Burkina Faso

país de África

Burkina Faso,[1][2] ás veces escrito Burquina Faso,[3] é un país de África occidental, no Sahel, que limita ó noroeste con Malí, ó noroeste con Níxer e ó sur con Costa do Marfil, Ghana, Togo e Benín. Antes de 1984 era coñecido como o Alto Volta.

Modelo:Xeografía políticaBurkina Faso

HimnoUne Seule Nuit Editar o valor en Wikidata

Lema«Unity–Progress–Justice»
«Единство - прогрес - справедливост»
«Unité–Progrès–Justice»
«Unidad–Progreso–Justicia»
«Undod – Cynnydd – Cyfiawnder» Editar o valor en Wikidata
Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 12°16′00″N 2°04′00″O / 12.26667, -2.06667
CapitalUagadugú Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación23.025.776 (2023) Editar o valor en Wikidata (83,97 hab./km²)
Lingua oficialLingua mossi
Bissa (en) Traducir
Lingua diula Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie274.200 km² Editar o valor en Wikidata
Punto máis altoMonte Ténakourou (749 m) Editar o valor en Wikidata
Punto máis baixoRío Volta Negro (200 m) Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Creación1960 Editar o valor en Wikidata
Organización política
Forma de gobernorepública (–2022)
Xunta militar (2022–) Editar o valor en Wikidata
• Presidente Editar o valor en WikidataIbrahim Traoré (2022–) Editar o valor en Wikidata
Órgano executivoMovemento Patriótico para a Salvagarda e a Restauración Editar o valor en Wikidata
• Primeiro ministro Editar o valor en WikidataApollinaire Kyélem de Tambèla (pt) Traducir (2022–) Editar o valor en Wikidata
Órgano lexislativoAsemblea Nacional de Burkina Faso , (Escano: 127) Editar o valor en Wikidata
Membro de
PIB nominal19.737.616.003 $ (2021) Editar o valor en Wikidata
Moedafranco CFA de África Occidental Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
Dominio de primeiro nivel.bf Editar o valor en Wikidata
Prefixo telefónico+226 Editar o valor en Wikidata
Teléfono de emerxencia112, 17 e 18 Editar o valor en Wikidata
Código de paísBF Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con

Sitio webgouvernement.gov.bf… Editar o valor en Wikidata
BNE: XX451485

Anteriormente coñecido como Alto Volta por estar no curso alto de tres ríos que no seu momento se chamaron Volta (Mouhoun, antes o Volta negro; Nakambé, antes o Volta branco; e Nazinon, antes o Volta vermello), Burkina Faso foi renomeada en 1984 polo presidente Thomas Sankara para significar "a terra dos homes íntegros" en diula, principal lingua materna do país. Non ten acceso ó mar. Pertenceu a Francia ata a independencia en 1960.

A inestabilidade política durante as décadas de 1970 e 1980, foi seguida polas eleccións de 1987, o gañador Blaise Compaoré deu un golpe de Estado en 1991. Foi reelixido nunhas eleccións amañadas en 1998.

Historia

editar
Artigo principal: Historia de Burkina Faso.

Prehistoria

editar

Do mesmo xeito que toda a rexión oeste de África, Burkina Faso foi poboada en épocas temperás, cazadores-recolectores establecéronse na parte noroeste do territorio uns 12000 a 5000 anos aC, ferramentas (raspadores, punzóns e puntas de frechas) destes grupos foron descubertas en 1973. Existen rexistros de asentamentos de agricultores producidos entre o 3600 e 2600 aC, as trazas das estruturas atopadas dan a impresión de edificios relativamente permanentes. O estudo de restos de tumbas descubertas indica que o uso do ferro, cerámicas e pedras puídas desenvolveuse entre 1500 e 1000 anos aC, como tamén a preocupación sobre temas espirituais.

Atopáronse reliquias dos dogóns nas zonas central-norte, norte e noroeste. Pero este pobo abandonou a rexión cara ao 1500 aC, para asentarse nos cantís de Bandiagara.

No suroeste de Burkina Faso (como tamén en Costa do Marfil), atópanse restos de paredes elevadas, pero aínda non foi identificado o pobo que as construíu.

Durante o Imperio Songhai entre os séculos XV e XVI, a rexión ocupada por Burkina Faso alcanzou relevancia como centro de desenvolvemento comercial e económico.

Época colonial e independencia

editar

Tras unha década de intensa competencia e rivalidade entre os británicos e franceses, abundante en expedicións de exploradores militares e civís que buscaban asinar tratados, en 1896, o reino Mossi de Ouagadougou foi vencido polas forzas coloniais francesas e converteuse nun protectorado francés.

Na zona oeste a loita contra as forzas do poderoso rei Samori Ture complicaba a situación, e a zona leste puido ser ocupada polos franceses en 1897 logo de varias campañas militares. Para 1898, a maioría do territorio hoxe correspondente a Burkina Faso fora conquistado aínda que sexa en forma nominal, sendo precario o control de varias rexións. A convención asinada entre Francia e Gran Bretaña o 14 de xuño de 1898, permitiu finalizar a disputa entre as dúas potencias coloniais, e trazar as fronteiras entre os seus territorios. Os franceses continuaron por cinco anos unha guerra de conquista contra as comunidades locais. En 1904 prodúcese unha gran reorganización do imperio colonial francés no oeste de África, e os territorios da conca do Volta na colonia de Alto Senegal e Níxer (en francés: Haut-Sénégal et Niger) de África Occidental francesa. A capital da colonia era Bamaco.

Recrutas do territorio participaron en Europa da primeira guerra mundial como parte dos batallóns de Infantaría senegalesa (Tirailleurs sénégalais). Durante 1915 e 1916 os distritos da parte oeste do territorio actual de Burkina Faso e a franxa veciña do leste de Malí foron escenario dunha moi importante resistencia armada ao goberno colonial (no que se coñeceu como a guerra de Volta-Bani). Finalmente o goberno francés logrou sufocar o levantamento, non sen antes sufrir varias derrotas e ser forzado a armar a maior forza expedicionaria na súa historia colonial para facerlles fronte. No norte en Sahelia, os Tuareg e grupos aliados da rexión de Dori tamén comezaron unha oposición armada. Ao finalizar a Primeira guerra mundial, o 1 de marzo de 1919, e ante a posibilidade de repetición dos levantamentos armados e outras consideracións económicas o goberno colonial decide separar o territorio de Burkina Faso do de Alto Senegal e Níxer coa finalidade de reforzar a súa administración. A nova colonia é chamada Alto Volta e François Charles Alexis Édouard Hesling foi o seu primeiro gobernador. Hesling comeza un ambicioso programa de construción de estradas e promove o cultivo de algodón para exportación. O plan de desenvolvemento do algodón fracasou coa consecuente caída de ingresos. A colonia foi desmantelada o 5 de setembro de 1932, e o seu territorio dividiuse entre Costa do Marfil, Malí e Nixeria. A maior parte do territorio e da poboación incluíndo as cidades de Ouagadougou e Bobo-Dioulasso foi cedido á Costa do Marfil.

A decisión foi revertida durante as intensas revoltas anti-coloniais que se produciron ao finalizar a segunda guerra mundial e o 4 de setembro de 1947 o Alto Volta foi reestablecido nas fronteiras que ocupaba en 1932. O 11 de decembro de 1958 logrou o auto goberno e converteuse nunha república e membro da comunidade franco-africana (A Communauté Franco-Africaine). Logrou a súa independencia total en 1960. En 1966 produciuse o primeiro golpe militar, e non foi ata 1978 que o poder civil retomou o goberno.

En 1980 produciuse un novo golpe militar liderado por Saye Zerbo, quen á súa vez foi derrocado en 1982. Isto foi seguido dun alzamento en 1983, que levou ao poder a Thomas Sankara un carismático capitán. En 1984 o goberno revolucionario cambiou non só o nome do país a Burkina Faso, senón que modificou a bandeira e o himno nacional, pois consideraba que eran legado do colonialismo francés.

Sankara, bautizado como "o Che Guevara de África",[4] dirixiu un goberno revolucionario que iniciou grandes transformacións políticas e sociais destinadas a mellorar a calidade de vida dos burkinabés, acabar coa corrupción e os gastos superfluos na administración pública e acabar coa dependencia que aínda mantiña o país con respecto á súa vella metrópole. Baixo o seu goberno, Burkina Faso conseguiu mellorar o rendemento agrícola para conseguir a autosuficiencia alimentaria e distribuír terras aos campesiños pobres, realizáronse campañas intensivas de vacinación coa axuda de médicos cubanos, construíronse instalacións sanitarias básicas e escolas en zonas rurais e loitouse contra o avance do deserto coa plantación de miles de novas árbores na zona que limita co Sahel. Unha gran parte dos fondos para sufragar os gastos destas iniciativas derivaron dos recortes nos salarios dos altos funcionarios e membros do goberno (incluído o de Sankara) e unha campaña implacable contra a corrupción e a venda de coches oficiais (substituído por Renault 5 ou o avión presidencial). Tentou involucrar ás mulleres en todos aspectos da sociedade e o Estado, con programas de alfabetización, traballo fóra da casa e instrución militar para mulleres, campañas contra a ablación, o matrimonio forzoso e a poligamia, e nomeando mulleres en postos de alta responsabilidade, incluídas xuízas e varias ministras.[5]

En política exterior, o seu apoio aos gobernos revolucionarios de Cuba, Nicaragua, Mozambique ou Granada, a súa denuncia do neocolonialismo e a política de apartheid do goberno racista surafricano e a necesidade de abrir unha fronte común panafricana contra a débeda trouxéronlle numerosos apoios entre a mocidade africana, pero ao mesmo tempo inimigos moi poderosos. As súas críticas a Qadafi, antigo aliado, por mor da guerra entre Libia e o Chad fixeron que deixara de ser apoiado por el. Do mesmo xeito, o presidente francés François Mitterrand e o marfilés Félix Houphouët-Boigny tamén se converteron en inimigos de Sankara, vendo nel un rival carismático, cando menos ideolóxico, e cun apoio especial entre as masas populares africanas, do dominio informal de Francia sobre as súas antigas colonias (a chamada "Françafrique").

Aínda que a revolución deu lugar a moitos avances, eloxiados mesmo a nivel de organizacións internacionais, o descontento en certos sectores da burguesía e os empresarios provocou que en 2005 Thomas Sankara considerase levar a cabo unha política de rectificación destinada a combater os excesos. especialmente dos Comités de Defensa da Revolución (órganos de control). Non obstante, non tivo tempo para aplicar os seus plans, xa que o seu amigo e compañeiro de armas Blaise Compaoré tomou o poder tras un golpe no que Sankara foi asasinado xunto con varios dos seus colaboradores e enterrado clandestinamente no cemiterio de Dagnoen, nos arredores de Uagadugú.

Existen varias versións sobre quen estivo detrás do golpe, ademais de Compaoré, apuntando a maioría a unha participación dos gobernos de Francia e Costa do Marfil, [6] e outras a Charles Taylor, señor da guerra e futuro Presidente de Liberia.

O presidente actual (2007) é Blaise Compaore, quen tomou o poder en 1987 logo dun golpe de estado no cal foi asasinado o presidente Thomas Sankara.

Goberno e política

editar
 
Presidente de Burkina Faso Blaise Compaoré.

A constitución de 1991, estableceu un sistema de goberno semipresidencial cun parlamento (Assemblée) o cal pode ser disolto polo Presidente da República. No ano 2000 modificouse a constitución acurtándose a duración do período presidencial de 7 a 5 anos, o que se puxo en efecto a partir das eleccións do 2005. O parlamento consiste de dous cámaras: a cámara baixa (l'Assemblée Nationale) e a cámara alta (Chambre des Représentants). Existe tamén unha Cámara constitucional, composta por dez membros, e un Consello económico e social, sendo ambos os órganos de carácter puramente consultivo.

Democracia multipartidaria desde 1991. O presidente é Blaise Compaore, que dera un golpe de estado en 1987 e que obtivo o 91% dos votos en 1997. Os líderes da oposición están no exilio (2004).

Organización político-administrativa

editar
Artigo principal: Subdivisións de Burkina Faso.
 
Rexións de Burkina Faso

Burkina Faso está dividida en trece rexións, corenta e cinco provincias e 301 departamentos.

As rexións e a súa respectiva capital entre paréntese son:

Xeografía

editar
 
Mapa de Burkina Faso
 
Reforestación en Tolotama, Burkina Faso
Artigo principal: Xeografía de Burkina Faso.

Burkina Faso posúe dúas rexións principais:

  • A maior parte do país está cuberta por un espazo topográfico suavemente ondulado no que afloran uns poucos outeiros illados, que son os últimos vestixios dun macizo precámbrico.
  • O suroeste do país forma un macizo de arenisca, onde se atopa o monte Ténakourou (749 m) que é o pico máis elevado de Burkina Faso. O macizo atópase rodeado de paredes abruptas de ata 150 metros de alto.

A altitude media é de 400 metros e a diferenza entre o punto máis elevado e o máis baixo é inferior a 600 metros, sendo deste xeito Burkina Faso un país sumamente plano.

Hidrografía

editar

O nome orixinal do país (Alto Volta), orixinouse nos tres ríos que o atravesan: o río Mouhoun (antigamente chamado Volta Negro), o río Nakambé (o Volta Branco) e o río Nazinon (o Volta Vermello). O Mouhoun, xuntamente co Comoé que flúe cara ao suroeste, son os únicos ríos que posúen caudal ao longo de todo o ano.

Aínda que o río Níxer non atravesa Burkina Faso, a terceira parte da superficie do país atópase na súa conca de tributarios. Os seus afluentes (o Béli, o Gorouol, o Goudébo e o Dargol) son ríos estacionais, e a pesar de que só posúen auga de 4 a 6 meses por ano son capaces de producir grandes inundacións.

Son moi frecuentes as épocas de seca, especialmente no norte do país.

