Mauritania

país da África Occidental

Coordenadas: 20°N 12°O / 20, -12

Mauritania[1] é un país da África Occidental. Limita ao norte co Sáhara Occidental, con Alxeria ao nordeste, o sur e o leste con Malí, ao sur con Senegal e ao oeste co Océano Atlántico. É un dos países máis próximos a Cabo Verde. A súa capital é Nouakchott.

República Islámica de Mauritania
الجمهورية الإسلامية الموريتانية
Al-Yumhūriyya al-Islāmiyya al-Mawrītāniyya
Bandeira de Mauritania
Escudo de Mauritania
BandeiraEscudo
Mauritania (orthographic projection).svg
Lema: شرف إخاء عدل
(“Honor, Fraternidade, Xustiza”)¹
Himno: نشيد وطني موريتاني
Capital
 Poboación
Nouakchott
881.000 (1999)
Cidade máis poboadaNouakchott
Linguas oficiaisÁrabe
Forma de gobernoRepública semipresidencialista baixo unha ditadura militar
Mohamed Ould Ghazouani
Mohamed Ould Bilal
Independencia de Francia28 de novembro de 1960
SuperficiePosto 29º
 • Total1 030 700 km²
Costas754 km
PoboaciónPosto 130º
 • Total (2006 est.)3 177 388 hab.
 • Densidade3 hab./km²
PIB (nominal)
 • Totaln/d
 • per cápitan/d
PIB (PPA)Posto 141º
 • Total (2005)9 270 millóns US$
 • per cápita2 535 US$
MoedaOuguiya
IDH (2007)0,550 (137º) – Medio
XentilicioMauritano, -a
Fuso horarioUTC
 • Horario de veránNon aplica
Dominio de Internet.mr
Prefixo telefónico+222
Prefixo radiofónico5TA-5TZ
Código ISO478 / MRT / MR
Membro de: Liga Árabe, UMA, ONU, UA

HistoriaEditar

Os restos de material lítico mostran o poboamento de Mauritania durante o Paleolítico Inferior. Fican tamén algúns restos de pinturas rupestres, aínda que pobres en comparación cos do Tassili, e que corresponden aos pobos gandeiros do Neolítico. A partir do terceiro milenio, o desecamento do Sáhara forza as poboacións a emigrar cara ao sur, para a conca do río Senegal e máis ao sur aínda. O baleiro é paulatinamente cuberto por poboacións bérberes vindas desde o norte, sobre todo desde os últimos séculos do primeiro milenio antes do cambio de Era, mercé a introdución desde oriente do camelo.

Nos primeiros séculos da era cristiá, porén, o dominio sobre o territorio corresponde ao reino de Ghana, de poboación negra. Este dominio dos ghaneses mantense até o século X, controlando o comercio de ouro, sal e escravos cara o norte do Magreb. No século XI, poboación bérberes, con centro en Tarsina, emprenden unha revolución relixioso-militar, que levará ao dominio do Sudán occidental, e a creación da seita islámica dos almorábides, que se expandirá logo para o norte magrebí e até o Al-Andalus. En 1143 este estado afúndese ante a aparición dunha nova seita: os almohades, que continúan o dominio bérber. A partir da segunda metade do século XIII, os hassaniya, árabes, impoñen o seu dominio, creando o sistema de estamentos, que sen grandes variación perdurou até as portas do século XXI. O estrato superior monopolizando as xefaturas, os xeques, corresponde aos tales hassaniya; no estrato intermedio colócanse os zenagga, bérberes vasalos dos anteriores; no estrato inferior están os escravos negros. O sistema económico segue a ser o dos séculos anteriores: comercio de escravos, ouro - estes enviados ao norte polas rutas transaharianas - e sal.

Desde a segunda metade do século XV, os contactos cos europeos aumentan desde que os portugueses fundan factorías na costa. Agora boa parte do comercio de escravos desvíase para eses enclaves litorais.

A partir do final da era napoleónica, os franceses emprenden a penetración no río Senegal, no sur do Mauritania. En 1912 o país fica baixo o seu protectorado, e desde 1920 é formalmente unha colonia dentro da África Occidental Francesa, que é dirixida desde a cidade de Saint Louis, Senegal. Logo dunha fase de autonomía a fins da década de 1950, o 28 de novembro de 1960, Mauritania logra a súa total independencia, organizándose como unha República Islámica.

SubdivisiónsEditar

Mauritania está dividida en 13 wilayas. Cada wilaya está, a súa vez, subdividida en mughataaou distritos (52 en total).

Mauritania rexións # Wilaya Capital
 
1 Adrar Atar
2 Assaba Kiffa
3 Brakna Aleg
4 Dakhlet Nouadhibou Nouadhibou
5 Gorgol Kaedi
6 Guidimagha Selibaby
7 Hodh Ech Chargui Néma
8 Hodh El Gharbi Aiun el-Atrouss
9 Inchiri Akjoujt
10 Nouakchott Nouakchott
11 Tagant Tidjikdja
12 Tirit Zemmour Zouerate
13 Trarza Rosso

XeografíaEditar

Mauritania ten fronteiras con Alxeria, o Sáhara Occidental (controlado por Marrocos desde o Tratado de Madrid), Malí e máis o Senegal. Trazadas polos colonizadores franceses, explícanse así a dereitura das liñas.

O país divídese en catro rexións naturais. Ao longo do litoral atlántico estendese unha grande área areosa que corresponde ao deserto do Sáhara. A rexión central está salpicada de chairas escarpadas. No leste aparecen as grandes cubetas dunares. O río Senegal escavou un longo val na fronteira meridional: é a cuarta rexión. Un segundo curso fluvial importante é o Karakoro.

O clima é extremadamente árido, o que explica a débil densidade de poboación.

EconomíaEditar

 
Descrición gráfica dos 28 principais produtos de exportación do país.
Artigo principal: Economía de Mauritania.

Mauritania posúe certas cantidades de reservas de petróleo e de gas localizadas nas súas augas territoriais. Ademais conta con áreas de ouro e de diamantes. Cóntase con tales reservas para tentar relanzar economicamente o país.

A minería do ferro é importante, de modo que se coida que a mina a ceo aberto de Zouerate é a maior mina férrica activa do mundo. Ligado á súa explotación figura o ferrocarril de Snim, que posúe a Sociedade Nacional Mineira, cun tren considerado como o máis longo da Terra (2,400 km e 254 vagóns), que transporta o mineral desde a mina até a costa.

Outra importante actividade é a pesqueira, ligada á explotación dun mar territorial mauritano, que nesta altura está considerado como o máis produtivo do mundo. O centro pesqueiro está na cidade de Nuadhibu (ou Nouadhibou en escrita á francesa), situada no litoral norte do país.

DemografíaEditar

Consonte estimacións do ano 2007, a poboación mauritana alcanzaba os 3 270 065 de habitantes, mentres a esperanza de vida era tan só de 53,12 anos (estimacións de 2006). Desde un punto de vista étnico, a poboación estaba composta de árabes nun 30% (o termo árabe refírese na súa maior parte a descendentes de bérberes), e un 30% de negros; mentres que eran cualificados como individuos de orixe mixta (árabe-negro) un 40%. O contraste de persoas é unha característica salientable da poboación de Mauritania: baste lembrar que a escravitude foi legalmente abolida aínda en 1981, mais segundo datos de SOS Esclaves en 2007 había 600.000 escravos no país. Recentes leis castigan a pose de escravos .

Un 99,84% dos habitantes profesa a relixión islámica, na súa maior parte baixo a confesión sunnita.

A lingua oficial é o árabe, e a variedade que se fala no país é o hassānīya, que tamén se emprega no sur de Marrocos e no Sáhara Occidental. Ademais o francés está estendido abondo. O wolof, pular e soninke están recoñecidas como linguas nacionais. Aínda que faltan datos máis precisos, sobreviven aínda falantes dunha variante bérber, o zenaga, que presenta numerosas peculiaridades a respecto doutros falares bérberes.

CulturaEditar

Artigo principal: Cultura da Mauritania.

NotasEditar

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para mauritano.