Abrir o menú principal

Coordenadas: 13°27′11″N 16°34′39″O / 13.45306, -16.57750

Banjul
Banjul-King-Fahad-Mosque-2007.jpg
Vista da cidade
Localización
Banjul en Gambia
Banjul
Banjul
PaísGambia Gambia
DivisiónBanjul
Xeografía
Altitude0 msnm
Superficie12 km²
Demografía
Poboación31 301 hab. (2013)
Densidade2 600 hab/km²

Banjul (a antiga Bathurst) é a capital de Gambia. Ten unha poboación de 34 125 habitantes (2007), aínda que coas zonas periféricas supera o medio millón (523 589 habitantes en 2003). Está situada sobre a illa de Banjul (antes illa de Saint Mary), no lugar onde río Gambia desauga no Océano Atlántico.

XeografíaEditar

Banjul está localizada sobre unha illa areosa construída, ao longo do tempo, polos depósitos arrastrados polo río Gambia até a súa foz. A vexetación maior, espontánea, está constituída por baobabs e bambús.

 
Climograma de Banjul

O clima da cidade é de subtropical, con só unha estación chuviosa anual; as temperaturas son cálidas e estábeis ao longo de todo o ano. As medias mensuais non baixan dos 25 °C. O seu cálido clima durante todo o ano é debido ao Deserto do Sahara. O mes máis frío é agosto e o máis cálido é marzo.

Mes Xan Feb Mar Abr Mai Xuñ Xul Ago Set Out Nov Dec Media anual
Media de máximas (°C) 31 32 34 33 32 32 30 29 31 32 32 31 31,5
Media de mínimas (°C) 15 16 17 18 19 23 23 23 23 22 18 16 19,4

HistoriaEditar

No 1816, os británicos fundaron Banjul como un posto commercial e como base para suprimir o comercio de escravos. O 18 de febreiro de 1965, a cidade converteuse en capital do país trala declaración de independencia da República de Gambia. Foi chamada Bathurst in honra de Henry Bathurst, secretario do Despacho Colonial. En 1973 o nome foi africanizado como Banjul, que en mandé significa "illa dos bambús".

O 22 de xullo de 1994, Banjul foi escenario dun golpe de Estado militar no que o Presidente Dawda Jawara foi derrocado, e mudado polo aínda actual Presidente do país, Yahya Jammeh.

EconomíaEditar

Banjul é a principal área urbana de Gambia, á par que é o centro económico e administrativo da nación. O traballo dos cacahuetes é a principal industria do país, e xunto con cera de abellas, madeira, aceite de palmeira e coiros, son os principais produtos que son exportados polo porto da capital.

Lugares de intereseEditar

  • Museo Nacional (National Museum), en Gloucester Street, expón coleccións sobre o período colonial e a historia recente de Gambia.
  • Mercado de Albert.
  • Casa Estatal
  • Casa da Xustiza
  • Dúas catedrais e varias mesquitas.
  • Arco 22, construído como un portal de entrada á cidade. O arco é de 35 metros de altura e o centro dunha praza.

Cidadáns notábeisEditar

Cidades irmandadasEditar

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar