Vehículo
Un vehículo (do latín vehiculum)[1] é calquera instrumento que serve para transportar persoas, animais ou cousas dun lugar a outro. Pode ser motorizado ou non e circular por calquera medio (terrestre, marítimo ou aéreo).[2][3]

Características
editarOs vehículos son frecuentemente medios de transporte motorizados, como automóbiles, trens e avións; Con todo, o termo tamén abrangue dispositivos non motorizados, como bicicletas, carros de bois, carrozas etc. así como os especializados para recreación, obras públicas, maquinaria agrícola e equipamento militar, que poden ter outros propósitos ademais do simple transporte de mercadorías ou seres humanos.
Historia
editar- A primeira evidencia dun vehículo de transporte data de 22.000 anos, con pegadas atopadas que demostran o uso de estruturas para facilitar o transporte de grandes cargas.[4]
- A primeira embarcación ou proto-embarcación atopada é a canoa de Pesse, de hai uns 10.000 anos. Os barcos máis vellos atopados datan de hai 7.000–9.000 anos.[5]
- Hai evidencias de vehículos de rodas tirados por camelos contra o 3.000–4.000 a. C.[6]
- A evidencia máis temperá dun vehículo sobre raís é un diolkos de entre 6 e 8,5 km de lonxitude. Empregábase para transportar barcos a través do estreito de Corinto, en Grecia contra o 600 a. C.[7]
- No século XVI sábese da existencia en Austria dun funicular no castelo de Hohensalzburg, un sistema deseñado para facilitar o transporte de persoas e mercadorías cara á fortaleza situada no monte[8]
Enchedura inicial dun globo aerostático. O primeiro voo sostido e controlado de avións máis pesados que o ar realizouse o 17 de decembro de 1903 en Carolina do Norte. - O primeiro tren a vapor, a locomotora de George Stephenson chamada Locomotion No. 1, entrou en servizo o 27 de setembro de 1825 en Inglaterra, marcando un fito na Revolución Industrial e o comezo da era ferroviaria.[11] A primeira locomotora a circular polos camiños de ferro galegos foi a Locomotora Sar.
- En 1903, os irmáns Wright realizaron o primeiro voo controlado e sostido dun avión propulsado a motor, marcando o nacemento da aviación moderna.[12]
- En 1914, realizouse o primeiro voo comercial regular, operado por St. Petersburg-Tampa Airboat Line, cruzando a baía de Tampa, en Florida.[13]
- En 1942, o V-2, deseñado por Wernher von Braun, converteuse no primeiro foguete espacial en alcanzar o espazo exterior, sendo un precursor da posterior exploración espacial.[14]
- En 1957, a Unión Soviética lanzou o Sputnik 1, o primeiro satélite artificial, iniciando a era espacial.
O rover Sojourner, nomeado na honra de Sojourner Truth, foi o primeiro vehículo en explorar outro planeta. - En 1961, Iuri Gagarin converteuse no primeiro ser humano en viaxar ao espazo exterior a bordo do Vostok 1.
- En 1981, o transbordador espacial Columbia realizou o seu primeiro voo, representando o primeiro uso dun vehículo espacial reutilizable.
- En 1997, a Mars Pathfinder da NASA despregou o Sojourner, sendo o primeiro rover en explorar outro planeta, rodando pola superficie de Marte.
Vehículos extraterrestres
editarOs transbordadores e naves espaciais son tipos de vehículos extraterrestres. Axencias dedicadas á exploración aeroespacial, como a Jet Propulsion Laboratory, desenvolveron vehículos para explorar terreos doutros planetas, como o ATHLETE (acrónimo de All-Terrain Hex-Legged Extra-Terrestrial Explorer), deseñado para navegar por superficies irregulares e recoller datos científicos.[15]
Notas
editar- ↑ "22,000-year-old tracks are earliest evidence of transport vehicles". New Scientist (en inglés). Consultado o 2025-03-04.
- ↑ "vehículo". aplicacions.usc.es; bUSCatermos. Consultado o 2025-03-04.
- ↑ VIEGAS, J. (26/06/2009). http://dsc.discovery.com, ed. "Models of Earliest (Camel-Pulled) Vehicles Found". Arquivado dende o orixinal (Html) o 15/10/2012. Consultado o 08/10/2010. (en inglés)
- ↑ "22,000-year-old tracks are earliest evidence of transport vehicles". New Scientist (en inglés). Consultado o 2025-03-04.
- ↑ China.org.cn (ed.). "Oldest Boat Unearthed". Arquivado dende o orixinal (Htm) o 02/01/2009. Consultado o 08/10/2010. (en inglés)
- ↑ VIEGAS, J. (26/06/2009). http://dsc.discovery.com, ed. "Models of Earliest (Camel-Pulled) Vehicles Found". Arquivado dende o orixinal (Html) o 15/10/2012. Consultado o 08/10/2010. (en inglés)
- ↑ VERDELIS, N. (1957). Le diolkos de L'Isthme. Bulletin de Correspondance Hellénique. ISBN. (en francés)
- ↑ KRIECHBAUM, R. (1515). www.die-tagespost.de, ed. "Die große Reise auf den Berg". Arquivado dende o orixinal o 28/06/2012. Consultado o 08/10/2010. (en alemán)
- ↑ TAUNAY, Affonso d'Escragnolle, Bartolomeu de Gusmão: inventor do aerostato: a vida e a obra do primeiro inventor americano, S. Paulo, Leia, 1942
- ↑ "CIA Notable flights and performances: Part 01, 0000–1785". Svenska Ballong Federationen. Consultado o 11 de abril de 2010.
- ↑ Ross, David (2004). British steam railways. Bath: Parragon. p. 15.
- ↑ Brunato, Ingredi (2020-12-17). "Há 117 anos, os irmãos Wright realizavam o primeiro voo do Flyer". Aventuras na História (en portugués). Consultado o 2025-03-04.
- ↑ "1914-2014: 100 Anos de Aviação Comercial!". Consultado o 2025-03-04.
- ↑ Aínda que o termo "vehículo" xeralmente implica o transporte de persoas ou mercadorías, o V-2 tamén se pode clasificar como un vehículo no sentido de que foi un medio para transportar unha carga (neste caso, explosiva) dun punto a outro a través dunha traxectoria controlada; ademais, as súas tecnoloxías foron aplicadas no desenvolvemento de vehículos espaciais posteriores.
- ↑ JPL (ed.). "The ATHLETE Rover" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 17 de xullo de 2011. Consultado o 19 de xullo de 2011.
Véxase tamén
editarVexa a entrada do Galizionario acerca de Vehículo |
Outros artigos
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Vehículo |
- Aeróstato
- Ascensor
- Automóbil
- Avión
- Barco
- Batiscafo
- Bicicleta, bicicleta de montaña
- Bote
- Bugui
- Cabalo
- Camión
- Canoa
- Carabela
- Carro, carro de cabalos, carro de bois, carro galego, carro de combate
- Catamarán
- Coche
- Cuadriga
- Dirixible
- Drakkar
- Elevador
- Fragata
- Galera
- Galeón
- Goleta
- Helicóptero
- Iate
- Locomotora
- Metro
- Monopatín
- Motocicleta
- Nave espacial
- Paracaídas
- Parapente
- Patíns
- Planador
- Submarino
- Somerxíbel
- Tanque
- Tractor
- Transatlántico
- Transbordador
- Tráiler
- Tranvía
- Triciclo
- Tren
- Trolebús
- Veleiro
- Zorra