O Gambia é un dos máis importantes ríos de África Occidental, cun curso de 1.120 km, que atravesa tres países, a Guinea, o Senegal e Gambia. Este último debe o seu nome ao río mesmo, pois báñao na metade da súa lonxitude.

Río Gambia
O Gambia no Parque Nacional de Niokolo Koba
PaísGuinea, Senegal, Gambia
NacementoFouta Djalon
Lonxitude1.120 km
Conca69.931 km²
Caudal medio2000 m³/s
DesembocaduraOcéano Atlántico
Mapa co río Gambia na metade do seu curso inferior

Percorrido editar

O Gambia nace no planalto do Fouta Djalon, preto da cidade de Labé, no norte da Guinea), na mesma zona onde xorden os ríos Senegal e Nixer. Corre logo ao noroeste pola provincia de Tambacunda no Senegal e despois, máis amplo, atravesa o Parque Nacional Niokolo-Koba, nese mesmo país. Axúntanselle, máis adiante, os ríos Nieri Ko e o Koulountou, abandonando en Barrakunda o planalto, para entrar na ancha e chaira zona costeira.

Alcanza o territorio nacional de Gambia en Fatoto, percorrendo o país de leste a oeste. Desauga no océano Atlántico en Banjul, a capital de Gambia, onde forma un amplo esteiro de 22 km de ancho, entre o Cabo Saint Mary (Gambia) e Jinnak Creek (Senegal). Esta ampla foz fai que a influencia oceánica penetre profundamente no río, onde os derradeiros 200 km de curso son de auga salgada.

Illas editar

Navegabilidade editar

O río é navegábel desde a desembocadura até a poboación de Kuntaur, 248 km río arriba, para barcos grandes. Embarcación menores poden remontar as augas até 447 km, a contar desde o estuario, podendo alcanzar a localidade de Fatoto, xusto onde o río penetra no territorio de Gambia.

Afluentes editar

A ter en conta que bolongo en lingua mandinka ou mandinga, significa "río", na que o mesmo Gambia é denominado Kambya bolongo.

Véxase tamén editar