Insua
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde maio de 2012.) |
Unha insua, (do latín insula) é unha pequena illa no curso dun río[1].
Características
editarA insua fórmase coa acumulación ou sedimentación de materiais froito da erosión río arriba ou coa división da canle do río ou regueiro en varios ramais, deixando un terreo no medio que na toponimia galega acostuma denominarse entrerríos ou antrerríos.
Os solos das insuas adoitan ser areentos e ricos. En principio estarían cubertos de fragas ou bosques de ribeira dominados por salgueiros, amieiros e carballos. Na antigüidade, na maior parte das veces, foron dedicados a uso agrícola por mor da calidade do solo e da abundancia de auga. Accedíase ás insuas grazas a un vao ou unha pontella. O principal cultivo foi o millo, aínda que tamén cultiváronse verzas, patacas, vimes ou como pasteiros. Hoxe o bosque de ribeira volveu colonizar a maior parte da superficie das insuas.
O Río Miño, por exemplo, conta con varias insuas, especialmente preto da desembocadura.
Notas
editar- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para insua.