formado por varias unidades da mesma cousa designada.
  • Substantivos simples: Son os substantivos que están formados por unha soa palabra.
  • Substantivos compostos: son substantivos que están formados por dúas palabras simples, por exemplo lavalouza, anteollos, pararraios, crebanoces, augardente.
  • Substantivos primitivos: as palabras primitivas son as que serven de cabeza de serie a unha familia léxica, funcionando como raíz das palabras derivadas deles. Os substantivos primitivos só están formados por un lexema básico e optativamente por morfemas de xénero e número. Por exemplo pan.
  • Substantivos derivados: as palabras derivadas nacen das primitivas, cando se lles engade sufixos, por exemplo panadería, panadeira. Hai distintos tipos de nomes derivados que son:
  • Substantivos aumentativos: son os substantivos que designan a persoas, animais, cousas ou fenómenos de gran tamaño ou alto grao de intensidade, por exemplo homazo, mullerona.
  • Substantivos diminutivos: son os substantivos que designan a persoas, cousas, animais e fenómenos que se caracterizan pola súa pequeneza ou menor grao de intensidade, por exemplo neniña, gatiño, mazanciña.
  • Substantivos despectivos: son os substantivos que designan a persoas, animais, cousas e fenómenos que son tratados con desprezo ou desdén, ou vistos como inferiores, por exemplo plantucha, libraco.
  • Substantivos xentilicios: son os substantivos que se derivan do lugar de nacemento (país, rexión ou estado) de persoas, animais ou cousas, por exemplo, español, panameño, arxentino, danés.
  • Substantivos patronímicos: son os substantivos que se derivan dalgún nome propio. Por exemplo os apelidos de orixe española formáronse orixinariamente a partir do nome de pía. Normalmente acaban en -ez. Dáse o nome de patronímicos a tódolos apelidos. Por exemplo de Gonzalo > González, de Fernando > Fernández.
  • Substantivos animados: nomean seres considerados viventes, por exemplo can, gato, home, persoa, pícaro, Anastasio.
  • Substantivos inanimados: nomean seres inertes, por exemplo, papel, cristal, pedra, cigarro, carta.
  • Substantivos contables ou descontinuos: sinalan entes que se poden contar, por exemplo cinco nenos, tres rochas, trece euros. Os substantivos contables combínanse con cuantificadores plurais sen alterarse semanticamente.
  • Substantivos incontables, continuos ou de materia: sinalan realidades que non se poden contar salvo ao referirse a clases ou variedades distintas, por exemplo leite, humor, aire, fume, lixo. Os substantivos incontables soamente poden combinarse con cuantificadores en singular sen modificar o seu significado. Só admiten numerais cardinais ou cuantificadores plurales cando indican unha clase ou modalidade. Por exemplo: tres vasos de leite - moitos vasos de leite - moito leite. Os fumes emitidos polos ácidos adoitan ser daniños. Existen casos en que substantivos incontables teñen distintos significados ou matices en plural, por exemplo aires de grandeza, aires de cambio, malos fumes, augas cálidas, augas internacionais.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar