Lexema
En morfoloxía lingüística, un lexema é a unidade mínima da primeira articulación do sistema lingüístico (para Martinet, monema léxico) que porta o significado léxico dunha palabra.
Doutra banda, a unidade mínima que porta o significado gramatical é o morfema.
Lexema e raíz das palabras
editarNon debe ser confundido o lexema coa raíz das palabras: O lexema de "casa" é "casa". "Casa" ten unha raíz cas-, unha vogal temática -a e un sufixo flexivo de número ∅ (singular).
A diferenza entre estas dúas terminoloxías áchase na diferente perspectiva coa que se xeran. No concepto de raíz prevalece a forma, o significante. No concepto de lexema aténdese ó significado. De aí que haxa diferenza entre:
- Familias léxicas regulares: Aquelas compostas por palabras que posúen o mesmo lexema e a mesma raíz: reloxo, reloxería, reloxeiro,...
- Familias léxicas irregulares: Aquelas compostas por palabras que presentan o mesmo lexema, pero dúas ou máis raíces: noite, noitiña, noctámbulo, pernoctar,... Obsérvese que "noit" e "noct" son o mesmo lexema -ambas as dúas pertencen á mesma familia léxica-, pero son dúas raíces diferentes: unha patrimonial e outra culta.
Véxase tamén
editar Este artigo sobre lingüística é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |