Sahel

zona de África ao sur do deserto do Sáhara

O Sahel (do árabe ساحل /sahil/ "beira, fronteira") é a zona extrema de África entre o deserto do Sáhara ó norte e a chamada rexión do Sudán ó sur (máis fértil e que non debe ser confundida co país do mesmo nome (Sudán).

Situación do Sahel en África.

O Sahel é principalmente unha sabana e esténdese dende o océano Atlántico ata Somalia (o chamado corno de África). Durante toda a historia de África, a zona foi o asentamento dos reinos máis avanzados, beneficiarios do comercio a través do deserto. Estes estados coñécense colectivamente co nome de reinos sahelís.

Pódense considerar países do Sahel hoxe en día a Senegal, Mauritania, Malí, Burkina Faso, Níxer, Nixeria, o Chad, o Sudán, Etiopía, Eritrea, Djibuti e Somalia. Sahel tamén se usa para referirse ós países de África oriental.

Este territorio recibe entre 150 e 500 mm anuais de choiva, principalmente na estación do monzón. A choiva caracterízase pola súa ciclicidade anual e decanual. Existe unha forte correlación entre a choiva caída no Sahel e unha intensa actividade de furacáns no Atlántico. Na década de 1970, unha esfameada no Sahel provocou a creación do IFAD.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar