Vao (pasaxe)

lugar dunha masa de auga por onde se pode atravesar a pé, da cabalo ou nu vehículo

Un vao, é o lugar dun río, lago, regueiro ou corrente de auga con leito firme e pouco fondo, por onde se pode atravesar a pé, da cabalo ou cun vehículo[1]. O vao é a solución máis sinxela para o paso nas correntes de auga a pé ou da cabalo de pouca fondura. Cando se quere pasar co carro o leito empédrase e denomínase porto. Cando os ríos son máis caudalosos e non hai a posibilidade de construír unha ponte, a única solución é o paso con barca, construíndose un pequeno peirao na beira. Se non hai barqueiro, un arame tendido dunha á outra beira permitía o deslizamento de quen o quixese utilizar para ir dunha á outra banda.[2]

Vao nun río.
Un Land Cruiser atravesando un vao en Þórsmörk, Islandia.

Por extensión denomínase vao ao rebaixe feito nunha beirarrúa para facilitar o acceso á calzada de vehículos, cadeiras de rodas, carros de nenos etc.

Características

editar

É unha característica natural dos ríos, cando son pouco fundos que permiten cruzalos. Cando a profundidade é algo maior recorríase a diferentes tipos de pasaxes: ás veces pasadoiros, e outras pontellas. Cando o caudal do río e voluminoso a ponte é a única solución construtiva.

Tamén se chama vao cando se dá no mar para acadar a pé unha illa, como ocorría na Illa de Toralla en Vigo. Ás veces tamén se chama vao ao lugar da beiramar onde fondean os barcos.

Falamos de pasaxe cando nos referimos ao espazo modificado na vía pública onde se rebaixa o bordo da beirarrúa para o acceso libre de vehículos a locais ou leiras (pasaxe permanente).

Historia

editar

Cando non existían tantas pontes nin automóbiles, era frecuente ver os carros de bois atravesando os vaos para acceder ás leiras, ou para cruzar regueiros que acotío as estradas atravesaban. De aí topónimos como Oxford (Vao do Boi).

Pola súa importancia militar e económica, en épocas nas que as pontes eran raras, a presenza dun vao a miúdo foi a razón do establecemento de pobos e polo tanto a fundación de vilas e cidades. Así é o caso de Salamanca, ou de Roma.

Etimoloxía e toponimia

editar

A palabra galega vao (en portugués vau), vén do latín: vadus (do verbo ir).

O termo vao, e a súa tradución nas diferentes linguas, é frecuente na toponimia de moitos países:

En Galicia é un topónimo moi frecuente, tanto vao[3] como porto[4].

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para vao.[
  2. Caamaño Suárez, Manuel (2006). As Construccións da Arquitectura Popular. Santiago de Compostela: Hércules de Ediciones. p. 457. ISBN 84-96314-34-0. 
  3. kruzul. "Apelido Vao - Toponímia, Etimoloxía, Heráldica e Distribución do Apelido Vao en Apelidos de Galicia". Apelidos de Galicia. Consultado o 2016-04-24. 
  4. kruzul. "Apelido Porto - Toponímia, Etimoloxía, Heráldica e Distribución do Apelido Porto en Apelidos de Galicia". Apelidos de Galicia. Consultado o 2016-04-24. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar