Lingua wolof

lingua da familia das linguas níxer-congo

O wolof[1][2] é unha lingua da familia das linguas níxer-congo. É o idioma máis falado no Senegal e no grupo étnico dos wolof.

Wolof
Wolof
Outros nomes:Ouolof, volof, walaf, yallof
Falado en: Senegal, Gambia, Mauritania
Rexións: África Occidental
Total de falantes: 5 454 000 (2001-2016)
Familia: Linguas níxer-congo
Estatuto oficial
Lingua oficial de: Ningún sitio
Regulado por: CLAD (Cente de linguistique appliquée de Dakar)
Códigos de lingua
ISO 639-1: wo
ISO 639-2: wol
ISO 639-3: wol
Idioma wólof.png

No Senegal, un 40% da poboación ten a lingua wolof como lingua materna e o outro 40% como segunda lingua. En Gambia, aproximadamente un 15% da poboación (unhas 200.000 persoas) tena como lingua materna, pero na capital, Banjul, un 50% emprégaa como primeira lingua. En Mauritania, aproximadamente un 7% (185.000 persoas) da poboación fala wolof, sobre todo nas zonas costeiras do leste.

Nome dos países de Europa en wolof

NotasEditar

  1. Definición de wolof no Dicionario de Galego.
  2. "Linguas do mundo e tipoloxía lingüística", García-Miguel, José M., Manual de Ciencias da Linguaxe (Xerais, 2000) pp. 173-220

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • M. Orozco e F. Roca, 2006, El Fula i el Wòlof:Estudi comparatiu entre les gramàtiques del Fula i el Wòlof i del català, Barcelona, ISBN 84-393-7034-2.

Ligazóns externasEditar