Ecoloxía

editar

Segundo a clasificación de WWF, a maior parte do territorio de Burkina Faso pertence á ecorrexión denominada sabana sudanesa occidental; só o extremo norte corresponde á sabana de acacias do Sahel.

Economía

editar
 
Grupo de agricultores de Tarfila.
Artigo principal: Economía de Burkina Faso.

Burkina Faso é un dos países máis pobres do mundo, cun ingreso bruto per capita de só 1.200 dólares anuais. Esta cifra sitúao como a 27ª nación máis pobre do mundo, xunto con outras nacións como a República do Congo e Tadjiikistán. O seu alto índice de crecemento de poboación xunto coa aridez do seu chan son factores que inflúen en forma relevante no seu índice de pobreza. A agricultura representa o 32% do seu produto bruto interno e dá traballo ao 80% da súa poboación traballadora. Destácase o coidado do gando, e especialmente no sur e o suroeste o cultivo de sorgo, millo miúdo, millo, cacahuete, arroz e algodón.

A falta de traballo causa unha moi alta taxa de emigración: por exemplo, hai tres millóns de persoas nativas de Burkina Faso que viven en Costa do Marfil. De acordo a información do Banco Central dos Estados do da África Occidental, estes emigrantes envían por ano varias decenas de miles de millóns de francos CFA a Burkina Faso. Desde que se produciu unha expulsión de inmigrantes de Ghana en 1967, esta situación provocou tensións nos países receptores de emigrantes. A crise máis recente ocorreu no 2003 en Costa do Marfil, e deu lugar ao regreso de 300.000 emigrantes.

Unha gran proporción da actividade económica do país esta financiada por axuda internacional. A Unión Europea (UE) é o principal socio comercial de Burkina Faso.

Recursos naturais: manganeso, pedra calcaria, mármore, ouro, antimonio, cobre, níquel, bauxita, chumbo, fosfato, prata, zinc e peixe.

Produtos agropecuarios: millo, sorgo, cana de azucre, millo, algodón, cacahuetes, pataca, sésamo, noces, gando vacún, lanar e aves de curral.

Principais industrias: alimentos, cervexa, industria lixeira, fariñas, xabóns, algodón, lamias, motocicletas, bebidas suaves e calzado.

Principais actividades económicas e de produción: O desenvolvemento económico de Burkina Faso viuse impedido por varios factores, entre os cales atópase o ineficiente desenvolvemento da minería, as modalidades climáticas que afectan periodicamente as súas colleitas, a débil demanda dos seus principais produtos de exportación e a caída dos prezos internacionais.

Demografía

editar
Artigo principal: Linguas de Burkina Faso.
 
Mesquita en Bobo-Dioulasso

No ano 2007, Burkina Faso conta cunha poboación de 14 326 000 habitantes. A esperanza de vida é de 49 anos, sendo a idade media da súa poboación de menos de 17 anos. A poboación atópase concentrada nas zonas do sur e centro do país, nalgúns casos a densidade é superior a 48 habitantes por quilómetro cadrado. A media de fillos por muller é de 6,41, unha das taxas máis altas do mundo, o cal está provocando un aumento de poboación nunca visto na historia deste pobre país, con consecuencias tanto económicas como ambientais. É relevante o impacto que produce o SIDA en canto á amortiguación da taxa de crecemento da poboación, tanto por falecementos directos, como polo aumento da taxa de mortalidade infantil e outros problemas sociais asociados ao mesmo.

A súa poboación presenta a seguinte composición étnica: Mossi (40%), Gurunsi, e Lobi. Profésanse as seguintes relixións: musulmáns (50%); relixións africanas tradicionais (tipicamente diversas formas de animismo) (30%) e católicos (20%). Moitos cristiáns incorporan elementos de animismo nas súas prácticas relixiosas.

Calcúlase que viven uns 12.000 europeos no país. O idioma oficial é o francés, aínda que só unha pequena parte da poboación fálao. Tan só o 26,6% da poboación está alfabetizada.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para burkinense.
  2. Anaír Rodríguez Rodríguez, Montserrat Davila Ventura. Lingua galega: dúbidas lingüísticas (PDF). Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo. p. 102. ISBN 84-8158-266-2. 
  3. Goretti Sanmartín Rei et al. Servizo de Normalización Língüística, Universidade da Coruña, ed. Criterios para o uso da lingua (PDF). p. 122. ISBN 84-9749-199-8. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 26 de setembro de 2013. Consultado o 05 de abril de 2014. 
  4. "'Africa's Che Guevara': Thomas Sankara's legacy". BBC (en inglés). 30 de abril de 2014. Consultado o 13 de maio de 2019. 
  5. Harsch et al. 2014, p. 80.
  6. Harsch et al. 2014, p. 130.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar