Kediet Ijill
O Kediet Ijill é unha montaña do occidente do deserto do Sáhara, que con apenas 915 m.s.n.m. é a maior elevación de Mauritania.
Kediet Ijill | |
---|---|
Elevación: | 915 metros |
Latitude: | 22° 37′ 60″ N |
Lonxitude: | 12° 33′ 0″ O |
Localización: | Mauritania |
Cordilleira: | |
Primeira acensión: | ? |
Rota máis fácil: | ? |
Nome
editarA transcrición do nome ofrece algunhas variantes; así pode aparecer como Kedia de Idjil, Kediet ej Jill, Kediet Idjil, Kodia d'Idjil, e aínda outras. A primeira parte do nome corresponde ao árabe kudya "outeiro", mentres a segunda, sen apenas seguranza, semella estar emparentada co bérber do norte iүil, ighil ( en transcrición árabe:ّإﻳﻐﻞ) "crista; outeiro". A reunión dos dous nomes de distintos estratos lingüísticos compón unha case tautoloxía, como acontece con frecuencia en tales casos de designacións xeográficas.
Situación
editarO Kediet Ijill sitúase no noroeste de Mauritania, a unha decenas de quilómetros da fronteira do Sáhara Occidental (controlado por Marrocos), na zona coñecida po El Hammami, na rexión de Tiriz Zemmour, e dentro do distrito administrativo de F'Dérik, de cuxa capital, a localidade homónima, dista apenas 24 km, movéndose en dirección noroeste desde a montaña. Máis lonxe, a nordeste aséntase a localidade de Zouérat.
Moi próximo á montaña sitúase, tamén a noroeste, o chott ou shebkhra de Ijill, terreos afundidos e cargados de sal, que son explotados como salinas.
Características
editarO Kediet Ijill é unha montaña-illa maciza formada por minerais férreos (magnetitas e hematitas) e cuarzos, que resiste a erosión. A súa xénese, magmática, é diferente a das formacións montañosas tabulares dos próximos adrar, tanto de Mauritania como do achegado Sáhara Occidental, que corresponden a materiais sedimentarios fortemente traballados polos axentes erosivos.
Economía
editarXunto a montaña están situadas as minas de ferro de Kediet Ijill, en explotación desde hai varios decenios e cuxo mineral sae por ferrocarril até os portos mauritanos de Cansado e Port-Étienne.