Universidade de Xenebra

Coordenadas: 46°11′56″N 6°08′40″L / 46.19899, 6.14446

A Universidade de Xenebra (Université de Genève) é unha universidade pública suíza localizada en Xenebra. É membro do Grupo Coimbra, así como da Liga de Universidades de Investigación Europeas (LERU), da Asociación de Universidades Europeas AUE) e do International Forum of Public Universities (IFPU).

Universidade de Xenebra
Datos xerais
Datos actuais
Datos de contacto
Facebook: unigeneve Twitter: unigenews Instagram: unigeneve Youtube: UCLVD78-qZV06ULrJ6eKJIiQ Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Historia editar

 
Logotipo da Universidade de Xenebra

Fundouna Jean Calvin (Calvino) en 1559. Inicialmente foi un seminario teolóxico, onde tamén se ensinaba Dereito. Seguiu sendo marcadamente teolóxica durante o século XVII, cando comezaron a agregarse outras disciplinas, mentres se convertía nun centro para a Ilustración erudita.

En 1873 cesaron as súas connotacións relixiosas, co cal adquiriu o carácter secular. Hoxe desempeña un papel líder en moitos campos, e a súa localización en Xenebra dálle unha situación privilexiada para os estudos en asuntos diplomáticos e internacionais. Así mesmo, considérase como unha das universidades de vangarda en temas de investigación en Europa, pois ten realizado notábeis descubrimentos na área de Ciencias da Terra, e tamén en Xenética, entre outros campos.

Facultades editar

A Universidade de Xenebra conta con 9 Facultades e Escolas Universitarias:

  • Facultade de Ciencias
  • Facultade de Medicina
  • Facultade de Artes
  • Facultade de Xurisprudencia
  • Facultade de Teoloxía (protestante)
  • Facultade de Filosofía e Educación
  • Facultade de Tradución e Interpretación
  • Escola de Xenebra para estudos económicos e administración
  • Escola de Xenebra para estudos sociais

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar