Abrir o menú principal

Coordenadas: 39°21′29″N 9°9′28″O / 39.35806, -9.15778

Óbidos é unha vila portuguesa do distrito de Leiria, na rexión Centro e subrexión do Oeste, na antiga provincia de Estremadura. Forma parte tamén da Rexión de Turismo do Oeste, con cerca de 3.100 habitantes.

Óbidos, Portugal
Pt-obd1.png
OBD.png
Óbidos view592.jpg
Vista da cidade.
Localización
Óbidos en Portugal
Óbidos
Óbidos
PaísFlag of Portugal.svg Portugal
RexiónCentro
SubrexiónOeste
DistritoLeiria
Xeografía
Altitude221 msnm
Superficie141,55 km²
Demografía
Poboación11.772 hab. (2011)
Densidade83 hab/km²
XentilicioObidense
Outros datos
AlcaldeTelmo Henrique Correia Daniel Faria (PPD-PSD
www.cm-obidos.pt

É capital dun concello de 142,17 km² de área e con 11.187 habitantes (2004), subdividido en 9 freguesías. O municipio está limitado a nordeste e leste polo das Caldas da Rainha, ao sur polo de Bombarral, a suroeste pola Lourinhã, a oeste por Peniche e a noroeste ten costa no océano Atlántico.

Índice

FreguesíasEditar

Étimo do nomeEditar

Ao contrario do que se poida pensar, o nome Óbidos non deriva da parónima óbitos, senón do termo latino oppidum, significando «cidadela», «cidade fortificada», mais a evolución lingüística non é portuguesa, senón propia de romances mozárabes. Nas súas proximidades érguese a poboación romana de Eburobrittium.

HistoriaEditar

 
Óbidos desde o castelo da vila.

Foi tomada aos mouros en 1148, e recibida a primeira carta foral en 1195, sob o reinado de Sancho I. Óbidos era parte do dote de inúmeras raíñas de Portugal, salientando Urraca de Castela (esposa de Afonso II), santa Isabel de Portugal (esposa de Dinís), Filipa de Lencastre (esposa de Xoán I), Leonor de Aragón (esposa de Duarte), Leonor de Portugal (esposa de Xoán II), entre outras.

No 1527, vivían 161 habitantes na vila, o que correspondería a cerca de 1/10 da poboación do municipio. A área amurallada era xa nesa época idéntica á actual, ou sexa, 14,5 ha.

Foi de Óbidos onde naceu o concello das Caldas da Rainha, anteriormente chamado de Caldas de Óbidos (a mudanza do determinativo debeuse ás tempadas que aí pasou a raíña Dª. Leonor).

O 16 de febreiro de 2007, o castelo da cidade recibiu o diploma de candidata como unha das sete marabillas de Portugal.

Patrimonio monumentalEditar

A peculiar arquitectura de Óbidos, con rúas estreitas e casas pintadas de branco, ten atraído o turismo para a localidade, de xeito que todo o casco urbano intramurallas é digno de ser visitado. Con todo cómpre salientar os seguintes sitios de interese:

  • Pelouriño de Xoán II.
  • Casa do Telheiro.
  • Igrexa de Santa María, orixinada en época moi anterior, foi totalmente modificada no século XVI, con pinturas de notables portugueses como Joâo da Costa, Baltasar Gomes Figueira e a española Josefa de Óbidos.
  • Igrexa da Misericordia, barroca.
  • Igrexa de San Pedro, retablo con pinturas de Joâo da Costa.
  • Castelo, que conserva elementos antigos, e coa igrexa de Santiago, modificada en sucesivas épocas.
  • Museo Municipal, posúe restos arqueolóxicos e artísticos, como as pinturas de Josefa de Óbidos.

Fóra das murallas:

  • Igrexa de San Xoán Bautista, tamén con obras de Josefa de Óbidos.
  • Santuario do Xesús da Pedra, interesante templo barroco con planta central.

Galería de imaxesEditar

Castelo de Óbidos. 
Unha das entradas.