Lingua francesa
O francés[2] (français) é a terceira das linguas románicas en número de falantes, despois do castelán e do portugués. En 1999, o francés era a 11a lingua máis falada no mundo, cuns 77 millóns de falantes como lingua materna (chamados francófonos) e uns 128 millóns no total, incluíndo os que a usan como segunda lingua.[3][4]
Francés Français | ||
---|---|---|
Pronuncia: | [fʁɑ̃sɛ] | |
Falado en: | Alxeria, Bélxica, Benín, Burkina Faso, Burundi, Camerún, Canadá, Chad, Comores, Costa do Marfil, Francia, Gabón, Guinea, Guinea Ecuatorial, Haití, Líbano, Luxemburgo, Madagascar, Malí, Mauricio, Mauritania, Mónaco, Níxer, República Centroafricana, República Democrática do Congo, República do Congo, Ruanda, Seychelles, Senegal, Suíza, Togo, Vanuatu e Djibuti | |
Rexións: | Europa Occidental, América, África, rexión do Océano Pacífico | |
Total de falantes: | 77 millóns (primeira lingua) 128 millóns (primeira ou segunda lingua)[1] | |
Posición: | 18 | |
Familia: | Indoeuropeo Itálico Románico Italo-occidental Galoibérico Galorrománico Oïl Francés | |
Estatuto oficial | ||
Lingua oficial de: | 31 países | |
Regulado por: | Académie française | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | fr
| |
ISO 639-2: | fre (B), fra(T) | |
SIL: | FRA
| |
Azul escuro: lingua oficial e nativa; azul: lingua oficial; azul claro: lingua da cultura; verde: minoritaria |
É unha lingua administrativa ou oficial en moitas comunidades e organizacións (como a Unión Europea, ONU, Unión Postal Universal, Unión Africana etc). Antes da Segunda Guerra Mundial o francés era considerado a lingua internacional por excelencia, particularmente na diplomacia, e unha lingua franca no comercio, navegación e transporte.
Escrita e ortografíaEditar
O francés escríbese co alfabeto latino. Ten cinco diacríticos (acento agudo, acento circunflexo, acento grave, cedilla e diérese), así como unha ligadura (œ).
A escritura ten pouco que ver coa pronuncia real. Unha característica do francés é o uso de dúas ou tres letras para indicar un fonema, aínda que moitas veces estes fonemas franceses reúnen o carácter de dous fonemas predominando un deles, por exemplo o dígrafo ou no francés parisiense soa practicamente como unha [ou] galega aínda que mantén case átono algo do fonema [ou]. En xeral, a forma escrita é máis conservadora que a forma falada. A pronuncia típica do francés normativo fai recaer case sempre o acento prosódico na última sílaba (agudismo). A pouca correspondencia entre o francés escrito e o falado é un fenómeno bastante frecuente que se debe aos fortes cambios fonéticos que se presentaron desde o período do francés antigo, e que non se corresponderon con cambios na escritura. Con todo, ocorreron algúns cambios conscientes na escritura para restaurar a ortografía latina:
- Francés antigo doit > francés doigt «dedo» (Latín digitum)
- Francés antigo pie > francés pied (Latín pedem), galego «pé»
Ás veces os impresores impuxeron a súa propia grafía para evitar ambigüidade:
- Antes da imprenta: uit (oito)
- A partir da imprenta: huit, que evitaba a confusión con "vit".
É case imposible predicir a escritura baseándose unicamente na pronuncia. As consoantes finais, en particular p, s, x, z, t e d, adoitan ser mudas; e n e m son perceptibles ata ao final de palabra porque nasalizan á vogal que acompañan. En cambio, c, r, f, e l adoitan pronunciarse ata en posición final. Por exemplo, as seguintes palabras terminan en consoante, pero na súa pronuncia acaban nun son vocálico: nez, doigt, pied, aller, les, lit, beaux.[5][6]
Os diacríticos teñen un significado fonético, semántico e etimolóxico.
Acento grave (à, è, ù): Sobre o 'a', o 'e' ou o 'u', unicamente distingue os homófonos entre si: à («a», «cara a») contra a («ten»), ou («ou») contra où («onde»). Sobre un e, indica o son /ε/. Acento agudo (é): Sobre o 'e', indica o son /e/. Ademais, adoita indicar a omisión histórica dunha consoante que seguía ó e (normalmente un s): écouter < escouter. Acento circunflexo (â, ê, î, ô, û): Sobre o 'e', indica o son /ε/. Tamén pode indicar a omisión histórica dunha letra adxacente (normalmente un s): château < chasteau/castel, fête < feste, sûr < seur, dîner < disner. Por extensión, tamén pode marcar a diferenza entre homófonos: du («de o») contra dû («debido», participio pasado de devoir, «deber»). Diérese ou trema (ë, ï): Indica que unha vogal que normalmente formaría ditongo non o forma: naïve, Noël(«Nadal»). A diérese no y (ÿ) só se presenta nalgúns nomes propios (como l'Haÿ-lles-Roses) e en francés antigo. Cedilla (ç): Indica que o c pronúnciase /s/ onde, de non levala, pronunciaríase /k/. O idioma valón introduciu o å para o son o longo e aberto, o longo e pechado ou a longo, segundo as variedades locais.
A ligadura œ non é máis que unha contracción de oe, e non ten ningún significado especial.
Intentouse reformar a ortografía francesa, pero estes intentos de reforma non tiveron éxito.[7][8]
Estimacións sobre o número de francófonosEditar
Difusión do idioma francés no mundo en 2006, o azul escuro indica un territorio onde o fala máis do 70% da poboación, o celeste indica zonas nas cales entre o 70% e o 25% da poboación fala ou coñece o francés, o verde sinala zonas nas que os francófonos son minoría.
As estimacións sobre o número de francófonos varían dependendo dos criterios considerados polas fontes. As fontes principais e as súas respectivas estimacións son:
- Alto Consello da Organización Internacional da Francofonía (1998): 190 millóns de francoparlantes, e 110 millóns de "francisants": persoas que falan francés con diferente grao de dominio (A fonte é unha organización intergobernamental cuxos membros son os gobernos dos países cunha presenza significativa da lingua francesa).
- Linguasphere Observatory (1999): 125 millóns incluíndo persoas translinguais: primeira lingua para 90 millóns de persoas, segunda lingua para 35 millóns (A fonte é unha rede independente de investigación lingüística con bases en Francia, Gales e India).
- Eurobarómetro[Ligazón morta] (2001): máis de 105 millóns (28% de 376 millóns) falan francés na Unión Europea sen contar outros cidadáns (A fonte é unha enquisa de INRA (Europe) s.a. sobre 16.078 persoas realizada a requirimento da Dirección Xeral de Educación e Cultura da Comisión Europea).
- SIL (Ethnologue, 15ª edición): primeira lingua de 65 millóns de persoas (A fonte é unha institución lingüística con status consultivo en UNESCO e a ONU).
O francés é unha das dúas linguas de traballo da ONU, unha das dúas linguas oficiais do Comité Olímpico Internacional, a única lingua oficial da Unión Postal Universal e a lingua principal da Unión Africana.
NotasEditar
- ↑ Population Reference Bureau. "2012 World Population Data Sheet" (PDF). Consultado o 2012-08-04.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para francés.
- ↑ La Francophonie dans le monde 2006–2007 publicado pola Organisation internationale de la Francophonie. Nathan Arquivado 14 de xaneiro de 2018 en Wayback Machine., París, 2007 en francés.
- ↑ "Le français, langue en évolution. Dans beaucoup de pays francophones, surtout sur le continent africain, une proportion importante de la population ne parle pas couramment le français (même s'il est souvent la langue officielle du pays). Ce qui signifie qu'au fur et à mesure que les nouvelles générations vont à l'école, le nombre de francophones augmente : on estime qu'en 2015, ceux-ci seront deux fois plus nombreux qu'aujourd'hui. en francés Arquivado 17 de xaneiro de 2013 en Wayback Machine."
- ↑ Fonétik.fr writing system proposal en francés.
- ↑ Ortofasil writing system proposal en ingles.
- ↑ Alfograf writing system proposal en francés.
- ↑ Ortograf.net writing system proposal en francés.
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Lingua francesa |
Existe unha versión da Wikipedia en Lingua francesa |
Outros artigosEditar
Ligazóns externasEditar
- Fondation Alliance française: unha organización internacional, que promociona a lingua e a cultura francesa (en francés)
- Agence de promotion du FLE: Axencia para a promoción do francés como lingua estranxeira
- Web con diverso material para o traballo do francés (en francés)
- Centre national de ressources textuelles et lexicales: dicionario de francés.
- Français interactif: Programa de francés interactivo da Universidade de Texas, en Austin.