O río Níxer é un curso fluvial de África, o terceiro máis grande do continente e o principal da África Occidental, con cerca de 4.000 km de lonxitude e unha conca hidrográfica de 2,2 millóns de km².

Modelo:Xeografía físicaRío Níxer
(ff) 𞤃𞤢𞥄𞤴𞤮 𞤔𞤢𞥄𞤤𞤭𞤦𞤢
(ha) كوَرَ
(yo) Ọya Editar o valor en Wikidata
Imaxe
Tiporío Editar o valor en Wikidata
Inicio
ContinenteÁfrica Editar o valor en Wikidata
País da cuncaGuinea Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónGuinea Editar o valor en Wikidata
Final
Localizacióngolfo de Guinea Editar o valor en Wikidata
Editar o valor en Wikidata Mapa
 9°05′50″N 10°40′58″O / 9.0972, -10.6828
5°19′20″N 6°28′09″L / 5.3222, 6.4692
Afluentes
20
Conca hidrográficaNiger Basin (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Características
Altitude200 m Editar o valor en Wikidata
Dimensións4.180 (lonxitude) km
Superficie da cunca hidrográfica2.117.700 km² Editar o valor en Wikidata
Medicións
Caudal8.630 m³/s Editar o valor en Wikidata
BNE: XX453549
O Níxer en Koulikoro, Malí.

Percorrido

editar

Nace nos montes Loma, montañas fronteirizas entre Guinea e Serra Leoa, tomando primeiro dirección norte e logo nordeste, pasando por Bamaco (capital de Malí) e despois por Timbuctu, no medio do deserto do Sáhara, efectuando unha apertada curva en dirección sueste, pasando por Niamey, capital do Níxer, e servindo de fronteira entre este país e o Benín, para desaugar finalmente no golfo de Guinea, nun enorme delta no Sur de Nixeria.

Esta estraña forma en arco do curso do río, parece ser debida a ter sido orixinado da confluencia de dous ríos: o que seguía para Nordeste desembocaría nun lago interior, antes de que o Sáhara convertese nun deserto (hai cerca de 6000 anos), mentres que o que vai cara ao sueste tería orixe nas montañas próximas a actual grande curva. Por esta razón, o Níxer ten unha grande importancia histórica, xa que facilitaba o abastecemento das caravanas que cruzaban o continente, propiciando a formación de cidades importantes, como as actuais capitais e, especialmente, Timbuctu, hoxe Patrimonio da Humanidade, que fora un grande centro urbano.

Étimo do nome

editar

Crese que o nome do Níxer provén da expresión da tuareg gher n gherem, "río dos ríos", é dicir, "río grande".

Coñecemento extraafricano

editar

Os portugueses João de Santarém e Pedro Escobar alcanzaron a foz do río Níxer en 1471.

A gran confusión entre os europeos, que crían que podía ser o mesmo río Senegal, ou relacionado co Nilo, non foi disipada até que foi explorado en 1830 por Richard Lander. Entre 1866 e 1867, vindo desde o Sáhara, o explorador alemán Gerhard Rohlfs, percorreuno en grande tramo, ata conseguir saír pola súa desembocadura.

Afluentes

editar

Destacan o Bani e o Benue.

O río Níxer e os seus afluentes
Tramo País Ramal Nome afluente Desembocadura Lonxitude (km) Conca (km²) Caudal (m³/s) Países que atravesa
Curso Superior Guinea I - Río Niantan Río Níxer Guinea
- D Río Mafou Río Níxer Guinea
- D Río Niandan Río Níxer 190 Guinea
- D Río Milo Río Níxer Guinea
I - Río Tinkisso Río Níxer 268 18.700 181 Guinea
Malí - D Río Ié Río Níxer Guinea e Malí
- D Río Sankarani Río Níxer 400 34.200 286 Costa do Marfil, Guinea e Malí
Delta interior Malí - D Río Bani Río Níxer 775 Guinea
- - - Río Baoulé Río Bakoye / Río Senegal Malí
- - - Río Bagoé Río Níxer 350 33.430 170 Costa do Marfil e Malí
- - - Río Banifing Río Níxer Malí
Curso Medio Nixer - D Río Gorouol Río Níxer 465 Burkina Faso e Níxer
- D Río Dargol Río Níxer Burkina Faso e Níxer
- D Río Sirba Río Níxer Burkina Faso e Níxer
- - Río Goroubi Río Níxer 300 18.000 6 Burkina Faso e Níxer
- - Río Diamangou Río Níxer
- D Río Tapoa Río Níxer Burkina Faso e Níxer
Benín-Níxer - D Río Mekrou Río Níger 410 Burkina Faso, Níxer e Benín
- D Río Alibori Río Níxer Benín
- D Río Sota Río Níxer 250 15.000 31 Benín
Benín-Níxer-Nixeria I - Río Tondigamé Goulbi Río Níger Níxer
Curso Bajo Nixeria I - Río Sokoto Río Níxer Nixeria
- - - Río Zamfara Río Sokoto Nixeria
- - - Río Gulbin Ka Río Sokoto Nixeria
I - Río Malendo Río Níxer Nixeria
I - Río Kontagora Río Níxer Nixeria
- D Río Eri Río Níxer Nixeria
- D Río Moshi Río Níxer Nixeria
I - Río Eku Río Níxer Nixeria
- D Río Awuir Río Níxer Nixeria
I - Río Kaduna Río Níxer 550 Nixeria
I - Río Gabko Río Níxer Nixeria
I - Río Gurara Río Níxer Nixeria
I - Río Benue Río Níxer 1.370 Nixeria e o Camerún
- - - Río Gongola Río Sokoto Nixeria
- - - Río Donga Río Sokoto Nixeria
- - - Río Taraba Río Sokoto Nixeria
- - - Río Katsina-Ala Río Sokoto Nixeria
I - Río Anambra Río Níxer Nixeria
- - Río Forcados (efluente) Golfo de Guinea 198 Nixeria
- - Río Nun (efluente) Golfo de Guinea Nixeria

Véxase tamén

editar