A Illa MacCarthy, tamén coñecida como Illa Lemain ou Illa Janjanbureh, é unha insua localizada na zona leste da República de Gambia, na División Central River. É unha illa fluvial, que se encontra no río Gambia. A cidade de Janjanbureh, antes chamada de Georgetown, localizada nesta illa, é a segunda máis grande do país. Ademais de ser un destino turístico, a illa é lar do cárcere máis grande de Gambia.

Imaxe satélite da illa MacCarthy.

Historia editar

A illa fora visitada por comerciantes occidentais no século XV, pero no século XIX, esta deixou de ser un lugar de comercio viable debido ás frecuentes guerras entre os wulli e os niani. A illa posteriormente foi mercada polos Británicos para instalar un forte militar e protexer aos seus comerciantes. En 1823 asinouse un tratado de cesión, e a illa pasou a chamarse formalmente MacCarthy Island (por Charles MacCarthy, antigo Xeneral Gobernador dos Territorios Británicos Africanos do Oeste.) En 1832, fundouse Georgetown, como un establecemento crioulo, aínda que este rapidamente foi poboado por africanos liberados da escravitude. A cidade, gradualmente, fíxose un centro administrativo e económico de Gambia.