Abrir o menú principal

Sintagma nominal (SN) é o sintagma ou grupo de palabras cuxo núcleo está constituído por un substantivo ou pronome ou adxectivo substantivado.

FunciónsEditar

Desempeña as mesmas funcións sintácticas que pode desempeñar un substantivo: suxeito, complemento directo de cousa, aposición, vocativo, atributo, complemento circunstancial etc... Se leva unha preposición ao principio, é denominado sintagma preposicional. Como sintagma preposicional pode desempeñar as funcións de complemento do nome, complemento dun adxectivo, complemento dun adverbio, complemento directo de persoa, complemento indirecto, complemento de réxime, complemento axente, atributo e complemento circunstancial. O sintagma nominal é endocéntrico, o preposicional é exocéntrico.

Exemplo:

  • "O coche vermello é o máis veloz". O coche vermello é un sintagma nominal.

EstruturaEditar

En expansión máxima, a estrutura do sintagma nominal en galego é a seguinte:

Predeterminante + Determinante actualizador + Determinante cuantificador + Adxectivo en función de adxacente + Substantivo ou equivalente en función de núcleo +

ou adxectivo en función de adxacente
ou Substantivo ou sintagma nominal en función de aposición
ou Sintagma preposicional en función de complemento do nome
ou Oración subordinada adxectiva en función de adxacente.

Poden verse todas estas funcións nos seguintes exemplos:

  • Tódolos moitos fríos whiskis dobres de cor acaramelada marca "Xoanciño paseante" que bebín
Todos: predeterminante, función cuantificador.
Os: determinante, función actualizador.
Moitos: determinante, función cuantificador.
Fríos: adxectivo, función adxacente.
Whiskis:substantivo, función núcleo.
Dobres:adxectivo, función adxacente.
De cor acaramelada: sintagma preposicional, función complemento do nome.
Marca "Xoanciño paseante": sintagma nominal, función aposición especificativa
Que bebín: proposición subordinada adxectiva especificativa, función adxacente