Coordenadas: 46°20′7″N 6°15′14″L / 46.33528, -6.25389

O Collège Calvin, ou Instituto ou Colexio Calvino de Xenebra, é unha institución de educación secundaria da cidade de Xenebra, no cantón do mesmo nome.

Ala sur do Collège Calvin

Está situado no barrio de Rive, na rúa Théodore-de-Bèze n° 2.

Historia editar

 
Patio do Collège Calvin

O Collège Calvin foi fundado en 1559 por Jean Calvin (Calvino) e o goberno do cantón co nome de Collège de Genève. Erixiuse sobre un antigo convento franciscano e un colexio creado en 1428. O edificio data da época da súa fundación e segue en uso.

 
Gravado do século XIX do Collège Calvin

Trátase dunha das primeiras escolas públicas, gratuítas e obrigatorias fundadas no mundo e que seguen en funcionamento. A Reforma Protestante impuxo en Xenebra a obriga e a gratuidade da ensinanza en 1536, como se menciona no Muro dos Reformadores da cidade de Xenebra. Recibiu o seu nome actual en 1969 en honor de Jean Calvin, o fundador do Calvinismo (e da Escola).

O conxunto de edificios actualmente une ás súas instalacións orixinais, terminadas en 1561, dúas ás construídas no século XIX e en 1987, respectivamente.[1]

Algúns alumnos célebres editar

Esta escola, que aínda se continúa a coñecer como a escola en Xenebra, contou entre os seus alumnos persoas como o botánico Augustin Pyrame de Candolle, o pedagogo, escritor, pintor e debuxante Rodolphe Töpffer, o lingüista Ferdinand de Saussure, o escritor e poeta arxentino Jorge Luis Borges e Jean Henri Dunant un dos fundadores do Comité Internacional da Cruz Vermella (CICV).

Notas editar

  1. "GE Genève Collège Calvin" (PDF). Consultado o 26 de xullo de 2021. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar