Lingua italiana

lingua románica orixinaria de Italia central

O italiano[2] ou lingua italiana é unha lingua pertencente ao grupo das linguas romances, da familia das linguas indoeuropeas. Existe un gran número de dialectos neorromances. O italiano é a lingua oficial de Italia, de San Marino, de Suíza e da Cidade do Vaticano. Tamén se fala a distintos niveis en Somalia, Libia, Mónaco, Malta, a illa de Córsega e Albania.[3]

Italiano
italiano
Pronuncia:[it̪aˈljaːno]
Falado en: Italia, Suíza, Malta, Arxentina, Uruguai, Somalia, Brasil, Libia, Etiopía, e outros países e rexións.
Rexións: Europa occidental
Total de falantes: 70 millóns
Posición: 23
Familia: Indoeuropeo
 Itálico
  Románico
   Románico oriental
    Italo-románico
     Italiano
Estatuto oficial
Lingua oficial de: Italia, Suíza, San Marino, Vaticano, Eslovenia, Croacia (rexión da istria), Unión Europea
Regulado por: Accademia della Crusca
Códigos de lingua
ISO 639-1: it
ISO 639-2: ita
SIL: ITN
Mapa

Status

O italiano está clasificado como "en estado seguro" polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO[1]

Historia editar

O italiano moderno é un dialecto que conseguiu imporse como lingua propia dunha rexión moito máis vasta cá súa rexión dialectal. Trátase do dialecto toscano de Florencia, Pisa e Siena, que se impuxo non por razóns políticas, económicas ou militares como adoita ocorrer, senón debido ao prestixio cultural que levaba consigo ao ser o idioma no que se escribiu a Divina Comedia, que se considera a primeira obra literaria escrita na "lingua moderna". O toscano é en efecto a lingua na que escribiron Dante Alighieri, Francesco Petrarca e Giovanni Boccaccio, considerados os tres grandes escritores do Prerrenacemento italiano.

Notas editar

  1. Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022. 
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para italiano.
  3. Berloco 2018

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar


 
 Este artigo sobre lingüística é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.