Cantón de Xenebra
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde novembro de 2023.) |
Xenebra (en arpitano: Geneva, en francés: Genève, en alemán: Genf, en italiano: Ginevra, en romanche: Genevra) é un cantón suízo, ten 282 km² e 438.483 habitantes. A capital é Xenebra.
Himno | Cé qu'è lainô (en) | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Estado federado | Suíza | ||||
Capital | Xenebra | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 499.480 (2018) (1.768,13 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua francesa | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 282,49 km² | ||||
Altitude | 375 m | ||||
Punto máis alto | highest point of the Canton of Geneva (en) (516 m) | ||||
Punto máis baixo | Río Ródano (332 m) | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 1815 | ||||
Organización política | |||||
Órgano lexislativo | Grand Council of Geneva (en) , (Escano: 100) | ||||
ISO 3166-2 | CH-GE | ||||
Código NUTS | CH013 | ||||
Sitio web | ge.ch | ||||
Historia
editarAs primeiras trazas de ocupación humana no lugar da actual Xenebra remóntanse ao 3000 aXC; os restos foron descubertos ás beiras do lago Léman. O outeiro da Vieille-ville non será habitado até o 1000 aXC. Máis tarde, Roma conquistará Xenebra, daquela aínda un poboado celta. No 58 aXC Xulio César deféndea contra a incursión dos helvecios. No apoxeo do Imperio Romano, alá polo 400 da nosa era é erixida en bispado. No 443 unha tribo xermánica, os burgundios, aséntanse na rexión. Esta é ocupada polos francos no 534: Xenebra é incorporada á monarquía merovinxia, despois ao imperio carolinxio. A disgregación deste último, no século IX, dá lugar ao nacemento do segundo reino de Borgoña, do que Xenebra formará parte. En 1032 este estado pasa aos emperadores xermánicos. De feito, de aquí en diante, Xenebra formará parte do Imperio; desde o século XI até a reforma, será gobernada polos seus bispos, convertidos en señores da cidade. Xenebra non será máis que unha localidade secundaria até a fin da Idade Media. As súas feiras, que acadan o seu máis grande impulso no século XV, danlle por vez primeira unha reputación internacional. Porén a súa independencia vese ameazada por Savoia, cuxos príncipes se esforzaron, desde o século XIII ao XVII, por apoderarse da cidade sen conseguilo. No momento do máis grande perigo, no primeiro terzo do século XVI, o apoio dos cantóns suízos de Friburgo e de Berna salvan a autonomía da cidade. A reforma triunfa en 1535. Politicamente, a cidade é daquela unha república. Jean Calvin instálase aquí en 1536. A súa idiosincrasia eleva a Xenebra ao rango de "Roma protestante".
Desde 1550, unha chea de protestantes, en particular franceses e italianos perseguidos nos seus países, atopan aquí asilo. Baixo a éxida de Calvino e de Théodore de Bèze, procuran no seu novo fogar unha grande iluminación relixiosa e intelectual. Os refuxiados axudan tamén a reorientar a economía, en recesión desde o declive das feiras a finais do século XV. En 1602, o duque de Savoia, Charles-Emmanuel, intenta un ataque nocturno contra Xenebra pero fracasa. As medidas tomadas por Lois XIV contra o protestantismo en Francia fixeron afluír unha segunda vaga de refuxiados ao final do século XVII. O século XVIII foi unha época de grande prosperidade. As industrias xenebrinas - a máis coñecida é a reloxería - o comercio e a banca florecen. Jean-Jacques Rousseau naceu en Xenebra en 1712 e Voltaire viviu aquí de 1755 a 1778. Pero a cidade é esnaquizada polas revoltas civís que opuxeron as clases e os partidos.
A revolución xenebrina de 1792 destrúe o goberno aristócrata do antigo réxime e proclama a igualdade política. En 1798, Xenebra é anexionada por Francia e convértese na capital do departamento do Léman. A destrución dos exércitos napoleónicos danlle a liberdade o 31 de decembro de 1813. Os maxistrados da república demandan a súa entrada na Confederación suíza, obtida definitivamente en 1815. En 1846, unha revolución dirixida por James Fazy derroca o goberno da Restauración e establece a constitución que rexe aínda o cantón. No percurso do século XIX e nos comezos do XX, Xenebra acolle numerosos refuxiados políticos. Seguindo as ideas do xenebrino Henri Dunant, o comité internacional da Cruz vermella é creado en 1864, primeira institución internacional que vai acoller a cidade. A misión internacional de Xenebra afírmase despois da Primeira guerra mundial, cando é elixida sede da Sociedade de Nacións, predecesora da Organización das Nacións Unidas.