Illa
Unha illa ou insua é unha extensión de terra rodeada de auga por todas partes, tanto sexa nun mar, nun lago ou mesmo nun río.
Illa | |
---|---|
![]() | |
Instancia de | tipo de lugar ![]() |
Subclase de | accidente xeográfico, masa de terra, localización xeográfica e localización ![]() |
Non confundir con | |
Non confundir con
| |
Descrito pola fonte | |
Descrito pola fonte
| |
[ Wikidata ] |
Características
editarTanto illa como insua proceden do latín insula, orixe tamén do adxectivo correspondente: insular. Un grupo de illas máis ou menos próximas constitúen un arquipélago. A noción de illa é ás veces difícil de concretar. Por exemplo, un continente non deixa de ser unha illa enorme, e así atopamos o caso de Australia que segundo como se mire é unha illa ou un continente (o máis pequeno dos continentes, a maior das illas...).
Tendo en conta o antes dito sobre Australia, considérase que a illa máis grande da Terra é Groenlandia, situada no océano Atlántico norte xunto ó Canadá e dependente politicamente de Dinamarca.
En galego o termo insua adoita referirse a unha illa na canle dun río.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: Illa |