Ferdinand de Saussure

foi un lingüista suízo
(Redirección desde «Saussure»)

Ferdinand de Saussure, nado en Xenebra o 26 de novembro de 1857 e morto no castelo de Vufflens-sur-Morges o 22 de febreiro de 1913, foi un lingüista suízo.

Modelo:BiografíaFerdinand de Saussure

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento26 de novembro de 1857 Editar o valor en Wikidata
Xenebra (Suíza) Editar o valor en Wikidata
Morte22 de febreiro de 1913 Editar o valor en Wikidata (55 anos)
Vufflens-le-Château (Suíza) Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Leipzig - doutoramento (1876–1880)
Universidade de Xenebra (1875–1876)
Collège Calvin Editar o valor en Wikidata
Tese académica' (1881 Editar o valor en Wikidata)
Actividade
Campo de traballoLinguística estrutural (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónlingüista Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Xenebra (1891–1913)
École pratique des hautes études (1880–1891) Editar o valor en Wikidata
ProfesoresHeinrich Zimmer, Hermann Oldenberg, Georg Curtius, Henri-Frédéric Amiel (pt) Traducir, Alexis Giraud-Teulon (pt) Traducir e Hugues Oltramare (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
AlumnosAlbert Sechehaye (pt) Traducir e Louis Duvau (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Arquivos en
Familia
FamiliaDe Saussure (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
CónxuxeMarie Faesch (1892–) Editar o valor en Wikidata
FillosJacques de Saussure, Raymond de Saussure Editar o valor en Wikidata
PaiHenri Louis Frédéric de Saussure Editar o valor en Wikidata
IrmánsRené de Saussure
Léopold de Saussure
Horace de Saussure Editar o valor en Wikidata
ParentesThéodore de Saussure, tío
Alphonse de Saussure, avó Editar o valor en Wikidata
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteEncyclopedia of Linguistics (en) Traducir, (p.376)
Obálky knih,
Dicionario Enciclopédico Granat Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1113782 Dialnet: 1015173 WikiTree: De_Saussure-53
Ferdinand de Saussure.

Traxectoria

editar

Está considerado o fundador da lingüística moderna[Cómpre referencia]. No seu Cours de linguistique générale (1916) (Curso de lingüística xeral), publicado tras a súa morte polos seus alumnos, define certos conceptos fundamentais (distinción entre linguaxe, lingua e fala, entre sincronía e diacronía, carácter arbitrario do signo lingüístico etc.) que han inspirar non só a lingüística ulterior senón tamén outros sectores das ciencias humanas.

A partir das súas observacións sobre certos fenómenos do grego e o sánscrito nace o que se había de converter na teoría das laringais, tan importante no campo da indoeuropeística.

  • Saussure distingue a linguaxe (facultade de utilizar unha lingua), a lingua (conxunto de signos utilizados por unha comunidade. Ex.: o galego, o francés, o inglés) e a fala (enunciados dun interlocutor nunha lingua dada).
  • Teoría do signo como asociación pola mente dun significante (imaxe mental, visual ou acústica dunha palabra) e dun significado (concepto, é dicir representación mental dunha cousa). (Ver signo lingüístico.)
  • A linguaxe recorta simultaneamente un significante na masa informe dos sons e un concepto na masa informe das percepcións.
  • A linguaxe ten unha dimensión sincrónica (relacións entre os signos nun momento dado) e unha dimensión diacrónica (evolución dos signos no curso do tempo).
  • Todo signo é definido por relación cos outros, por pura diferenza (negativamente) e non polas súas características propias ("positivas"): é o carácter estrutural da lingüística saussuriana. Esta idea está na orixe do estruturalismo e da filosofía de Derrida.
  • A relación entre o significante e o significado é arbitraria; iso é o que distingue o signo do símbolo (a balanza que simboliza a xustiza esta ligada conceptualmente a ela, contrariamente á palabra «gato» ligada a un animal felino que miaña).

Ferdinand de Saussure e a lingua galega

editar

As edicións Laiovento publicaron no 2005 unha tradución de Xosé Manuel Sánchez Rei en galego do Curso de lingüística xeral. A publicación leva notas e un estudo introdutorio do tradutor. Neste estudo danse datos entre o curso de Saussure e a lingua e lingüística galegas.

  • Ferdinand de Saussure (2005). Curso de lingüística xeral. Ediciòns Laiovento. ISBN 84-8487-077-4. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar