Lago Léman
O lago Léman é un lago situado na fronteira entre Francia e Suíza; ás veces é denominado lago de Xenebra. Está atravesado de leste a oeste polo Ródano. Este é o lago máis grande de Europa occidental, cos seus 72 km de longo e os seus 582,4 km² de superficie (234 km² en Francia, 348,4 km² en Suíza. A súa costa ten 372 m e a súa profundidade máxima acada os 309,7 m (cota +62,3 m, entre Lausana e Évian). A súa lonxitude máxima é de 13 km, e o seu volume 89 km3. É o segundo maior lago da Europa, o primeiro é o lago Balaton (na Hungría).
(fr) Léman, Lac Léman; Le Léman (de) Genfersee | |||||
Tipo | lago glacial (pt) lago | ||||
---|---|---|---|---|---|
Epónimo | Xenebra | ||||
Localización | |||||
País da cunca | Suíza e Francia | ||||
División administrativa | Vaud, Suíza, Cantón de Xenebra, Suíza, Valais, Suíza e Alta Savoia, Francia | ||||
| |||||
Cordilleira | Cordilleira do Xura, Maciço do Chablais (pt) e Pré-Alpes de Vaud e Friburgo (pt) | ||||
Efluente do lago | Río Ródano | ||||
Conca hidrográfica | Léman basin (en) | ||||
Características | |||||
Altitude | 372 m | ||||
Profundidade | 309 m 152,7 m | ||||
Dimensións | 14 () × 73 () km | ||||
Superficie | 581,3 km² | ||||
Superficie da cunca hidrográfica | 7.395 km² | ||||
Sitio Ramsar | |||||
Medicións | |||||
Volume físico | 89 km³ | ||||
A súa extremidade occidental, próxima a Xenebra, denomínase Petit-Lac (Pequeno Lago) en oposición ao Haut-Lac (Lago alto), moito máis longo.
Alén da Alta Savoia, tres cantóns suízos teñen costa no Léman: os cantóns de cantón de Xenebra, de Vaud e do Valais. Está sobre todo bordeado polos seguintes concellos: Xenebra, Versoix, Nyon, Gland, Rolle, Morges, Lausana, Vevey, Montreux, Villeneuve, Évian e Thonon-les-Bains. As localidades principais que o bordean están unidas por viaxes regulares en barco servidas pola Compañía Xeral de Navegación (Compagnie générale de navigation (CGN)).
Cada ano, unha importante competición de vela ten lugar no lago: le Bol d'Or.
Nome
editarO primeiro rexistro coñecido do nome do lago é Lacus Lemannus, na época do Imperio romano; tornouse Lacus Lausonius, Lacus Losanetes e entón Lac de Lausanne na Idade Media. Coa crecente importancia de Xenebra, tornouse Lac de Genève (lago de Xenebra). No século XVIII, o nome Lac Léman foi revigorado en francés. É usualmente chamado de Lac de Genève en Xenebra e Lac Léman noutros lugares. Algúns mapas denomínano Lac d'Ouchy (do nome do porto localizado próximo de Lausana).
Nota de pronuncia (no Alfabeto fonético internacional) —
- Inglés: Lake Geneva /leɪk dʒə'ni:və/
- Francés: Lac Léman /lak le'mɑ̃/ or Lac de Genève /lak də ʒe'nɛv/
- Alemán: Genfersee /'gɛnfərˌze:/
- Italiano: Lago di Ginevra /'lago di dʒi'nevra/.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Lago Léman |