Illa de Toralla
Toralla é unha pequena illa situada na costa sur da ría de Vigo, a uns 200 metros da praia do Vao. Pertence ao concello de Vigo. Segundo o IGE, en 2013 tiña 142 habitantes (76 homes e 66 mulleres).
Illa de Toralla | |
---|---|
![]() Illa de Toralla na costa de Vigo. | |
Situación | |
País | ![]() |
Concello | Vigo |
Provincia | ![]() |
Mar | Océano Atlántico |
Coordenadas | 42°12′N 08°48′O / 42.200, -8.800Coordenadas: 42°12′N 08°48′O / 42.200, -8.800 |
Xeografía | |
Superficie | 0´106 km² |
Distancia a terra | 200 m. |
Demografía | |
Poboación | 142 hab. (2013) |
HistoriaEditar
Na illa hai un castro da Idade de Ferro, con evidencias de comercio mediterráneo, e unha necrópole romana.
Foi propiedade do industrial da salgadura Enrique Lameiro, que lla vendeu nos anos dez a Martín Echegaray Olañeta. A urbanización incontrolada da illa desde a década de 1960 destruíu o patrimonio natural e cultural da illa.[Cómpre referencia] Está urbanizada e comunicada coa costa viguesa por unha ponte de uso público.
En 2010 abriuse o museo da Vila romana de Toralla, á beira da praia do Vao. Na illa está a Estación de Ciencias Mariñas de Toralla (ECIMAT), da Universidade de Vigo [1].
Na illa desenvólvese parte da trama do libro Ollos de auga, do autor Domingo Villar.
Galería de imaxesEditar
|
NotasEditar
- ↑ "ECIMAT". Estación de Ciencias Mariñas de Toralla. Universidade de Vigo. Consultado o 30 de agosto de 2016.
- ↑ Patrulla acrobática no Festival Aéreo Internacional de Vigo 2007, dende a praia de Samil, detrás a Illa de Toralla.
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Illa de Toralla |
Outros artigosEditar
Lugares da parroquia de Coruxo no concello de Vigo (Pontevedra) | |
---|---|
Abade | Os Bouzós | Breadouro | Burdés | A Calzada | O Carballal | A Carrasqueira | O Ceán | O Combro | Coruxo de Abaixo | O Cotarelo | Couto de Abaixo | Couto de Arriba | Fontela | Fragoselo | A Gándara | O Gato | A Igrexa | As Laxes | A Longra | A Luz | Melcas | Moláns | Muíños | A Parrocha | A Pedreira | As Quintas | O Río | Romeu | As Roteas | O Rozo | San Lourenzo | A Silveira | A Taberna | Tarrío | A Tintureira | Toralla | A Torre | O Vao | O Verdeal | Viñó |